"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 5 de septiembre de 2008

A vida e o café...

Un profesor, diante dos seus alumnos da clase de filosofía, sen dicir nin unha palabra, colleu un bote grande de vidro e procedeu a enchelo con pelotas de golf. Despois, preguntou aos estudantes se o bote estaba cheo. Os estudantes estiveron de acordo en dicir que si.

O profesor colleu unha caixa chea de perdigóns e baleirounos dentro do bote. Estes encheron os espazos baleiros que quedaban entre as pelotas de golf. O profesor volveu preguntar de novo aos estudantes se o bote estaba cheo, e eles volveron contestar que si.

Despois, o profesor colleu unha caixa con area e baleirouna dentro do bote. Por suposto que a area encheu todos os espazos baleiros. O profesor volveu preguntar de novo se o bote estaba cheo. Nesta ocasión os estudantes respondéronlle cun si unánime.

O profesor, rapidamente engadiu dúas cuncas de café ao contido do bote e, efectivamente, encheu todos os espazos baleiros entre a area. Os estudantes rían. Cando a risa se foi apagando, o profesor díxolles:

"Quero que vos fixedes que este bote representa a vida. As pelotas de golf son as cousas importantes como a familia, os fillos, a saúde, os amigos, o amor, cousas que che apaixonan. Son cousas que, aínda que nos perdesemos o resto e nada máis nos quedasen estas, as vosas vidas aínda estarían cheas. Os perdigóns son as outras cousas que nos importan, como o traballo, a casa, o coche... A area é o resto das pequenas cousas" Continuou dicindo: "Se primeiro puxésemos a area no bote, non habería espazo para os perdigóns, nin para as pelotas de golf. O mesmo sucede coa vida. Se utilizásemos todo o noso tempo e enerxía nas cousas pequenas, non teriamos nunca lugar para as cousas realmente importantes. Presta atención ás cousas que son cruciais para a túa felicidade. Ve coa túa parella a cear, xoga cos teus fillos, concédeche tempo para ir ao médico, practica deporte, goza coa túa afección favorita..." .. e terminou con: "Sempre haberá tempo para limpar a casa, para reparar a chave da auga. Ocúpate primeiro das pelotas de golf, das cousas que realmente importan. Establece as túas prioridades, o resto só é area".

Un dos estudantes ergueu a man e preguntoulle que representaba o café.

O profesor sorríu e díxolle: "Encántame que me fagas esta pregunta!. O café é para demostrar que aínda que a túa vida te pareza chea, sempre hai un lugar para dúas cuncas de café cun amigo."

Texto anónimo (Grazas Mortadelo)

No hay comentarios: