"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 30 de agosto de 2009

70 anos...

Catro portadas do xornal ABC para retratar neste 70 aniversario da II Guerra Mundial, o comezo e o final da maior contenda vivida na historia...
Aquí ABC móstranos o día despois da invasión nazi de Polonia (2 setembro de 1939).
ABC anuncia a morte de Hitler "luchando hasta el último momento contra las fuerzas comunistas" (2 maio 1945)

Un gozoso e proveitoso coito...

Nunhas "Super Sessions" memorables no mítico 1968, o xenial teclista Al Kooper e o non menos xenial guitarra Mike Bloomfield pariron temazos coma este que aquí vos deixo: "Stop". Un tema que a pesar do seu título sempre me pareceu unha boa soundtrack para un gozoso e proveitoso coito... digo eu...

Cousas de Dylan...


Un artigo de Llàtzer Moix publicado no xornal La Vanguardia


Bob Dylan foi detido días atrás mentres camiñaba baixo a choiva por un barrio residencial de Nova Jersey. Non tentara coarse nunha casa nin forzado a porta dun coche nin roubado o bolso dunha avoíña. Non facía falta: o xoven axente que o detivo xustificouse afirmando que Dylan "paseaba sen rumbo definido". Uns veciños alertáranlle previamente, tras ver nas súas rúas a "un vello, desaliñado e sen barbear". E como ser vello ou desaliñado aínda non constitúe delito -todo se andará, o rapaz policía buscou outro cargo para dar o alto a Dylan e inclinouse por ese suxestivo "pasear sen rumbo definido".

Algúns diarios precisaron que o rapaz policía non recoñeceu a Dylan. Este dato permítenos inferir dúas cousas. Unha: que de saber quen era Dylan non o tería importunado, posto que as celebridades son hoxe vacas sacras. E dous: que as novas xeracións adoran ás súas celebridades -Lady Gaga e outras pragas- e ignoran ás das anteriores. Nestas dúas teses hai tea para cortar. Pero prefiro desmenuzar o cargo policial: "pasear sen rumbo definido". Comecemos por "pasear". Cantos contemporáneos pasean polo mero pracer de facelo? Poucos. Son maioría os que van a un lugar, ou veñen doutro. Os que se moven cun fin. Por iso, os paseantes arríscanse actualmente a ser conceptuados como merodeadores, esa subespecie á que, por vagar, supónselle intencións aviesas. Sigamos esta análise pola voz "rumbo", que alude a camiños trazados e portos de arribada. Tan boa prensa ten este concepto que quen non segue un rumbo é tido por desorganizado ou por perdido. Os sen rumbo, sen sabelo, están no fío da legalidade. E acabemos con "definido", un adxectivo que se aplica ao fixado con claridade e precisión, ao determinado e, en certa medida, ao xa concluído. Se o substantivo "rumbo" fose un cadeado, o adxectivo "definido" sería a chave que o pecha. O definido tranquiliza. O indefinido inquieta, incita á sospeita e escapa ao control da autoridade. Tanto é así que certas minorías converteron a indefinición en cómodo refuxio e trincheira. Un sempre pensara que é nos momentos de liberdade, de relaxo, nos paseos sen rumbo definido, cando se aluman as ideas novas. Que só apartándonos do camiño trillado podemos descubrir novas sendas.

Nesas estaba, a piques de rematar este eloxio do vagabundeo, cando caeu nas miñas mans outro diario con outra información referida ao cantante: Dylan vai prestar a súa voz a un sistema GPS, e pronto poderemos escoitarlle no noso coche, recitando con ton metálico aquilo de "rotonda a 250 metros, tome a terceira saída"... Foi como espertar dun soño: o meu ídolo vagabundo convertíase de súpeto en papagaio mandón. Aínda resultará que o visionario policía de Nova Jersey non se equivocou ao deter a Dylan, senón ao soltalo.

sábado, 29 de agosto de 2009

16 momentos...

Un estimulante proxecto visual para uns e un "vídeo raro" para outros. Para eses días nos que a túa vida parece unha merda chea de accións repetitivas sen sentido, vendo ésto un dase de conta de todos eses momentos que estás a gozar sen decatarnos... A vida, chea de momentos...

jueves, 27 de agosto de 2009

Oito historias sobre Einstein...


En certa ocasión un xornalista preguntoulle a Einstein:
- 'Pode Vostede explicarme en poucas palabras e simples a Teoría da Relatividade?
E Einstein contestoulle:
- Pode Vostede explicarme como se frite un ovo?
O xornalista mirouno estrañado e contestoulle:
- Pois, si, claro que podo.
Ao cal Einstein replicou:
- Ben, pois fágao, pero imaxinando que eu non sei que é un ovo, nin unha tixola, nin o aceite, nin o lume.
.
Durante o nazismo Einstein, por mor de ser xudeu, debeu de soportar unha guerra na súa contra urdida co fin de desprestixiar as súas investigacións. Un destes intentos deuse cando foron compiladas as opinións de 100 científicos que contradicían as de Einstein, editadas nun libro chamado "Cen autores en contra de Einstein". A isto Einstein respondeu:
- Por que cen?. Se estivese errado faría falta só un.
.
Nunha conferencia que Einstein deu nun Colexio de Francia, o escritor francés Paul Valery preguntoulle:
- Profesor Einstein, cando ten unha idea orixinal, que fai? Anótaa nun caderno ou nunha folla solta?
Ao que Einstein respondeu:
- Cando teño unha idea orixinal non se me esquece.
.
Einstein tivo tres nacionalidades: alemá, suíza e estadounidense. Ao final da súa vida, un xornalista preguntoulle que posibles repercusións tiveran sobre a súa fama estes cambios. Einstein respondeu:
- Se as miñas teorías resultasen falsas, os estadounidenses dirían que eu era un físico suízo; os suízos que era un científico alemán; e os alemáns que era un astrónomo xudeu.
En 1919, Einstein foi convidado polo inglés lord Haldane a compartir unha velada con diferentes personalidades. Entre estas había un aristócrata moi interesado nos traballos do físico. Tras unha longa conversa, o inglés explicou a Einstein que perdera recentemente ao seu mordomo e que aínda non atopara un substituto.
- A raia do pantalón tívena que facer eu mesmo, e o repasado custoume case dúas horas.
Ao que Einstein comentou:
- Vaimo a dicir a min. Olla Vostede estas engurras do meu pantalón? Pois tardei case cinco anos en conseguilas.
Nunha reunión social coincidiron Marilyn Monroe e Albert Einstein e un dos asistenten fíxolles a seguinte suxestion:
- Que di profesor, deberian casarse e ter un fillo xuntos? Imaxínase un bebe coa beleza de Marilyn e a súa intelixencia?.
Einstein moi seriamente respondeulle:
- Desafortunadamente temo que o experimento sairía á inversa e terminemos cun fillo coa miña beleza e a súa intelixencia.
.
Cóntase que nunha reunión social Einstein coincidiu co actor Charles Chaplin. No transcurso da conversa, Einstein díxolle a Chaplin:
- O que admirei sempre de vostede é que a súa arte é universal; todo o mundo compréndelle e admíralle.
Ao que Chaplin respondeu:
- O seu é moito máis digno de respecto: todo o mundo admírao e practicamente ninguén o comprende.
E por último un dos chistes favoritos que Einstein contaba sempre en reunións con políticos e científicos. Cóntase que nos anos 20 cando Albert Einstein empezaba a ser coñecido pola súa Teoría da Relatividade, era con frecuencia solicitado polas universidades para dar conferencias. Dado que non lle gustaba conducir e con todo o coche resultáballe moi cómodo para os seus desprazamentos, contratou os servizos dun chofer. Despois de varios días de viaxe, Einstein comentoulle ao chofer o aburrido que era repetir o mesmo unha e outra vez.
- Se quere -díxolle o chofer- pódoo substituír por unha noite. Escoitei a súa conferencia tantas veces que a podo recitar palabra por palabra.
Einstein estivo de acordo e antes de chegar ao seguinte lugar, intercambiaron as súas roupas e Einstein púxose ao volante. Chegaron á sala onde íase celebrar a conferencia e como ningún dos académicos presentes coñecía a Einstein, non se descubriu a farsa. O chofer expuxo a conferencia que escoitara repetir tantas veces a Einstein. Ao final, un profesor na audiencia fíxolle unha pregunta. O chofer non tiña nin idea de cal podía ser a resposta, con todo tivo unha faísca de inspiración e contestoulle:
- A pregunta que me fai é tan sinxela que deixarei que lla responda a persoa por exemplo que se atopa ao final da sala... que é o meu chofer.

lunes, 24 de agosto de 2009

Nunca un saque de honra foi tal elegante...


Foi na cosmopolita Nova York de 1957, un luminoso 12 de Maio. Marilyn Monroe realizou o saque de honra do partido que conmemoraba o noveno aniversario do nacemento do Estado de Israel. A nosa inmortal Marilyn convertida ao Xudaísmo tras o seu matrimonio co escritor Arthur Miller. Tras os consellos preliminares do equipo técnico, a futbolista por un día, arreoulle sen medo un bo chute á pelota. Con todas as súas forzas!

Basta observar os seus puños apertados e as facianas de sorpresa dos seus acompañantes, e que a pesar de non ter o calzado regulamentario -ou si vai ti a saber- o balón vai directo ao imperturbábel fotógrafo, ao que nin moito menos lle temblou o pulso nin lle saíu unha foto movida, non sei ben se por enfeitizamento cara ao obxecto fotografado ou por pura profesionalidade. O certo é que nunca un saque de honra foi tan elegante...

domingo, 23 de agosto de 2009

"The Fixer"...


Pearl Jam The Fixer Official Video

Jules-Géraud Saliège, Xusto entre as Nacións...

Un 23 de Agosto de 1942 o Arcebispo da Toulouse ocupada, Monseñor Jules-Géraud Saliége edita e fai pública esta emocionada e valente pastoral. O seu decidido apoio durante a ocupación nazi á comunidade xudía fíxoo merecedor do recoñecemento no ano 1969 polo Yad Vashem como "Xusto entre as Nacións".

Hoxe 23 de Agosto de 2009, a lembranza, recoñecemento e homenaxe nos Blues...

Ler máis na web do Yad Vashem:

http://www1.yadvashem.org/es/righteous/stories_saliege.asp

***

Os meus benqueridos irmáns,

Hai unha moral cristiá e unha moral humana que recoñece dereitos e impón deberes. Estes dereitos e deberes incumben a natureza do home pero veñen de Deus. Poden ser violados pero non está ao alcance de ningún poder mortal o suprimilos. Que homes, mulleres e nenos, pais e nais, sexan tratados como un vil rabaño, que se lles separe os uns dos outros, que se lles embarque cara a un destino descoñecido...

Estaba reservado aos nosos días ver tan triste espectáculo. Por que xa non existe o dereito de asilo nas nosas igrexas? Porque fomos vencidos? Señor ten piedade de nós. A nosa Señora, reza por Francia. Na nosa propia diocese escenas de espanto se suceden nos campos de Noé e Récébédou. Os xudeus son homes, as xudías son mulleres. Todo non está permitido contra eles, contra eses homes e mulleres, contra eses pais e nais de familia. Forman parte do xénero humano. Son tan irmáns nosos como o resto. Un cristián non pode esquecelo. A Francia ben amada, a Francia na conciencia de cuxos fillos leva a tradición do respecto á persoa humana. A Francia honrada e xenerosa, non o dubido, non pode ser responsable destes horrores. (...)

Et clamor Jerusalem ascendit.

Jules Saliège, Toulouse 23/08/1942



www.Tu.tv

Unha pausa...

sábado, 22 de agosto de 2009

viernes, 21 de agosto de 2009

Pero en Suecia...


Retomando a máis rancia tradición europea de acusar aos xudeus de sacrificar a nenos cristiáns para elaborar e amasar a matzá (pan ácimo) co seu sangue -libelo este ainda empregado na actualidade polo antisemitismo islámico- o moi civilizado (e seica de esquerdas!!) xornal sueco "Aftonbladet" publicou hai uns días unha nova na que afirmaba que soldados israelís secuestran a nenos e mozos palestinos en Gaza e Cisxordania para extraerlles os seus órganos... Podíase agardar un libelo de sangue como este dos grupos antisemitas que seguen operando en Rusia, en Ucraína ou Irán, paises onde os clérigos respectivos promoven cousas así. Pero en Suecia?...

Caros amigos... hai algo moi enfermo entre nós. Algo que ten nome, que ten un amplísimo historial de feitos e obras asasinas e que século tras século non se rende... a persistente xudeofobia de sempre agora recollida en bandeira "antisionista" por grande parte da esquerda europea... patética e desnortada esquerda que máis me doe... Ler máis

Información sobre a Gripe A...

miércoles, 19 de agosto de 2009

Exhibicionismo?...






Tras a polémica suscitada despois de que o presidente dos hoteleiros de Barcelona pedira ao Concello que prohibira o desfile de torsos espidos pola urbe, ElMundo Magazine ven de lanzar á modelo brasileira Natalia Rocha a pasear espida polas rúas de Madrid para lembrarnos que en España non existe ningún impedimento legal contra o nu integral; só é ilegal o exhibicionismo...

martes, 18 de agosto de 2009

E como coño entrou no edificio?...

Aquí temos a un estudante paquistaní de enxeñaría analizando o gran problema que se lle presenta na saída da súa Universidade. Primeiro analiza a situación para despois coa documentación que leva encima asegurarse de facer o correcto e así resolver o dilema cunha habilidade abraiante. A pregunta que xorde tras ver o vídeo é... e como coño entrou no edificio?...

domingo, 16 de agosto de 2009

De Gaulle en Fefiñáns...

Agora que está de actualidade a exitosa campaña promovida por Iago Pillado a prol da peonalización da Praza de Fefiñáns en Cambados, recuparamos unha visita histórica. Na fotografía pódese ver a Charles De Gaulle en Fefiñáns no verán de 1970. O ilustre francés (con perdón) durmiu esa noite no Parador de Cambados.

sábado, 15 de agosto de 2009

A suxestiva publicidade...

A marca de lencería saudita Nayomi ven de lanzar unha enxeñosa campaña para promocionar os seus suxeitadores. Con ela pretenden destacar de maneira suxestiva, o realzamento de peitos que ofrece o seu modelo "Push Up Bra". O mérito desta campaña publicitaria está en que o conseguen sen necesidade de mostrarnos a peza en cuestión. A campaña ven asinada pola a axencia TBWARAAD/*RAAD MIDDLE EAST desde Dubai.



viernes, 14 de agosto de 2009

Os feitos e a corrección política...



O primero dos titulares corresponde á edición impresa de El Correo.

http://www.elcorreodigital.com/vizcaya/prensa/20090729/pvasco-espana/asesta-cuchilladas-hija-descubrir-20090729.html

O xornal basco saía de imprenta con ese titular ás 4 da madrugada. O segundo foi capturado ás 12:34 na páxina web do diario Público. É dicir, oito horas e 34 minutos despois. Ás 18:03 mantíñase a mesma versión.

http://www.publico.es/espana/241404/detenido/asestar/navajazos/hijas

Na información se di que:

"La agresión comenzó en el interior del hogar familiar, en la calle Ruperto Medina de este municipio colindante a Bilbao, cuando, por motivos que aún se desconocen, el hombre apuñaló a su hija mayor. Según las primeras hipótesis, la discusión tuvo su origen en el choque cultural entre las dos generaciones de esta familia de origen magrebí. Mientras las dos hermanas eran muy conocidas y apreciadas en este barrio de Portugalete, la mayor parte de los vecinos afirmaban ayer no conocer al agresor".

Un choque cultural ou un malestar na cultura, por dicilo empregando termos freudianos. Son as peculiaridades da Alianza de Civilizacións. A tarefa de matar ao pai admite variantes en algunhas familias islamistas, polo que se ve.

(Grazas Iago)

O coitado ten medo...

Os coidadores do Zoolóxico de Seul están intentando que un osiño desenvolva os seus instintos e aprenda a desenvolverse na vida salvaxe -terán a intención de soltalo?-. Pero como podedes ver o coitado do osiño ver é moi asustadizo, e aterrorízase ante a presenza de calquera bicho vivinte...


martes, 11 de agosto de 2009

viernes, 7 de agosto de 2009

Deica outra Willy Willy Deville - Hey Joe


Willy (Mink) Deville - Spanish stroll

Hey Joe

Bruce Springsteen, o puto xefe...



Tirado de http://arbolicia.blogspot.com/

Os concertos de Bruce Springsteen não são como os demais. Não é que sejam necessariamente melhores, mas si diferentes. Por um factor fundamental: aquel a quem chamam The Boss é o líder duma religião moi estendida, com fregueses de aparentemente todas as idades. Em nengum outro concerto de rock se atopará tanta e tão variada gente: nen*s de primária, adolescentes, trintaneir*s, madurinh*s, jubiletas... gente que só escoita os 40 principais a carom de frikis de Rádio 3... enfim, amplo e variopinto é o Povo de Bruce!
Hai motivos para esta estranha unanimidade, porque o Chefe não aforra um peso de esforço para ter contentos a tod*s, e sabe bem como fazê-lo. Musicalmente, é difícil atopar uma banda mais completa e melhor engraxada que a E Street Band. Das guitarras à percusão, passando polos ventos, os teclados ou algum violinazo ocasional, todo está no seu sítio, roçando a perfeição. Repartindo rockanroll sem descanso, com experiência, habilidade e paixão a partes iguais, durante 3 horas inteiras, 3!! Onde se viu tal cousa? Os únicos que se lhe poderiam comparar e sair vitoriosos seriam Neil Young e os Crazy Horse... e para de contar.
Este alto nível não só se atinge no aspecto musical, senão também nos recursos que se ponhem em escena: neste caso, 2 pantalhas gigantes a cada lado, e uma por detrás dos músicos, que amosárom alternativamente images de alta qualidade do concerto e de paisages perfectamente escolhidos, e que fôrom um autêntico puntazo. Mas vaiamos já ao que importa...
Proseguindo o costume desta gira de principiar cada show com um tema do folklore local, a actuação abriu-se com Nils Lofgren tocando "A rianjeira" no acordião. A seguir, "Badlands", e Bruce saindo já a por todas, misturando-se entre a gente, repartindo abraços e sem aforrar em gestos demagógicos -algo de mais para o meu gosto, pois nem sequera houvera quecemento... e havia cousas importantes que atender, pois o som não acabava de ser perfecto. Afortunadamente, foi-se ajustando e no resto do concerto não houvo queixa. Seguiu com "Out in the streets"; uma "Hungry Heart" na que Bruce cedeu o micro ao público para que cantara el só a primeira estrofa; e, resgatada do seu primeiro disco, "Spirit in the night". Caeu, por suposto, o "Working on a dream", assi como "Adam raised a Cain"; "Murder Inc"; uma versão mais rockeira de "Johnny 99", quase mais parecida à que realizara Johnny Cash que à original de Nebraska; "Darkness on the edge of town"...
Os fãs das primeiras filas levaram cartazes com petições de canções, que eram recolhidos incansavelmente polo próprio Bruce... e moitas delas eram satisfeitas, apesar de haver alguma curiosa: "Burning Love" de Elvis Presley; "Born to be wild" de Steppenwolf; ou (já nos bises) "Rockin' all over the world" de Status Quo... acompanhadas por clássicos como "Backstreets", "Born to run", ou, para fechar a primeira parte do concerto, "No surrender".
Para os bises ficárom canções como "Dancing in the dark", "Glory Days", "Rockin' all over the world" (uma versão de Status Quo que fora também petição popular) e, para rematar (supostamente) "Twist & Shout" -mesturado um chisquinho com "La Bamba". O concerto deveria finalizar então, mas, despois dum numerinho de desfalecemento e reanimação (com mascarinha de oxígeno incluída), ainda soou o "Born in the USA" como despedida final.
Em total, 30 temas em 3 horas de extática celebraçaõ. Faltárom 3 clássicos como "Thunder Road", "The River" ou a minha favorita, "Atlantic City"; que um artista poda prescindir de semelhante trio de ases e ainda assi dar um concertazo di moito ao seu favor. O dito, o puto amo, senhor*s.
E, si, ate agora não dixem nada da penosa organização... porque este é um blogue que pretende fugir de amarguras e maus rolhos. Só dizer que isso foi um caos, que fijo que gente com entrada ficara fora despois de horas de espera e de ter pagado 74 €, e que a nós mesmos quase nos fode o evento... de não ser por uma boa dose de sorte em parte por ter atopado, de milagre, a Fernando e companhia (graças Enrique por avistar-nos) que tinham pilhado um sítio com um mínimo de visibilidade. Aos responsáveis desse desastre desejo-lhes de todo coração uma pronta morte (sem dor, não vou ser sádico ainda que mo pide o corpo). O mundo estará melhor sem semelhantes inúteis.

jueves, 6 de agosto de 2009

Publicidade útil...

Están na India atravesando o seu ciclo monzónico anual, esa estación na que as choivas caen con enorme forza e que este ano esté a ser especialmente tráxica, con inundacións e mortes por todo o país. En resposta á dramática situación, a empresa Telecom Aircel ven de idear unha orixinal campaña publicitaria que consiste nunha balsa inflable atada a un cartaz que di o seguinte: “en caso de emerxencia, cortar a corda.” Publicidade útil...

miércoles, 5 de agosto de 2009

Os novos sefarditas...

Por Afonso Vázquez-Monxardín

Galicia-Hoxe (04.08.09)


É terreo común distinguir dúas grandes familias de xudeus. Os askenazís -do centro e leste de Europa, que fóra do mundo xermánico falarían yidish- de Alemaña, Polonia, Rusia, Ucraína, países bálticos, etc., e os sefarditas -os da vella Sefarad que era como os hebreos lle chamaban á peninsula ibérica; estes serían de fala castelá-, haketía, no norte de Marrocos; djudezmo nos Balcáns, ladino tamén, ou galego-portuguesa -daquela aínda non había separación- como a conservada en Burdeos, París ou Amsterdam case ata o século XX.

Logo habería outros esparexidos como os felash de Etiopía -os negros do Israel de hoxe-, os xudeus iemenís de fala árabe, os iranís de fala azerí, etc. Como é ben sabido a circunstancia cambia na metade do século pasado. Primeiro Hitler e os alemáns pasivos esfumaron, e nunca mellor dito, os xudeus que puideron botar man. Uns 6 millóns. A inmensa maioría da poboación xudeu-europea. Entre ela a práctica totalidade dos sefarditas de Hungría, Viena, Serbia, Croacia, Bosnia, Grecia -Salónica e Rodas principalmente-, Bulgaria, etc.

Logo coa formación do estado de Israel moitos fixeron a súa aliá -inmigración- coa ilusión de participar na reconstrución nacional despois de 2000 anos de exilio dunha súa terra de orixe, que, claro, xa tiña novos moradores; outros, moi pouco ilusionados chegaron por pernas ao teren que fuxir de países musulmáns (Iemen, Siria, Exipto, Tunisia, Marrocos) logo da derrota árabe en 1948. En fin, que case desaparecidos os sefarditas balcánicos e integrados os do norte de Marrocos tamén por emigración en países hispanoparlantes como Venezuela, o vello sefarditismo está case extinto.


Pero hai outro. Nesta sociedade moderna onde as identidades son como as bonecas rusas, hai un inmenso colectivo en Israel, ducias de miles, de xudeus hispanoparlantes. Descendentes eles de xudeus askenazís trasladados dos portos do sur de Rusia á Arxentina e Uruguai -os gauchos xudeus- no mesmo momento -metade do XIX- en que era levados a Norte América. Son os que ocuparon ata hai pouco o barrio do Once en Bos Aires ou os que asentaron no campo de Rosario ou Santa Fe.

En fin, cando a ditadura militar moitos profesionais xudeu-arxentinos, normalmente progresistas de esquerdas, decidiron empezar de novo en Israel. E cando o corralito os que antes marcharan, chamaron polos amigos e as cadeas migratorias funcionaron de novo. Son, dalgún xeito, os novos serfarditas. Os que comen grelladas kosher en restaurantes como El Gaucho de Jerusalem e os que pola fala nos fan sentir tamén nunha das nosas casas.


sábado, 1 de agosto de 2009

A relatividade do tempo...

Impresionante Time Lapse de "Toys Prophet" onde vemos a Torre Eiffel como nunca... Un espectacular despliegue de luz, cor e... tempo relativo. Un deses intres que parecen conxelados, un deses Time Lapse que a pesar de ir a toda velocidade, parecen transcorrir lentamente, xa contaredes...


-SPEED OF LIGHT- ..... ESSAI N°5.1 from toys prophet on Vimeo.