"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 6 de septiembre de 2008

Manifesto Bauhaus...

A Escola Bauhaus
View SlideShare presentation or Upload your own.

O fin último de toda actividade plástica é a arquitectura! Decorar as edificacións foi outrora a tarefa mais distinguida das artes plásticas, que constituían elementos inseparables da gran arquitectura. Actualmente presentan unha independencia autosuficiente da que só poderán liberarse de novo a través dunha colaboración consciente de todos os profesionais. Arquitectos, pintores e escultores deben volver coñecer e concibir a natureza composta da edificación na súa totalidade e nas súa partes. Só entón a súa obra ficará de novo impregnada dese espírito arquitectónico que se perdeu na arte de salón. As vellas escolas de Belas Artes non podían espertar esa unidade, e como poderían facelo se a arte non pode ensinarse. Deben volver converterse en obradoiros. Este mundo de deseñadores e decoradores que só debuxan e pintan debe converterse de novo nun mundo de xente que constrúe. Cando o mozo que sente amor pola actividade artística volva comezar como outrora a súa carreira aprendendo un oficio, o artista improductivo non estará condenado a un exercicio incompleto da arte, pois o seu pleno desenvolvemento corresponderá ao oficio, no cal pode sobresaír. Arquitectos, escultores, pintores, todos debemos volver á artesanía! Pois non existe unha arte como profesión. Non existe ningunha diferenza esencial entre o artista e o artesán. O artista é un perfeccionamento do artesán. A graza do ceo fai que, en raros intres de inspiración, alleos á súa vontade, a arte naza inconscientemente da obra da súa man, pero a base dun bo traballo de artesán é indispensábel para todo artista. Alí tópase a fonte primeira da imaxinación creadora. Formemos pois un novo gremio de artesáns sen as pretensións clasistas que querian erixir unha arrogante barreira entre artesáns e artistas! Desexemos, proxectemos, cremos todos xuntos a nova estrutura do futuro, en que todo constituirá un só conxunto, arquitectura, plástica, pintura e que un día se elevará cara ao ceo das mans de millóns de artífices como símbolo cristalino dunha nova fe.

Walter Gropius

En Weimar, Abril de 1919

No hay comentarios: