"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen
Mostrando entradas con la etiqueta cabodano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cabodano. Mostrar todas las entradas
jueves, 10 de octubre de 2019
lunes, 30 de septiembre de 2019
lunes, 2 de septiembre de 2019
Dúas imaxes para a historia
Se onte 1 de setembro conmemoramos o comezo da II Guerra Mundial coa invasión nazi de Polonia, hoxe 2 de setembro toca celebrar o seu fin. Seis longos anos e un día foi a condena que a Alemaña nazi e o Xapón imperial impuxeron á humanidade.
A derrota alemana a mans do Exército soviético e a derrota xaponesa a mans do Exército americano teñen sen dúbida dúas grandes fotos icónicas. A bandeira vermella ondeando sobre o Reichtag tirada polo fotógrafo Yevgeny Khaldei e o izado da bandeira das barras e estrelas en Iwo Jima nunha imaxe captada polo fotógrafo Joe Rosenthal
A xeito de xustiza poética os dous fotógrafos: o soviético Yevgeny Khaldei e o americano Joe Rosenthal eran ámbolos dous xudeus.
lunes, 5 de agosto de 2019
Norma Jeane Baker que estás nos ceos...
Norma Jeane Baker, nada en Los Ángeles o 1 de xuño de 1926 e falecida o 5 de agosto de 1962, coñecida como Marilyn Monroe. Descanse en Paz.
lunes, 10 de julio de 2017
20 anos do asasinato de Miguel Angel Blanco
Hai hoxe 20 anos nos que
48 horas contadas contrarreloxo, puxeron o clímax á consubstancial
inhumanidade do terrorismo de ETA.
48 horas brutais dunha
infame tortura colectiva que nada tivo que envexar dos actos máis
macabros do actual terrorismo de ISIS.
Xustiza histórica...
foron dous disparos os que mataron a Miguel Angel Blanco e foron eses
dous mesmos disparon os acabaron con ETA.
Unha aperta Miguel Angel
Blanco
viernes, 24 de marzo de 2017
60 anos da Unión Europea
Hai hoxe 60 anos dun 25 de marzo de 1957 cando na Cidade Eterna, en Roma, nacía o que co paso dos tempos deu en ser a actual Unión Europea. Unha formidable ferramenta de cooperación pacífica, de respecto da dignidade humana, de liberdade, de democracia, de igualdade e de solidariedade entre as nacións e pobos europeos. Unha ferramenta –non esquezamos- grazas a que gozamos do máis longo período de paz da historia de Europa.
Hoxe, seis décadas despois, a Unión atravesa uns tempos difíciles nos que incluso a súa propia supervivencia está en cuestión. Temos sen dúbida graves problemas estruturais, de confianza, de claridade nos obxectivos de futuro. Temos enormes retos e desafíos e temos tamén enormes defectos.
Pero a pesar dos pesares sigo a crer que a Unión de Europa é o mellor escenario para a prosperidade e o benestar dos cidadáns de Europa. Porque a alternativa é a irrelevancia e o declive suicida do “sálvese quen poida”.
Viva Europa
domingo, 28 de febrero de 2016
martes, 23 de febrero de 2016
O meu outro 23 de febreiro
Cousas da vida, pero para min os 23 de febreiro de cada ano desde un xa lonxano 1983 serán por sempre o día no que moi antes de tempo marchou Sofía.
E tamén cada ano que da volta ao calendario sinto a tristura de pensar cantos aniños de vida perdiches mamá. Un bico
domingo, 31 de enero de 2016
De aquí nun ano Mr.Rotten
En tempos o punk -coma o grunge- provocábame alerxia. Hoxe, paréceme do máis fresco da historia do rock. Así que aproveitando que o amigo Rotten está hoxe de días… de aquí nun ano Mr.Rotten!!
miércoles, 3 de junio de 2015
50 anos dun paseo
Hoxe 3 de xuño, a NASA lembra os 50 anos do primeiro paseo espacial do estadounidense Ed White. Suxetado á sonda Géminis 4, o astronauta pasou 23 minutos flotando na órbita terrestre. Pero non foi o primeiro. Tres meses antes o cosmonauta soviético Alexei Leonov fixera o propio dende o Voskhod 2.
miércoles, 11 de marzo de 2015
sábado, 10 de enero de 2015
viernes, 6 de junio de 2014
In Memoriam: Normandía 4 de xuño de 1944
EL PÁIS - Canto tardaron en coñecer en Buchenwald a noticia do desembarco
aliado en Normandía?
JORGE SEMPRÚN - Coñecémola o mesmo día. As once
da mañá empezou a correr a noticia; ao mediodía sabíase con certeza. Cando os
grupos de traballo regresaron, a nova difundiuse entre os 50.000 deportados que
estabamos no campo. E ao pasar lista xa o sabía todo o mundo. Porque os presos
saían a traballar ás fábricas ao catro e non se regresaba até o seis da tarde,
cando tiñamos o pase de lista. Era un momento que os nazis aproveitaban para
practicar o seu sadismo, sobre todo se nevaba ou facía frío. Neses casos
tíñannos esperando de pé durante dúas horas. E como o rancho viña despois e non
comeras nada dende as catro da madrugada, imaxina como esperabas que aquilo rematase.
O día do desembarco, a xente estaba alí, de pé, agardando pasar lista, pero xa
sabiamos o que sucedera. E por iso aquel pase de lista foi un festexo. Os
alemáns, que se deron de conta, alongárono para castigarnos, pero,
curiosamente, iso permitiu que o festexo se prolongase. Notábase en
algo, aínda que a xente estivese firme e en silencio. Lembro que até os máis derrengados camiñaban
cheos de empaque.
* Tirado dunha entrevista publicada
no xornal EL PAÍS o 6 de xuño de 1994
domingo, 22 de enero de 2012
27 de xaneiro: Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto...

27 de Xaneiro: "Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto"
Resolución 60/7 de Nacións Unidas
***
"Sei que a miña voz se perde no devastador ruído do tempo, agardo que as xeneracións vindeiras non nos esquezan" Violeta Friedman
***
Lembrar hoxe e por sempre
***
Asociación Galega de Amizade con Israel
sábado, 24 de diciembre de 2011
No centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro...
No centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro
01/ Don Álvaro Cunqueiro e os xudeus galegos
02/ O xudeu errante en Compostela
03/ Gallegos en Salónica
04/ No centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (22/12/1911 - 22/12/2011)
01/ Don Álvaro Cunqueiro e os xudeus galegos
02/ O xudeu errante en Compostela
03/ Gallegos en Salónica
04/ No centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (22/12/1911 - 22/12/2011)
martes, 17 de mayo de 2011
Todos os días son 17 de maio...
lunes, 7 de marzo de 2011
Para Benito Genesis desde o Manantial de la Noche...
Desde o Manantial de la Noche para Benito Genesis. Asinado: Pedro Jazz...
domingo, 6 de marzo de 2011
miércoles, 9 de febrero de 2011
Facebook Rúa Eduardo Martínez Alonso...
Páxina en Facebook da iniciativa que solicita do Concello de Vigo que conceda o nome dunha rúa ou praza ao médico vigués Eduardo Martínez Alonsohttp://www.facebook.com/ruaeduardomartinezalonso
sábado, 5 de febrero de 2011
A máquina do tempo musical...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















