"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 14 de diciembre de 2014

Por que, para que e como dunha 2ª Caixa de Aforros para Vigo?


Se tes interese, ou simple curiosidade por saber de que vai a proposta de creación dunha segunda Caixa de Aforros para Vigo e area metropolitana, este venres ás 8 tes unha cita no Auditorio do Areal, o que en tempos era o Reitorado na esquina da rúa Oporto e Areal. A proposta está pensada na realidade cotiá da pequena empresa, do comercio e dos vigueses e viguesas de a pé moitas veces afogados por falta dun simple pequeno crédito. Unha proposta lanzada en positivo, construtiva. Ao remate haberá tempo para un pequeño coloquio no que poderas cuestionar, aclarar, apoiar ou dubidar o que teñas a ben. Non faltes e saúdame que xa sabes que eu de vista moi sobrado non vou… 


martes, 9 de diciembre de 2014