"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 30 de mayo de 2012

Jaume Renyer a proposito da sentenza en Francia contra BDS...



Por Jaume Renyer i Alimbau
26 de maio de 2012 

A Cour de Cassation de Bordeus, mediante sentenza do 22 de maio deste ano, ven de condenar a unha militante da campaña prol Boicot, Desinversión e Sancións contra Israel, Sakina Arnaud, por actos discriminatorios contra os cidadáns israelís polo só feito de seren israelis.

Na República francesa actúa desde hai anos un organismo que expón accións xudiciais contra persoas e entidades, cuxos actos poidan incitar ao racismo contra os xudeus e o boicot a Israel:: Le Bureau National de Vigilance Contre l'Antisemitisme (BNVCA). Desde hai máis dunha década, en Francia percíbese o ascenso dunha nova xudeofobia, pretendidamente e supostamente de esquerdas e solidaria coa causa palestina, que marcha en paralelo coa emerxencia do yihadismo autóctono que fixo eclosión brutalmente co asasinato de catro xudeus nunha escola de Toulouse, hai agora tres meses. 

Durante o mandato do presidente Sarkozy a actuación gobernamental fronte ao racismo antixudeu e a incitación do odio baixo a aparencia relixiosa foi oscilante e dubitativa. Só recuperou a determinación para facer respectar os valores republicanos na fase terminal do seu mandato interceptando a entrada a territorio francés de imams sauditas en grao sumo integrista. O acceso á presidencia da República foi recibido con esperanza pola comunidade xudía francesa, sobre todo cando François Hollande fixo público o nomeamento como ministro do interior do catalán Manuel Valls, un home que demostrou saber como defender a liberdade e un amigo sincero de Israel.

Ese pronunciamento xudicial ten grande importancia dado que consolida a doutrina que interpreta os actos de discriminación contra produtos e persoas polo só feito de ser israelís como feitos delictivos. Pero aínda é máis significativo o comportamento contrario aos boicoteadores anti-israelís que se exterioriza cada vez máis firmemente entre os intelectuais demócratas franceses, por exemplo varios profesores da universidade Paris VIII-Saint Denis que o fixeron público mediante un artigo a Le Monde,  o pasado 17 de febreiro. Francia está a pasar un momento crítico a todos os niveis, e o rexurdimento de ideoloxías totalitarias que rehabilitan a colaboración francesa co nazismo á vez que negan o holocausto contra os xudeus europeos é un perigo que hai que evitar non soamente desde o poder político senón desde a sociedade civil mesma.

En Catalunya, o noso antisionismo campa por libre no medio da deorientación das principais forzas políticas. É por iso que as noticias sobre as sentenzas xudiciais franceses contra os boicoteadores de Israel teñen o valor dun precedente caso que se teña que chegar a levar perante os tribunais a quen promove actos de racismo antixudeu ao noso país. A propósito deste nova que nos chega de Francia, aínda toma máis actualidade se cabe o Manifesto que un grupo de cataláns, vascos e galegos demócratas asinamos agora hai un ano a favor da paz e contra o boicot en Israel. http://contraboicotaisrael.blogspot.com.es/

Posteriormente o pasado día 24 deste mesmo mes de maio, a Cour d'Appel de Paris ven de condenar a Olivia Zemorpresidenta da asociación CAPJPO-EuroPalestine por incitación ao odio e a violencia contra un grupo de persoas, de nacionalidade israeli, polo simple feito da súa orixe nacional no Estado de Israel.