"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 28 de septiembre de 2014

Resposta amable de Don Domingo García-Sabell

Xa que ando na cousa de dixitalizar a memoria de papel, recupero aquí esta amable carta de Don Domingo García-Sabell que vinte anos despois volvo a agradecerlle. Excuso dicir que a miña carta ao daquela delegado do goberno fora moi cordial e respectuosa. Como certamente foi tamén cordial e respectuosa a súa resposta. Tempos aqueles nos que as cartas en papel recibían cortés réplica en cartas de papel... Pois ben, o pasado día 21 cumpriu 10 anos o Plan Xeral de Normalización da lingua galega elaborado polo goberno que presidia Don Manuel Fraga, e que nun fermoso exercicio de consenso, conseguira a total unanimidade de todas as forzas politicas, culturais e sociais, aprobando no Parlamento de Galicia o que deberia ser unha boa ferramenta para a vella lingua de Rosalía no seu nada fácil camiño no terceiro milenio. Consenso, amabilidade, diálogo, non patrimonialización, unanimidade... conceptos estes ao meu ver, impresindibles para nutrir a revitalización do galego. En fin, cousas que un reflexiona ao reler cartas vellas.


viernes, 26 de septiembre de 2014

Miss postura correcta 1969

Durante as décadas dos anos 50 e 60 os quiroprácticos estadounidenses levaron a cabo un inusual concurso de beleza onde, ademáis de xulgar a belleza e a elegancia das concursantes, valoraban - coa axuda de raios X- a postura máis erguida. O último evento que se celebrou desta curiosa modalidade de beleza foi no ano 1969, na cidade de Chattanooga, Tennessee. Na imaxe vemos á gañadora de Miss Postura correcta 1956, Lois Conway (no centro), xunto ás outras dúas finalistas pousando de pé a carón das súas radiografías.

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Joe Sacco, xornalismo en viñetas

Entrevista publicada no suplemento Culturals de La Vanguardia co debuxante Joe Sacco. Feita empregando os mesmos instrumentos que Joe Sacco usa para traballar e crear: a banda deseñada. Un guión de Jorge Carrión e debuxos de Sagar








 

viernes, 19 de septiembre de 2014

Compromiso por Galicia concurrirá en solitario ás Municipais 2015

 
A agrupación local de Compromiso por Galicia ven de apostar por presentarse en solitario ás eleccións Municipais de Vigo
 
Miguel Barros e Rafa Cuíña, coordinador provincial de CxG para Pontevedra
 
En decisión amplamente maioritaria da súa afiliación de Vigo a formación galeguista decidiu non participar en ningunha “aventura” de novas coalicións e abrir o período de Primarias para candidaturas á alcaldía viguesa. Segundo Henrique Macías, voceiro local da formación galeguista, a decisión, meditada e debatida na súa asemblea realizada en Vigo onte xoves, foi tomada de xeito moi maioritario pola súa afiliación, que confían no proxecto propio de caracter galeguista e progresista, moi alonxado do radicalismo e populismo das distintas agrupacións e manifestos que se están a presentarse estes días na cidade tentando imitar ao recente éxito electoral de Podemos.
 
Compromiso por Galicia agradece o interese de determinados colectivos por contar coa súa presenza en novas plataformas e coalicións de cara ás eleccións municipais viguesas, pero considera que a confluencia é imposible xa que a experiencia indica que non se pode construir un proxecto que sexa serio e ilusionante simplemente mudando de siglas, pero coas mesmas ideas e eivas das organizacións e políticos locais “de toda a vida”, que son os que están a impulsar por detrás estes novos manifestos.
 
Para CxG, Vigo  precisa que a alternativa ética que representa Compromiso por Galicia entre na corporación municipal para comezar un proceso de transparencia e traballo colectivo, alonxado da imaxe de prepotencia, corrupción e populismo instalada na casa consistorial con Abel Caballero como alcalde. Henrique Macías criticou tamén que os partidos da oposición, neste caso Partido Popular e BNG, “estean a deixar, sen nengún rubor, a porta aberta á continuidade do actual alcalde, xa que é palpable o seu abandono da critica construtiva e da fiscalización do traballo do actual equipo de goberno na súa laboura institucional, incomprensible situación para unha boa parte da sociedade viguesa crítica co xeito de gobernar de Abel Caballero, e deixando entrever que “tiran a toalla” nas súas pretensións cara as vindeiras Municipais en Vigo”.
 
 

viernes, 5 de septiembre de 2014

Girl from the North Country, principio e final

"Girl from the North Country" non é só unha das moitas grandes cancións de Bob Dylan, para min é a súa canción término. Non sei moi ben por que, nin como explicalo, pero dende que a coñezo, ademáis de formar parte do selecto clube da miña persoal banda sonora, sempre tiven a sensación de que este é un tema ao tempo, tanto crepuscular coma de alborada, de comezo e de final. Xa digo que non sei como explicalo, cousa que realmente tampouco ten máis importancia, a fin de contas este é só un comentario en facebook. 

O caso é que onte descubrín o video desta magnífica versión do icónico tema de Dylan na voz de Eddie Vedder e dende onte, cada vez que a escoito de novo (e van xa unhas cantas veces...) volvo a ter ese mesmo nó na gorxa como a primeira vez aló polos meus lonxanos quince anos cando o mago de Duluh, Minnesota, Robert Allen Zimmerman, regaloume este fermoso poema de amor para unha viaxe.