"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







jueves, 11 de septiembre de 2008

Sterlin ou a debilidade...

STERLIN é unha -outra- debilidade miña. Ben sei que Adela Peraita non ten o glamour madrileño de Leonor Watling e os mimados Marlango. E conste que gústame Marlango, mais acho que unha banda como Sterlin, de provincias e sen o cariño incondicional dos medios da villa y corte téñeno moito máis dificil. E que queres que che diga, eu prefiro a música elegante e melancólica de Sterlin coa voz de Adela. Deixovos dúas mostras para que xulguedes. En todo caso eu non vou mudar de opinión. Sonche así de teimudo.


No hay comentarios: