"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 7 de enero de 2014

O que a foto non ve


O que a foto non ve. Ese podería ser un título para esta imaxe, unha desas fotografías que ao meu ver amosan máis polo que suxiren que polo que mostran. Un bucólico e acolledor paseo entre bidueiros e carballos, un suave camiño que se perde no horizonte... Isto é o que a simple vista reflicte esta fotografía que tirei hai xa uns maios. Mais á dereita da imaxe, agochada entre as fermosas e altivas árbores aparece unha escura silueta escura que racha coa tranquilidade e o sosego da paisaxe: “Canadá”. 

Con dramático humor negro ese era o nome que os prisioneiros dábanlle a este lugar. Prisioneiros do complexo de exterminio coñecido dende aquela co seu nome en alemán de “Auschwitz-Birkenau”. Non falarei agora do que coma galegos, coma europeos, como seres humanos, representa ese monumento á infamia que foi e será por sempre o campo de Auschwitz. A estas alturas da terra e do tempo estou seguro de que todos os que acreditamos na decencia o temos claro.

Pídovos si, por favor, só uns minutos de reflexión. Ollade e viaxade no tempo ao mesmo lugar da fotografía pero 69 anos atrás. Os mesmos bidueiros e carballos de testemuña, a lama, os infinitos vultos que eran nenos, mulleres, vellos, os cans…e os asasinos. O que a foto non ve…pero si conta.

domingo, 5 de enero de 2014

A faciana e a morte...


"A morte é unha vella historia e, con todo, sempre resulta nova para cada individuo". 
Iván Turguénev, escritor


viernes, 3 de enero de 2014

Extrañas fotografías para extraños traballos...

Probadora de comida para cans
Probadora de patatillas

Pasador de páxinas

Cheiradora de axilas

Extractora de semen

Fabricante de polos de goma

Asistenta de lanzador de coitelos

Dentista de cabalos

Quiropractica de cabalos

Recuperador de pelotas de golf

Contadora de peixes

Limpador de osos de dinosauros

Inseminador de animais

Reparador da escultura do Monte Rushmore  
Probadora de condóns

Evaluador do alento

Fotógrafo forense
A fotógrafa norteamericana, Nancy Rica Schiff, realizou unha serie de fotografías nas que mostra traballos digamos pouco usuais e que recolleu na súa exposición "Odd Jobs, Portrait of Unusual Occupations". as cales publicou tamén nun libro.

Segundo conta a propia autora, estando nunha carreira de Indy-cars, chamoulle a atención un traballador que se encargaba unicamente de medir o tempo dos coches a cada volta que realizaban. Despois diso, decidiu viaxar ao londo dos Estados Unidos tratando de atopar os traballos máis estraños. Estas son algunhas das súas fotografías.

miércoles, 1 de enero de 2014

O legado de Keshia Thomas



"A xente non ten que lembrar o meu nome. Só quero que lembren que fixen o correcto"
Keshia Thomas

Keshia Thomas (por aquel entón unha moza de dezaoito anos) utiliza o seu corpo coma escudo para protexer a un integrante do Ku Klux Klan. Ocorreu durante unha manifestación celebrada en 1996 na cidade estadounidense de Ann Arbor, cando unha multitude comezou a golpear ao home tras atopar escondida na súa chaqueta un símbolo da organización xenófoba.