"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 30 de septiembre de 2008

Paul Strand en Vigo...

Paul Strand
View SlideShare document or Upload your own.

A exposición poderá visitarse na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza en Vigo entre o 2 de outubro e o 11 de xaneiro do ano próximo. "Paul Strand: Retrospectiva 1915-1976" é a segunda retrospectiva que se lle dedica ao fotógrafo norteamericano en España, e tamén a primeira que se fai en toda Europa nos últimos 30 anos. Ademais da mostra será proxectado "Manhattan" (1921) que será proxectado de maneira continua na sala de exposicións. Paul Strand naceu o 16 de outubro de 1890 en New York. O seu pai regaloulle unha cámara fotográfica os dez anos. Foi a partir da súa visita á Galería 291, dirixida por Alfred Stieglitz e Edward Steichen, cando comezou a tomarse a fotografía realmente en serio. Stieglitz axudouno a expor nesa mesma galería, e a difusión do seu traballo a través da revista Camera Work. No ano 1911 abriu o seu propio estudio e a pensar na cámara como unha ferramenta de activismo social. Quería obrigar ao espectador a ter unha actitude activa na visión da imaxe. Traballou tamén no cine: no ano 1925 realizou Manhattan, xunto con Charles Sheeler, un estudo sobre a vida cotiá na Gran Mazá. No ano 1936 dirixiu o filme Redes. Un ano antes viaxara á URSS e coñecera a Eisenstein. Formou a Photo League en New York xunto Berennice Abbot e realizou os documentais The Plow That Broke the Plains, de Pare Lorentz (1936) e o antifascista Native Land (1942). Sete anos após a estrea deste documental, cando a caza de bruxas maccarthista se estaba a cocer, marchou para estrealo no Festival Internacional de Cinema Karlovy Vary, de Checoslovaquia. Nos seguintes 27 anos viviu, até a súa morte, o 31 de marzo do 1976, en Francia. O seu traballo máis representativo reúnese en seis libros de viaxes, de retratos de lugar: Time in New England (1950), La France de Profil (1952), Un Paese (en Luzzara e o val do río Po, en Italia, 1955), Tir a'Mhurain / Outer Hebrides (1962), Living Egypt (1969) e Ghana: an African portrait (1976).

No hay comentarios: