"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 27 de julio de 2007

A eclipse


Por Augusto Monterroso


Cando frei Bartolomeu Arrazola se sentiu perdido aceptou que xa nada podería salvalo. A selva poderosa de Guatemala apresouno, implacábel e definitivamente. Ante a súa ignorancia topográfica sentou con tranquilidade a agardar a morte. Quixo morrer alí, sen ningunha esperanza, illado, co pensamento fixo na España distante, particularmente no convento dos Abrojos, onde Carlos V condescendera unha vez a baixar da súa eminencia para dicirlle que confiaba no celo relixioso do seu labor redentor. Ao acordar topouse rodeado por un grupo de indíxenas de faciana impasíbel que se dispuñan a sacrificalo ante un altar, un altar que a Bartolomeu pareceulle coma o leito en que descansaría, ao fin, dos seus temores, do seu destino, de si mesmo. Tres anos no país conferíronlle un mediano dominio das linguas nativas. Intentou algo. Dixo algunhas palabras que foron comprendidas. Entón floreceu nel unha idea que tivo por digna do seu talento e da súa cultura universal e do seu arduo coñecemento de Aristóteles. Recordou que para ese día agardábase unha eclipse total de sol. E dispuxo, no máis íntimo, valerse daquel coñecemento para enganar aos seus opresores e salvar a vida.

-Se me matades -díxolles- podo facer que o sol escureza na súa altura. Os indíxenas mirárono fixamente e Bartolomeu sorprendeu a incredulidade nos seus ollos. Viu que se produciu un pequeno consello, e esperou confiado, non sen certo desdén. Dúas horas despois o corazón de frei Bartolomeu Arrazola chorreaba o seu sangue vehemente sobre a pedra dos sacrificios (brillante baixo a opaca luz dun sol eclipsado), mentres un dos indíxenas recitaba sen ningunha inflexión de voz, sen présa, unha por unha, as infinitas datas en que se producirían eclipses solares e lunares, que os astrónomos da comunidade maia previran e anotaran nos seus códices sen a valiosa axuda de Aristóteles.

Put your hands up for Detroit


O artista freelance multimedia SmackEyeSmith realizou esta moi particular versión do videoclip Put your hands up for Detroit. No video logra sincronizar perfectamente a música de Fedde le Grand con diferentes esceas eróticas vintage de matices burlescos. Por certo, durante o mes de xullo o discjockey holandés autor deste tema, estivo de minixira por Galiza.

martes, 24 de julio de 2007

Test do sexo


Se tes tempo para perder o tempo, aquí unha opción para consumir (o tempo). Trátase dunha nova edición do test do Sexo, onde unha simpática moza faiche todo tipo de preguntas. Non o fagas con xente perto, a non ser que queiras que descubran que pasas o día tocándote a sardiña... TestdelSexo2

miércoles, 18 de julio de 2007

400 frases woodystas


Editada unha recompilación das frases máis enxeñosas de Woody Allen. O xornalista Víctor Fernández recompilou no libro "Desmuntant Woody Allen" (Columna) as frases que aparecen nas súas películas, libros de contos, discursos e entrevistas nos medios de comunicación. O libro fica dividido en cinco partes para as perto de 400 frases do director de Annie Hall que teñen que ver con obsesións tipicamente woodystas como son o cinema, o sexo e o amor, os xudeus e a relixión, o psicoanálise e unha miscelánea sob o título de "A vida e outras historias"'. Víctor Fernández, durante a presentación do libro en Barcelona, confesou que a redacción do libro, serviulle para reconciliarse co director e situalo como un humorista contemporáneo á altura de Bob Hope. A editorial Columna, que é quen publicou en catalán os libros de contos de Allen, decidiu hai uns meses elaborar un volume que recompilase as mellores frases do director, proxecto que recaeu en mans de Fernández, quen pasou un período con sobredose de películas, contos e entrevistas ao director. O autor mostrou a súa sorpresa diante do feito de que este libro sexa a primeira compilación de frases do cineasta --"busquei en Amazon.com para traducilas do inglés", bromeou-- e remarcou do director a súa capacidade para rírse de todo e de tratar temas universais cos que un se pode identificar. Víctor Fernández dixo que a película máis citada no libro é a recente 'Todo o demais", porque as frases que contén ian na liña cómica do libro, cousa que lle fixo desbotar o visionado doutras máis dramáticas como "Interiores". O autor do libro explicou que a través das frases se pode ver unha primeira etapa na que Allen, saído dos clubs de Nova York, vai máis que pasado de rosca, e que nas últimas fai un reconto da súa vida. A cita que máis gustou a Víctor Fernández foi unha da película "Recordos" na que aseguraba que "Per a ti sóc un ateu, però per a Déu sóc un membre de l'oposició" (Para tí son ateo, pero para Deus son un membro da oposición). Entre as súas películas preferidas elixiu "Match Point" ou "Zelig". Nun momento no que o cineasta está rodando a súa nova película en Barcelona, Víctor Fernández considerou que Allen será dabondo intelixente para illarse da presión e cualificou de "paleta" a situación creada ao seu redor polos políticos. "O día que veña a rodar Scorsese trócanlle o nome á Diagonal". Víctor Fernández (Barcelona, 1975) é redactor da sección de Cultura de "La Razón" e colaborou en diversas publicacións. É autor de "Joan Abelló. De pinceis e moais" e "Marilyn íntima", así como editor da novela de Salvador Dalí "Tardes d'estiu"'. O libro sae agora en catalán cunha tiraxe de 5.000 exemplares. Columna publicará en catalán en setembro o novo volume de contos do director, "Pura anarquía", e reeditará os anteriores libros de contos. En definitiva unha antoloxia do mellor que deu a cultura nos últimos séculos: Mozart, Mann, Bergman, Freud, Van Gogh, Buñuel... e Woody Allen. Cando en Woody Alen galego? Editorial Columna

lunes, 16 de julio de 2007

Entrevista con Gonzalo Torrente Ballester



Eis unha entrevista en profundidade do ano 76 con Gonzalo Torrente Ballester. Como era de agardar nun grande conversador como era Torrente Ballestar, unha pequena xoia.

domingo, 15 de julio de 2007

Entrevista con Álvaro Cunqueiro

Debeu recibir o Nóbel de Literatura, mais non foi. Deixo aquí a xenial entrevista que no ano 1978 fixéralle no programa da TVE "A Fondo" Joaquín Soler Serrano ao noso máxico mestre Don Álvaro Cunqueiro

lunes, 9 de julio de 2007

Os máis grandes. E non admito discusión...



E neste concerto en Lisboa estivemos presentes o Fins, O´Xil e máis eu. Grandes, grandes, grandes. (Pearl Jam e tamén o Fins e o Xil)