"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 26 de noviembre de 2007

O porvir é longo...


Por Antonio Muñoz Molina


Algunhas veces os mellores soños se cumpren, os desexos que parecían máis imposibles: só que quen desexou e soñou xa non chega a sabelo, porque na espera fóiselle a vida, e porque o porvir é demasiado longo para a brevidade da experiencia humana. Todo o que agarda sabe que a vitoria é súa, di Antonio Machado. Pero o que morre agardando morre vencido, e tal vez nin sequera lle
sirve de consolo o que di o último verso dese poema de Machado: que a arte é longa, e ademáis non importa. Impórtalle á nosa vaidade, ao noso desexo lexítimo de recoñecemento, aida que os dous adoitan a toparse tan mesturados que case nunca é posíbel distinguir o un doutro, separar o metal limpo da ganga. ¿Foron vaidosos algúns dos grandes escuros, dos que agardaron sen saber que a vitoria era súa e que o porvir os veneraría? Kafka, Stendhal, Van Ghog, Cervantes. Coma unha lúgrube declaración, o filósofo doente e homicida Louis Althusser puxo ese título ás confesions que só se publicarían cando el xa estivera morto: O porvir dura moito tempo.

O porvir é un mundo descoñecido, un inmenso país extranxeiro no que, sen embargo adquiren as veces a cidadanía algunhas obras ou algunhas lembranzas ou soños dos mortos. En vida, a Miguel de Cervantes despreciáronno as figuras máis selectas da intelectualidade de Madrid. Sen dúbida morreu pensando que non acadara gran cousa, que lle faltara tempo para escribir o que soñaba, o que o xustificaría, para terminar tranquilamente o Persiles e emprender a segunda e definitiva parte da súa querida Galatea. Agora vexo no xornal ás máis sutís intelixencias universitarias e cortesáns e ás máis altas satrapías do poder presentando unha nova edición do Quixote e lémbrome con algo de mágoa e solidariedade daquel home de quen sei tan pouco e a quen quero tanto, morto e soterrado no seu pasado lonxano, nas vésperas do ancho porvir que non chegou nin a albiscar, e que se cadra, no fondo, ao final da súa vida non lle tería importado tanto.

Polos mesmos días do aniversario de Cervantes presencio a realización tardía doutro soño, o cumprimento do desexo doutro español trasteado pola vida, absolto pola morte doutra espera sen fin. No María Guerrero representase San Juan, de Max Aub, cun luxo de escenografía e maquinarias que asalta o patio de butacas e os palcos laterais de teatro, convertidos cada noite nunha pantasmagoría de buque vello á deriva, de Titanic sen gloria cargado de xudeus que naufragaron en alta mar ante a fría indiferencia do mundo, igual que naufragaron moitos millons dos seus semellantes no cataclismo negro de Europa, xusto no tempo no que Max Aub escribía esta traxedia, sen moita esperanza de que fora representada ou lída, escoitada por alguén.

O porvir dura demasiado tempo: demasiado para a pacencia e a perseverancia humana: en 1942, camiño de América, nun barco cargado de fuxitivos europeos Max Aub imaxinou a viaxe sen destino do cargueiro San Juan, soñou esperto as persoaxes, as palabras, as bodegas con cheiro a metal quente e a esterco de cabalo, á desesperación de agardar sempre, á lenta tortura civilizada dos pasaportes e os procedemientos administrativos. Instalado en México escribiu a súa obra, chegou a editala, imaxinou a súa posíbel representación igual que imaxinara antes as vidas das personaxes e o lugar onde vivían e morrían. Morreu el mesmo sen que se representara nunca, tristemente resignado a que nin as súas novelas nin o seu teatro chegarían nunca ao público para o que as escribira, e grazas ao cal esas obras adquirirían unha plena existencia. Unha novela editada, anque teña poucos lectores, aínda é algo, existe dunha forma tanxible, ainda que segreda. Mais unha obra de teatro nunca representada fuica tan morta coma unha música que ninguén tocou, tan morta ou tan aletargada, amortaxada nunha catalepsia que pode durar para sempre.

Vín San Juan no teatro, erixida por fin no tempo presente e en realidade, escoitaba, ditas en alta voz, berradas, as verbas que lin en silenzo, vín sobre o escenario malas ciscadas e baúis de fuxitivos, un espellismo de pranchas oxidadas de metal, de sereas de buques e o piar de gaivotas, un naufraxio tan aterrador coma unha apocalipse, despois da cal, no silenzo recobrado, recitábanse as palabras terribles e sen embargo alentadoras do Libro de Xob. Pero o que eu estaba vendo non era una función de teatro: usurpaba o porvir de outro hombre, Max Aub, asistía ao cumprimento tardío e parcial dun soño que era seu.

domingo, 25 de noviembre de 2007

Cando a publicidade é arte...

Scarlett Johansson, protagonista da foto do noso conto, leva unha tiara de Harry Wilson con 62 diamantes, valorada en 350.000 euros. O vestido, baseado nun deseño de Nicoletta Santoro, está feito a man.
Beyoncé comparte cunca con Lyle Lovett e Oliver Platt. "Formar parte desta campaña é incríble", dixo o amigo Lovett. "Disney é como un soño, pero se por riba o xuntas coa imaxinación de Leibowitz paréceche estar noutro mundo".
O rey fai de rei. O número 1 do tenis mundial, Roger Federer, transfigúrase de Rei Artur. Na imaxe tenta tirar a espada da rocha seguindo as instruccións do mago Merlín.