"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 29 de julio de 2008

Unha banda fugaz...


Un gran tema dunha banda que prometía. Só un traballo (enorme) da bande de Bristol. Eis SUNNA

Pepsi Vs Coca-Cola...




Galicia xa ten o seu kilt...


Por Xavier R. Blanco


Achegábase o Festival de Ortigueira e na cabeza do artesán Santiago Bernárdez bulía unha idea: presentar na gran festa do mundo celta un kilt, a saia que visten os homes e identifica aos clans en Escocia, pero propio de Galiza. "Fixen o deseño do tartán, o tecido a cadros, rexistreino e chamei a un amigo escocés para encargar 30 saias. Non sabía como ía resultar a aventura, levei 25 e vendinas todas. Foi un éxito que non me esperaba". Xa encargou outras 100 saias ao seu provedor escocés. Comercialízaas a 29 euros cada unha. "Non pretendo que substitúa o traxe tradicional galego, senón que se converta nunha peza para os días de festa. E aquí temos moitos días de troula", comenta en Allariz, onde instalou o taller de coiro que rexenta desde hai cinco anos con Mónica, a súa parella. A ocorrencia non foi repentina. Este deseñador, natural de Cangas do Morrazo, viviu antes de establecerse en Allariz dous anos en Irlanda e cinco en Escocia. "Cando me convidaban a unha festa tiña que alugar un kilt para non desentonar e custaba, se se trataba de épocas como fin de ano, 80 libras". En Escocia atópase o Tartan World Register, institución que valida, tras un exame rigoroso, o cadro que identifica a unha familia, a unha empresa ou a unha nación. Obter o certificado supón un desembolso de 400 euros. "Conta a porcentaxe das cores e a disposición e distribución dos cadros, que saen dun tear con catro barras, que xa existían hai séculos en Galicia, sobre todo na Ribeira Sacra, como constatou os estudos da británica Anna Champeney". Santiago Bernárdez inscribiu o seu deseño como Tartan Gallaecia/Galician National, que se caracteriza por un 50 % de cor azul cobalto, 40% de azul mariño e 10% de branco. "Elixín o azul cobalto polo escudo galego, o azul mariño polo mar e o branco pola bandeira. Creo que a combinación quedou bastante ben", opina mentres ensina un kilt que deixou en Allariz por tratarse dunha talla pequena. "Mágoa, o tería vendido tamén". Algún dos que se achegaban ao seu posto en Ortigueira reclamáronlle un kilt no que predominase a cor vermella, "e respondíalles que só vendía o nacional de Galiza". Cando os clientes se interesaban por que no galego mandaba o azul, topábanse cunha resposta imposible de rebater: "Porque é o que rexistrei eu". No Festival de Ortigueira, Santiago Bernárdez tamén puxo á venda a highland shirt (camisa tradicional) e o sporran (zurrón que se anilla á cintura). "En vista da aceptación, vou encargar tamén as medias, e os ribbons, que son unha especie de ligas que suxeitan as medias á altura do xeonllo, para completar a vestimenta". O negocio está en cueiros, pero este artesán rezuma optimismo. "Percorremos moitas feiras e festas e neses momentos a xente anímase porque tes ganas de risas e de carallada". Ademais, Internet resulta unha ferramenta imprescindible para chegar desde Allariz a todas partes cun simple clic. Bernárdez rexistrou as webs www.tendagaliza.com, www.tiendaGalicia.com e www.galicianshop.com nas que tamén explica a historia do tartán en Galiza e en Europa para proclamar a súa universalidade: "Entendémolo como algo escocés, pero é unha vestimenta universal. Hai rexistrados o tartán nacional de Alemaña, Australia, Holanda..." E agora tamén o de Galiza. Cando alguén se interesa polo kilt galego, Bernárdez detense un intre co comprador para impartir unha clase de historia resumida e a maneira de vestir esta peza. "Case todo o mundo leva mal a saia. Colócanlla na cadeira e hai que levala na cintura para que quede xusto á altura dos xeonllos". A pregunta que máis lle formulan é se se loce con calzón debaixo da tea ou sen el. "Sen calzón, por favor!", responde. "Só os bailaríns teñen licenza para porse calzóns".

El País - 30.07.08

Xenial sempre Forges...

Forte polémica entre USA e Andorra...

7 erros que non debemos cometer...

jueves, 24 de julio de 2008

As corridas faciais de Ashkan Sahihi...









Ashkan Sahihi é un fotógrafo iraní coñecido por singulares proxectos fotográficos dos que destacan unha serie de axilas, outra de expresións faciais de consumidores de drogas xusto despois de consumilas, ou a que hoxe podes ver máis arriba e que posiblemente sexa a máis chamativa de todas: facianas exaculadas con esperma real. Nunha entrevista preguntouselle o que seguramente xa tes na cabeza: “quen foron os modelos, e quen os doantes? ao que Ashkan manifestou “amigos e coñecidos que convidei para o proxecto. Durante a conversa, deixei ben claro que o doante debería ser a súa parella actual.” O dito.

15 segundos...

lunes, 21 de julio de 2008

Queres morrer hoxe?...






A pesares do seu estilo publicitario, o último traballo do fotógrafo suizo David Houncheringer é daqueles que non poden deixar a ninguén indiferente, cunhas esceas tan hilarantes coma impactantes: a masacre do instituto Columbine, un aprendiz de Batman a quen non lle funciona o gancho magnético da súa corda, unha monxa que se suicida cunha revista homosexual nas mans, etc…

domingo, 20 de julio de 2008

Non hai moito que comentar. Quen non coñeza o que Wooodstock significou para música e algo máis, non merece visitar estos blues... un icono dos anos 60. Algo máis que un Festival. Podes descargar de balde e directamente os dous cd´s aquí: Parte1 Parte2

Milleiros de libros feridos...

O pasado 6 de xullo milleiros de libros resultaron feridos polo auga dos bombeiros tras un incendio na Universidade de Xenebra.

Pobres árabes pobres...

martes, 15 de julio de 2008

Margarida canta e Letizia non...


Cóntame o noso home en Dublín, que hai uns días, nunha reposición dos torneo 6 Nacións que emitiu a tv irlandesa, decatouse de que a Princesa Margarida, membro da familia Real Britanica, sempre asiste aos partidos da selección Escocesa e para a nosa sorpresa sempre canta o himno... o curioso e a letra do himno:
Oh flor de Escocia,
Cando te veremos así outra vez.
Por aqueles que loitaron e morreron
polos teus outerios e vales enfrontaronse a el.
Orgulloso exercito de Eduardo,
e envialo de volta a casa,
a persalo outra vez.
Os montes estan espidos agora
e as follas do outono grosas e tranquilas,
Agora a nosa terra está perdida,
a que con tanto cariño curaronos que se enfrontaron a el.
Orgulloso exercito de Eduardo,
e envialo de volta a casa,
a persalo outra vez.
Eses dias pasaron,
e no pasado deben ficar,
mais ainda podemos erguernos
e ser unha nazón outra vez.
Imaxinades aos Borbóns, acudindo a un partido da selección galega e cantando a todo pulmón " Nazón de Breogan". Que dirían a COPE?
No minuto 1 e 4 segundos do video que nos envía O Bluesman, podese aprezar á Princesa Margarida cantando o himno de Escocia

martes, 8 de julio de 2008

As 10 leis sexuais máis absurdas de Estados Unidos...

O pasado venres celebrouse en Estados Unidos o 4 de Xullo, o seu Día da Independencia e aproveito esta efeméride para repasar algunhas curiosas leis ainda vixentes e realmente absurdas relacionadas co sexo. Aida que non o creades mentras en Virxinia é ilegal facer o amor coa luz prendida en Washington DC está prohibido facelo a catro patas. E este tipo de leis non son tan moralistas coma poderíamos supor. Por exemplo en Washington é legal a zoofilia pero sempre e cando o animal pese menos de 18 quilos. Outras leis como a prohibición de disparar un arma durante o orgasmo rozan a ridículo pero poden ser comprensibles. E, por qué sucede isto? O sistema xurídico en Estados Unidos deriva do sistema da Inglaterra medieval e basease máis na xurisprudencia que nas leis. Para que nos entendamos, máis ou menos significa que a sentenza xudicial ditada por un tribunal, convértese en lei até que o caso volva a revisarse.
Pero, con leis como estas... ¿Cantos de nós seríamos culpábeis e de cales? Agardo a vosa morbosa e sincera confesión...
01. O sexo oral é ilegal en 18 estados.
02. En Virxinia é ilegal facer o amor coas luces acendidas.
03. En Willowdale, Oregón, é ilegal que os maridos pronuncien guarrerías durante o coito.
04. En Georgia é ilegal o sexo entre personas solteiras.
05. A única posición do acto sexual permitida en Washington, DC é a do misioneiro.
06. En Connorsville, Wisconsin, é ilegal disparar un arma mentras a túa parella ten un orgasmo.
07. É ilegal practicar sexo cos camioneiros na caseta de peaxes.
08. En Florida está prohibido ter relacións sexuais con porcoespiños.
09. En Utah é ilegal casarse co teu curmán antes dos 65 anos.
10. A zoofilia é legal pero só para os homes no estado de Washington, sempre e cando o animal pese menos de 18 quilos.
Tirado de College Times.