"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 28 de septiembre de 2008

Carlos Kravetz en Vigo...



Carlos Kravetz naceu en 1951 na Arxentina e formouse en Israel. A súa primeira exposición data de 1979. A súa obra desenvólvese fundamentalmente en pintura, pero tamén ter realizado instalacións, obxectos, debuxos de mesa, e distintas obras en soporte dixital. Ten exposto en museos e galerías de San Francisco, Los Angeles, Boston e New York (Estados Unidos), Guadalajara, México DF, Morelia y San Miguel de Allende (México), Israel, Panamá, República Dominicana, Puerto Rico, Uruguay, etc. As súas obras poden verse en museos de Arxentina, Israel, Panamá, República Dominicana, Puerto Rico, Inglaterra, e Estados Unidos. Kravetz dirixe actualmente en Buenos Aires, o seu obradoiro de formación en artes visuais.

Para máis información: www.carloskravetzkravetz.com.ar
Para ver fotos da súa obra en alta definición: www.esnips.com/web/kravetzenvigo

No hay comentarios: