"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 28 de julio de 2012

¿Tricky Albert?...

Hacer trampas siempre es una tentación cuando las trampas, invisibles en su intención (ganar elecciones) y visibles en su civismo (ahorrar dinero), pueden conducirnos a objetivos deseables


POR FERMÍN BOUZA * –  EL PAÍS  –  26.07.2012

Tricky Dick (“el tramposo Dick”) fue el sobrenombre que le pusieron al presidente Richard Nixon, el del Watergate, por su condición de “trampeiro” consumado. Hacer trampas siempre es una tentación cuando las trampas, invisibles en su intención (ganar elecciones) y visibles en su civismo (ahorrar dinero), pueden conducirnos a objetivos deseables.

A veces, sin embargo, la firma de los padres en el boletín de notas que los niños pequeños imitan llama la atención del profesor por su rotunda imperfección, incerteza, inseguridad y hasta por su feísmo. Los niños tienen otros códigos ético-estéticos que con frecuencia se delatan a sí mismos en un mundo fuertemente regulado.

No creo que Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Xunta, sea alguna reencarnación de Nixon, Tricky Dick, ni ningún niño tratando de engañar a nadie. Debe de tratarse de algún error o de un exceso de sus picos de oro: se anuncia un cambio en el número de diputados para las próximas elecciones. No es lo mismo. Dejarlo para las siguientes (sin entrar ahora en el fondo de la necesidad de estos recortes en la representación política, de apariencia demagógica pero sin duda debatibles) implica un debate y una posibilidad de consenso, pero ahora sería un asalto a la estabilidad política sobre la que se ha basado la acción parlamentaria durante estos años y produciría beneficios muy directos al PP (vean el gráfico de arriba y observen el cambio a tres escaños de las diferencias entre el bloque conservador y el progresista, debido a la peculiaridad de la contabilidad de partidos únicos o de las alianzas con acumulación de voto que se producirían tras las elecciones).

El sector progresista de voto, con los resultados de 2009 y los escaños que ahora se proponen (61 frente a los 70 anteriores y actuales), perdería dos escaños más, y se situaría a tres escaños del partido de la derecha gallega. Solo una unidad previa a las elecciones daría tantos o más escaños a los progresistas, pero esta unidad quizá no acumule el mismo número de votos que los que obtendría cada partido por separado. Siempre ocurre así.

No creo que Feijóo sea Tricky Albert, pero si lo fuera tendría mucho terreno andado para ganar las elecciones, que a día de hoy tienen un resultado incierto, con 37 escaños para cada bloque y uno bailando (bailando la conga de un final de fiesta bastante amargo para Galicia y para el reino de España en el que el antiguo Reino de Galicia se integra desde hace algunos siglos).

La balanza está equilibrada con los 75 escaños actuales, y probablemente las elecciones se las llevará quien mejor comunique en estos meses que podrían faltar para el día de autos. Comunicar no es fácil. Si se cambia a 61 escaños, Feijóo multiplicará sus bazas, pero la historia no se lo perdonará. Veremos lo que va pasando y lo que van diciendo las encuestas, tan difíciles de valorar en estos momentos de incertidumbre.

* Fermín Bouza es catedrático de Sociología en la Universidad Complutense de Madrid, especializado en Opinión Pública

viernes, 27 de julio de 2012

Pucheirazo no Parlamento galego...


A proposta de PP de reducir o número de escanos no Parlamento galego, é unha proposta demagóxica que ao amparo da crise económica e coa escusa da necesidade que todos compartimos de aforrar gasto, o que realmente busca é só evitar unha máis que posíbel perda da maioría absoluta do Partido Popular nas vindeiras Eleccións galegas. Un penoso e lamentábel pucheirazo máis propio de caudillos e reximes latinoamericanos que dunha democracia europea...

miércoles, 11 de julio de 2012

Woody Allen, Israel e a identidade...


Xa non hai necesidade de facer cábalas e tentar adiviñar por máis tempo cales son os verdadeiros sentimentos de Woody Allen cara a Israel. Allen fala diso con paixón nunha recente entrevista co correspondente en París do xornal israelí Yediot Ahronot, Yaniv Halili, publicada o pasado venres 6 (en hebreo) no seu suplemento da fin de semana. A maior parte da entrevista é sobre temas xa moi coñecidos e que el odia, coma o escándalo de Soon-Yi (o caso público seica non lle afectou, el afirma que non le os tabloides), a súa "non relación" co seu fillo e os seus hábitos de traballo. Israel só aparece ao final, pero fala do tema con sorprendente entusiasmo. Aquí está a parte na que trata de Israel, da identidade xudía e, curiosamente, dos dilemas de identidade xudía dos seus "fillos semi-xudeus":



   A diferenza de calquera nai e filla, non acendeu veas de Shabbat. "Eu crecín nunha atmosfera xudía (ao birkei ha-yahadut) e fixéronme un bar mitzvah, polo que claramente é un elemento que permanecerá na miña vida de forma permanente, do mesmo xeito que as cancións que escoitaba na radio cando era un neno. Pero eu non creo nas relixións organizadas. A maioría delas explotan á xente, e creo que ese club non ten nada que ver con Deus. Hoxe síntome xudeu principalmente cando a xente atácame pola miña forma de ser xudía".

   Acerca de Israel, pola contra, ten cousas boas que dicir. Na práctica, cando Allen empeza a falar de Israel, é difícil detelo. Tan difícil que nin sequera o seu asertiva enerxía de publicista mereceu un só xesto da man, o que indica que se debe esperar ate que termine de brotar o seu agarimo. "Eu apoio a Israel e apoieino desde o día no que foi fundado. Os veciños de Israel tratárono mal, cruelmente, en lugar de aceptarlp e facelo parte da familia das nacións do Oriente Medio. A través dos anos, Israel respondeu a estes ataques de diversas maneiras, algunhas das cales aprobo e algunhas outras non tanto. Entendo que os israelís pasaron por tempos difíciles, eu non me esperaba que Israel reaccionase perfectamente durante todo este tempo, pero iso non cambia o feito de que é un país marabilloso, marabilloso. Só estou preocupado polo aumento do fundamentalismo en Israel, que creo que dana os seus intereses. Eu tamén teño preguntas acerca do seu goberno e clase política, que non sempre actúa seguindo os mellores intereses para Israel. Pero mesmo a miña crítica de Israel vén desde o amor, do mesmo xeito que cando critico aos Estados Unidos. Sería un erro non dicir nada se pensas que un país que queres esta cometendo un erro e poderías ferirlle".



Entón por que nunca visitaron Israel?

    "Non son un turista. Viaxo regularmente as tres cidades que me gustan e coñezo - París, Londres e Roma - e iso é todo. Non me gusta saír de casa porque son un pouco neurótico, e cando teño que saír é sobre todo polo traballo. Non me gusta voar e non me considero unha persoa curiosa que quere coñecer novos lugares. Hai moitos estados nos Estados Unidos que nunca visitei. A miña esposa é de orixe coreana e estivo tentando convencerme durante anos para que vaia a Corea do Sur con ela, até agora sen éxito. Ela tamén é moi curiosa acerca de Israel e quere ir alí coas rapazas, para que poidan ver e entender a cultura xudía do seu pai. Supoño que irei visitar Israel pronto. Non hai maneira de evitalo"-

lunes, 2 de julio de 2012

É tempo de que Beiras se retire...

 

É tempo de que Beiras se retire

Manuel Fraga, Paco Vázquez e Xosé Manuel Beiras teñen en común varias cousas. A principal, é que son políticos que pertencen ao pasado, non ao futuro.

Outra cousa que comparten eses tres políticos do post-franquismo é que, louvados incondicionalmente polos seus seguidores e criticados cegamente polos seus rivais, provocaban paixóns políticas intensas e non deixaban indiferente a ninguén.

Xosé Manuel Beiras, ex-voceiro nacional do BNG, foi sempre recoñecido como un líder carismático tanto dentro como fóra do seu eido na esquerda nacionalista.

Nacido con pedigree, como fillo do respeitado galeguista conservador Manuel Beiras, Xosé Manuel cursou estudos universitarios en Santiago de Compostela, París, e na prestixiosa London School of Economics, convertíndose nun dos homes mellor formados académicamente na Galicia franquista do seu tempo.

No contexto de represión política da dictadura, a aposta silenciosa do Galeguismo interior esperaba formar a Xosé Manuel como un futuro líder da Galicia post-franquista, seguindo os pasos do seu pai, cofundador do Partido Galeguista en 1931. Mais foi durante as estadías de Xosé Manuel na Franza onde o xoven estudante, que inicialmente se autocalificara de "liberal-progresista", acabou influenciado polos postulados revolucionarios do marxismo, ideoloxía que hipotecou a sua futura carreira política.

Cun enorme atractivo cosmopolita, xoven e dinámico, antítese da autarquía franquista, Xosé Manuel Beiras comezou unha impresionante traxectoria profesional como cofundador do Partido Socialista de Galicia en 1963, subdirector da Revista de Economía de Galicia, e profesor na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago.

No que está considerado como o periodo álxido da súa carreira académica, en 1972 publicou "O Atraso Económico de Galicia", unha análise daquela innovadora e aínda hoxe extraordinariamente influínte, esencial na historia do pensamento económico galego.

Tras un fallido intento de entrar na política como cabeza de lista do PSG, Beiras participou na fundación do BNG e entrou no Parlamento Galego como deputado en 1985. Beneficiándose da desaparición de Coalición Galega, da crise interna do PSdeG, e da concentración do voto anti-Fraga, o BNG medrou en votos ata acadar o seu teito eleitoral de 18 deputados en 1997, aínda a moita distancia dos 42 deputados gañados polo PPdeG.

Mais mentres rivais políticos como Manuel Fraga ou Francisco Vázquez gañaban repetida e cómodamente maiorías absolutas, Xosé Manuel Beiras non era capaz de moderar e convertir o BNG en alternativa real de goberno.

Unha das varias claves da falta de apoio popular á formación liderada por Beiras foi a súa imaxe radical, cando non directamente agresiva. Mentres que o seu núcleo de admiradores incondicionais aplaudían ao Beiras enfant terrible, a maioría social galega víao máis ben como o neno problemático da clase. As súas expulsións do Parlamento na lexislatura do 1989-1993, culminando co infame episodio do zapato imitando a Khrushchev, foron uns dos momentos máis embarazosos da historia parlamentaria galega.

Nas eleccións do 2001 Beiras comezou a perder votos. Se durante a súa década como líder do BNG non foi quen de sumar maiorías sociais, tampouco foi capaz de utilizar o seu liderazgo para reformar a frente. O BNG estivo sempre controlado por un partido comunista, a UPG, que puxo a Beiras como líder cando éste lle era util, e botouno cando deixou de selo.

O longo enfrontamento que mantivo Beiras coa UPG terminou coa derrota do primeiro, que anunciou a súa marcha do BNG o pasado 12 de febreiro. Naquel momento crítico, como líder do seu novo colectivo Encontro Irmandiño, Beiras volveu mostrar máis espectáculo que xestión marchando do BNG con desafogo mais sen claro plan de ruta, sen coordinarse cos outros grupos descontentos que logo terminaron nun minifundio de partidiños diferentes anque de ideoloxía similar.

Xosé Manuel Beiras aínda goza dun extraordinario carisma en boa parte da esquerda nacionalista, mais a súa autoridade é cada vez menor, igual que lle pasou a Fraga antes de perder as eleccións do 2005. Dos grupos escindidos do BNG, hai indicios que o que está a gañar máis adhesión social non é o dos beiristas, mais o chamado Compromiso por Galicia, promovido en gran parte polo sector moderado que escapou do BNG.

Non cabe dúbida de que o vehículo político do que comunmente se chama 'nacionalismo galego' está a sufrir unha transformación vital. O BNG, cada vez máis controlado pola UPG, radicalizou o seu discurso e encara á posibilidade da marxinalidade electoral.

Todo o mundo é consciente de que non hai espazo eleitoral para máis dunha forza no eido minoritario da esquerda nacionalista, mais o líder dos escindidos Irmandiños semella non ter presa en confluir cos outros desencantados do BNG. Coas eleccións ao Parlamento de Galicia á volta da esquina, Beiras continúa teorizando sobre conceitos pouco concretos como o de "crear un movemento, non un partido", mentres que cada vez máis nacionalistas comezan a dubidar da súa falta de iniciativa e liderazgo.

Entre a indiferencia da maioría da sociedade galega, que xa perdeu pista da sopa de letras de partidos creados e escindidos fóra do BNG, o último proxecto político promovido por Beiras -Novo Proxecto Común- celebrará a súa asemblea fundacional o próximo día 14 de xullo. Perguntado pola prensa se vai ser candidato da nova formación, o veterano político, que vai camiño dos 80 anos, declarou "Eu non pecho a porta a nada".

Despois de medio século sen ter gañado nengunha elección, Beiras debería xa pechar a porta e abandoar a política.

As súas recentes declaracións calificando de "terroristas perigosos" aos líderes do PP e PSOE, e chamando "axente do fascismo internacional" ao gobernador do Banco de España, lembran unha vez máis que o autor de "Homenaxe a Marx no 1º centenario da súa morte" sigue sen estar capacitado para gañar o voto da maioría do País.

Teñen razón os siareiros beiristas ao dicir que Xosé Manuel Beiras é "a historia viva do nacionalismo galego". Mais esa é unha historia do nacionalismo do pasado, non do futuro. É a historia dun proxecto de oposición, para minorías; dunha aposta fracasada por fórmulas marxistas que non foron aceptadas pola grande maioría da sociedade galega.

A saúde de toda democracia require alternancia de gobernos, e para que esa alternancia poida darse son precisos partidos de vocación maioritaria. Non está claro o que vai emerxer despois do afundemento da actual terceira forza politica galega -o BNG- mais este é o momento ideal para que o principal protagonista daquel pasado minoritario se retire e deixe de interferir no traballo dos protagonistas do futuro de Galicia.