"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 27 de febrero de 2013

Que é o galeguismo cívico socialdemócrata?


Miguel Barros, actualmente militante en Compromiso por Galicia, foi durante moitos anos a conciencia galeguista do PSdG-PSOE onde militou ate o ano 2006 no que deuse de baixa. Tirado do seu libro Discurso e Tempo (A Nosa Terra edicións 2005) reproduzo aquí un dos seus artigos recollidos no volume e no que reflexiona sobre o galeguismo e a socialdemocracia. Reflexión que ainda que inicialmente pensadas no contexto da eterna batalla perdida pola galeguización imposíbel do PSOE, ten ainda o valor de quen coma Miguel representa o galeguismo nidio e sen fisuras dun bo e xeneroso. Un auténtico luxo para Compromiso por Galicia.

Por Miguel Barros

O X Congreso de PSdG acuñou unha definición que nos parece un achádego inspirado e novidoso. O Partido Socialista de Galicia leva moitos anos á procura dunha definición precisa e críbel que permitise aos electores a identificación nidia do proxecto político socialista. Nesta ocasión estivo afortunado. E de sobra coñecido que a socialdemocracia é unha doutrina política que tentou con éxito un programa de reforma social dende o respecto á liberdade. O socialismo democrático persigue o acrecentamento dos niveis de xustiza distributiva da riqueza entre os dous protagonistas máis importantes do proceso de produción. O equilibrio das rendas entre capital e traballo, debido á crecente complexidade do sistema económico vixente, fai laborioso o proceso de reparto. A socialdemocracia - versión actual do socialismo primitivo - atopou no gasto social do estado a posibilidade real de reforzo das rendas do trabalio en forma de educación, sanidade, seguridade e cultura gratuitas. O Estado converteuse así nun instrumento de redistribución e equilibrio da riqueza producida. A pesares disto, no capitalismo moderno, as necesidades de inversión de capital en tecnoloxía e innovación son cada vez máis apremiantes e por conseguinte o factor traballo perde posicions de interlocución fronte o capital, sobre todo debido á oferta voluminosa de man de obra que aportan os países subdesenvolvidos. A posibilidade constante de custes laboráis cada vez. máis baixos incita as empresas a mudar a instalación das súas plantas en función do prezo da man de obra.

A deslocalización é, de momento, a última chaga que ameaza aos traballadores dos países industrializados e aínda mesmo a aqueles pouco industrializados. Pero se todos istes problemas xa son coñecidos. que nos aporta a socialdemocracia galega ao definirse como galeguista? Con esta definición o socialismo galego asume os postulados do galeguismo, e na medida en que o galeguismo madura como pensamento político ao tentar a búsqueda de solucións para un espazo económico e cultural singular, nesa medida, o socialismo galego deveu galeguismo. Neste país no que o reparto da propiedade é abusivo e no que a cativez do capital xerou históricamente un permanente exceso de man de obra que emigraba en busca de traballo, o novo socialismo galego ten un desafío programático certamente apaixoante. A dependencia económica de Galicia do sector primario fixo a nosa terra moi vulnerábel á política cíe aranceis, que ao gravar as importacións de cereais, afectaban gravemente a nosa economía na medida en que encarecían ao mesmo tempo o pan para a xente e o forraxe para o gando. O galeguismo pulou sempre polo librecambismo mentres os cerealistas casteláns e os industriáis cataláns eran proteccionistas. Estas singularidades da nosa economía abondan para xustificar a necesiclade de políticas económicas específicas. O galeguismo é a expresión política dunha necesidade económica e social. Liberar á terra minifundiaria dos gravames e liberar os labregos, amarrados as grandes propiedades, dos xuros e gavelas que os mantiñan na miseria, eran os seus anceios fundamentáis. Esta misión política do galeguismo foi primeiro rebeldía intelectual e callou clespois en forma de instrumento político para a búsqueda de solucións axeitadas ao País, fronte as que arbitraban os centros de decisión alleos radicados en Madrid. Galeguizarse é, xa que logo, tomar conciencia dos problemas e comprometerse na loita política para achegar solucións.

A galeguización da socialdemocracia era unha evidencia, ademáis dunha necesidade política. Pero tal evidencia e necesidade quedar asoballadas polos éxitos electorais do PSOE. As Vitorias socialista.derivaron na errada conclusión de que en Galicia tamén se producirían os mesmos éxitos, sen necesidade de ter que facer ningunha adaptación a singulariclacle do noso país galego. O recoñecemento da identidade que está implícita na definición galeguista. queda avalada por un proxecto de Estado que respecta a diversidade e a pluralidade nacional de España, e que o Partido Socialista ten asumido dende a Declaración de Santillana. As identidades afirman e recoñecen a diferenza das partes constitutivas do Estado. A defensa da identidade nacional é un acto de liberdade e dereito primario a ser un mesmo e a ser recoñecido como propio e singular. O galeguismo é, por outra banda, un compromiso moral, que implica a valoración substantiva do noso patrimonio cultural. O idioma e a cultura galega conforman a expresión concreta da nosa. reatilidade colectiva, e son, por iso mesmo, marcas distintivas do ser de Galicia. O civismo reflicte os dereitos individuáis, e ao falar de dereitos individuáis temos que apelar á igualdade como característica fundamental do dereito de cidadanía. Dende a perspectiva da cidadanía a identidade non pode constituir un privilexio.

Os socialistas galegos ao defender a identidade como dereito colectivo non pretendemos o incremento dos nosos dereitos, senón o respecto do noso feito diferencial. O galeguismo cívico atende a solidariedade con todos os cidadáns, que desde a diferenza, comparten dereitos comúns como individuos dun mesmo Estado. Reclamar o reparto equitativo da riqueza, procurar a cohesión económica e social dos diferentes territorios do Estado, conforman obrigas políticas do socialismo galego, que ao definirse galeguista asume a defensa do interés de Galicia como o seu principal compromiso. A identidade e a solidariedade son os elementos nutricios do Galeguismo Cívico Socialdemócrata, e esta definición do Partido Socialista de Galicia aclara o espectro partidario ao tempo que libera o galeguismo da súa eiva patrimonialista. O Galeguismo Cívico e Socialdemócrata confirma a evidencia que xa significara Castelao: “Por ser galego non podo ser outra cousa que galeguista”.

Xoán Bascuas, Miguel Barros e Rafael Cuíña

Nota publicada no xornal EL PAÍS:
El exdiputado socialista Miguel Barros se incorpora a Compromiso por Galicia
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/12/galicia/1347468855_295161.html

lunes, 25 de febrero de 2013

"Beiras, goberna a túa casa e déixanos gobernar nós na nosa". X.M.Perez Bouza nunha Carta aberta ao divino

"Beiras, goberna a túa casa e déixanos gobernar nós na nosa" X.M.Perez Bouza

Xosé Manuel Pérez Bouza expón nesta carta aberta a Beiras (AGE) a súa posición sobre a oferta realizada por este a unha parte de CxG. Lembra, ademais, como se xestou o proceso de AGE. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador provincial en Ourense e un dos referentes políticos de Compromiso por Galicia (CxG), amosase moi crítico con Xosé Manuel Beiras polas seus "ofrecementos" a novos pactos dentro da coalición antisistema e anticapitalista de AGE. Así, nunha carta a Xosé Manuel Beiras, remitida a Galicia Confidencial, Pérez Bouza lembra todo o proceso que levou á división interna do BNG e, como despois, os distintos grupos excindidos desta formación decidiron optar por unha alternativa electoral ou por outra moi diferentes entre si. Destaca os fortes desencontros que houbo, despois, entre CxG e Anova, a pesares de que a militancia da primeira chegou a aceptar por unha puntual gran coalición electoral nacionalista. Pero, AGE, lembra o ex senador, preferiu ir coa sucursal de Izquierda Unida. Por iso, recomendalle a Beiras que "goberne" na súa casa e deixe gobernar a CxG na súa. "E así ate pode ser posible que no futuro poidamos entendermos polo ben da nosa Galicia", suliña. Nunha recente entrevista concedida a GC, tamén o líder de CxG, Xoán Báscuas, incidía nesta mesma idea. "A estas alturas da película non é críbel un ofrecemento a unha parte, cando o que existe é un todo. Se quere falar, Compromiso por Galicia, ao completo e no seu conxunto, é unha forza política que acredita no diálogo aberto con todo o mundo", sinalaba. A polémica entre AGE e CxG iniciouse tras a insistencia de Beiras -nunha entrevista na RG e no recente libro publicado sobre AGE- apostando por absorber a CxG.

Esta é a carta aberta ao divino:
.
Estimado Xosé Manuel:


Despois de escoitar a túas declaracións na Radio Galega, e de ler a a crónica sobre o máis que meritorio éxito electoral da coalición que co-lideras, puiden comprobar como nas dúas ocasións lle ofreces  unha OPA a compañeiros/as que neste momento forman parte de CxG. Non son partidario de debater nos medios de comunicación, pero como, desde aquelas conversas na túa casa que quedaron en fume, non hai outro xeito de facelo, prefiro falar, aínda que sexa nos medios, que calar, por iso que din de que quen cala, outorga.


De entrada, estou de acordo contigo en que os afiliados da extinguida Máis Galiza son xente moi aproveitable. É máis, considéroos dos sectores máis lúcidos, máis nobres e máis xenerosos que tivo o nacionalismo de comezos do século XXI. Por iso estiven con eles cando estaba no BNG, e entre todos fundamos Mais Galiza e estou con eles agora en CxG. Só non estiven cando antes da Asemblea de Amio, decidiron, equivocadamente ao meu modo de ver, acudir a túa chamada, co único obxectivo de derrotar a UPG e convertirte a tí e Portavoz Nacional e a Aymerich en candidato a Xunta de Galicia.


Co que non podo estar de acordo é con algunhas afirmacións que ou ben ti directamente ou ben os autores, fan no libro, libro que eu considero unha auténtica AGEografía,. 


Na breve introdución da devandita AGEografía, reitérase a versión (que os autores, coido que non se molestaron moito en contrastar) de que Compromiso non está en AGE porque “non estaban polo labor de entenderse con Esquerda Unida polo seu carácter federal”. Efectivamente, moitos recelabamos dunha alianza con EU, e non porque “Esquerda Unida” sexa xuridicamente unha ficción, que o é (por iso quen tivo que asinar as listas ao Parlamento nacional galego foi un deputado da Asemblea rexional de Madrid). Iso só sería un detalle formal se os seus militantes fixasen de forma autónoma a súa política en beneficio dos intereses de Galicia, independentemente do que diga IU ou Cayo Lara, cousa que non van facer e tempo teremos de comprobalo. Sobre o mesmo tema, Xosé Manuel, dis na túa entrevista publicada neste libro que “a última hora foron as bases as que forzaron á dirección a cambiar a posición de que “cos comunistas non”, aínda que non chegou a tempo”. A última hora, Xosé Manuel, o que sucedeu foi que as asembleas locais que quedaban por pronunciarse fixérono, por estreita marxe, a favor de integrarse en AGE, o que fixo que o cómputo global se inclinase, por marxe aínda máis estreita, nese sentido, e a Dirección de CxG, ten por costume executar os mandatos dos seus afiliados, que é un bo sistema democrático no que creo que ti tamén acreditas aínda que algunha que outra vez te tes esquecido de polo en práctica.


Se cadra é por iso que, no escenario que describen os obviamente subxugados autores da AGEografía, o papel das bases de Irmandiños-Anova é claramente outro. Describes brillantemente a creación de ANova como “o arquipélago en autoxestión, de abaixo a arriba, sen ningunha actitude de dirixismo nin de liderado do Encontro Irmandiño”, pero logo admites que na asemblea fundacional se votou para a executiva unha lista única de 75 membros (en CxG as candidaturas foron individuais). Igualmente, o transcendental paso de establecer unha alianza con EU, dado no 25 de Xullo, despois de superar a “esixencia (?) de Compromiso de ir xuntos o Día da Patria” é descrito así no libro: “Nos días previos, só os máis achegados sabían que ía facer pública esa reflexión. A esa altura xa hai constituídas unhas 40 asembleas de Anova por toda Galicia. Desde o estrado de Beiras, a proposta flúe cara abaixo ata os militantes de base, que a refrendarán por ampla maioría”.  Ou sexa, despois da Rolda da Rebeldía, de centos de reunións asemblearias nas que participa tutti quanti, o de aliarse cunha forza política que ten o seu centro de decisión fora de Galicia, en contra do que tiñas predicando toda a túa vida, non se lle ocorreu a ninguén, nin se debateu “de abaixo arriba”. Afortunadamente foi a ti, Xosé Manuel, a ti si, e como dis no libro, tiñas a percepción de que había demanda e botácheste á piscina. É o que ten o carisma, que ninguén che nega. O respecto ás bases xa é máis discutible. 


Todos, empezando por ti mesmo, sabemos que es un dos líderes políticos máis carismáticos que tivo e sigue tendo Galicia. Por moito que o libro estea inzado das enésimas modestas declaracións crepusculares, empezando pola que encabeza a entrevista: “Non podo ser o motor do grupo parlamentario de AGE. Xa non teño as enerxías, mentais nin físicas, para ser o motor”. Iso, o teu pasado e o teu presente, fai máis difícil de entender a estratexia que confesas aos teus entrevistadores para achegar cara Anova, a compañeiros/as que no seu día formaron parte de Máis Galiza: “E digo Máis Galiza porque é o importante en Compromiso por Galicia, onde hai Máis Galiza e hai outras cousas que eu chamo ironicamente dirixentes en procura de dirixidos. Entón, nós debemos non só ter a porta aberta, senón estimular discretamente e sen presión, mediante os contactos coas bases”. Difícil de entender por que ti en algunha ocasión e o teu “herdeiro político” noutras, sabes que vos reunistes con “eses dirixentes en busca de partido”, entre eles conmingo, para convencernos de que apoiaramos o voso proxecto político, antes de que alguén enchera a piscina esa á que te tiraches. Teño que dicirche  nos 20 anos que levo na actividade política, nunca me considerei un dirixente, e moito menos tiven necesidade de andar a busca de partido, sempre me considerei dos “de abaixo”, como bos gusta dicir a vos, e sempre que tiven un cargo de dirección foi que mo ofreceron previamente, nunca me postulei e sempre contei co apoio do 100% dos afiliados/as. Agradécese, en todo caso, a “estimulación discreta e sen presión”, que lle ofreces ós meus compañeiro/as das extinguida Máis Galiza, para seguirte politicamente e aínda o meu agradecemento sería máis sentido, se lle dixeras para que, se para crear un gran Partido Nacional Galego, ou para reforzar a franquicia galega, de Izquierda Unida. 


Só dúas cousas máis para rematar, que xa me estendín dabondo. A primeira recoñecerche o dereito que tes, faltaría máis, a escribir a túa propia historia, pero non a dos demais e moito menos a interpretala ó teu xeito, e a segunda e non por iso menos importante, dicirche que as pontes non se tenden tirando pedras e agardando que se encha o río delas para poder cruzalo logo. Así que goberna a túa casa, que o seu traballo dará, deixa que nós gobernemos a nosa, e así ate pode ser posible que no futuro poidamos entendermos polo ben da nosa Galicia.
Ourense, 25 de febreiro de 2013

domingo, 24 de febrero de 2013

Bon Viatge Victor Amman

O pasado venres faleceu en Barcelona, Víctor Amman. Unha das figuras emblemáticas e máis trasgesoras da música catalana (e non só) desde os anos 70 do que foi coñecido coma onda Laietana. Fundador da Orquestra Mirasol e dun local irrepetíbel, a Sala Zeleste de Barcelona. Teño idea de ter visto en directo á Orquestra Mirasol, mais non estou seguro, pode que sexa só un bo e vago recordo dunha noite con demasiada salsa... En fin... Bon viatge Victor Amman

Ester come carbohidratos

Un tema do novo traballo de Ivri Lider

viernes, 22 de febrero de 2013

Xoán Bascuas: "Non penso que a unidade de todo o nacionalismo sexa positiva"


Xoán Bascuas, Secreatario Xeral de Compromiso por Galicia - CxG
.
Unha entrevista de Xurxo Salgado para Galicia Confidencial
Santiago de Compostela - 22/02/2013

Xoán Báscuas ten moi claro que a actual división do nacionalismo galego fai difícil a unidade, aínda que sinala que "AGE e o BNG, aseméllanse cada vez máis" á hora de facer política. Destaca a fortaleza do proxecto de CxG e non pecha as portas a xente de Abrente "coa que hai moitas afiidades". 
É o líder de Compromiso por Galicia. Unha formación "galeguista, progresista, da esquerda moderada e do nacionalismo posible". Nesta entrevista fala da iniciativa contra a corrupción que veñen de presentar na Cámara pero tamén da situación política actual. Advirtelle claramente a Beiras que ten que facer ofrecementos a todo CxG e "non a unha parte" e destaca que, aínda que o líder de AGE leva "ventaxa" na Cámara "non se visualiza" unha alternativa ao Goberno do PP.

Sobre posibles alianzas futuras, prefire non aventurar nada, aínda que lembra que entre os dirixentes de Máis Galiza que decidiron quedar no BNG "hai afinidades". Tamén apunta a que non ve que a unidade de todo o nacionalismo "sexa algo positivo".

Iniciativa novidosa e chega da man dun partido que non está na cámara. Cres que aos que están no Parlamento non lles interesa esta cuestión?

Quero pensar que si, pero non sei se lles interesa, se lles preocupa ou se lles ocupa. O feito comprobado até o de agora é o que se ten feito e o que se ten proposto, a constitución dunha comisión de estudo, de carácter non permanente. A nosa proposta de Iniciativa Lexislativa Popular é unha oportunidade para intentar unha reconciliación da cidadanía coa política.

Que pretendedes con esta medida?

Pois dar resposta a unhas das principais preocupacións manifestadas pola cidadanía. Somos moi conscientes de que o problema da corrupción non se vai resolver simplemente cunha normativa, senón cun cambio de cultura política e cun exercicio de exemplaridade por parte das persoas que representan á cidadanía.

E credes que chegará, finalmente, a ser debatida na Cámara?

O razoábel é ir pasiño a pasiño. Agora a Mesa do Parlamento decidirá se nos autoriza a recoller sinaturas. Se é así, dispoñeremos dun prazo de catro meses para conseguir un mínimo de 15.000 sinaturas. Chegado ese momento será no que se poda calibrar se será ou non debatida no Parlamento. Con todo, creo que non se entendería entre a cidadanía galega que esta proposta non chegase, cando menos, a ser debatida no Parlamento.

Houbo algún contacto con outras forzas parlamentarias para abordar esta cuestións?

Non, aínda non. Tampouco é o momento procesual. Se o Parlamento galego nos dá o visto e prace para a recollida de sinaturas, entón falaremos co conxunto da cidadanía e os seus axentes sociais, e non só cos grupos parlamentarios, cos que tamén falaremos, xa que unha medida destas características debería ser o froito dun acordo amplo, se non unánime, do conxunto da cidadanía galega e xa que logo, dos seus representantes.

E non cres que a erradicación da corrupción debe de ser un tema que una a todas as forzas políticas?

Si, claro, a toda a sociedade e, polo tanto, a todas as forzas políticas.

"Non todos os políticos son corruptos"

Ultimamente, política e corrupción están moi asociados. A imaxe do político está moi deteriorada. Non dá un pouco de vergoña dicir que un se dedica á política?

Si, certamente. Pero isto merece unha serie de matices. Primeiramente, está moi estendida a confusión entre a actividade partidaria e a actividade política, cando tamén hai moita política fóra dos partidos políticos. En segundo lugar, non todos os políticos son corruptos, de igual modo que non todos os políticos son iguais; quen afirme o contrario está claramente favorecendo á dereita, máis conservadora e permisiva con este tipo de condutas, desmobilizando ao electorado da esquerda e favorecendo a permanencia dos primeiros no poder. E terceiro, hai que devolverlle á política a súa concepción orixinal, máis republicana, a da cidadanía preocupada polo ben común e pola cousa pública; acaso hai algo máis nobre para un veciño ou veciña que loitar polo interese xeral da súa colectividade? Esa é a honorabilidade que hai que recuperar.

O outro día dicíame un veciño: "fóra con todos eles. Necesitamos xente nova". Cres que a rexeneración da política pasa por xente nova ou por novos xeitos de facer política?

Non creo que a idade teña que ser un factor necesario para a rexeneración; con todo, unha persoa que leva máis de 20 anos na primeira liña da actividade política dificilmente pode ser ningún sinónimo de rexeneración ou de novas formas de facer política. Pero tamén é certo que hai mozos moi carcas que non van ser identificados nunca coa renovación e a recuperación da política.

Logo das autonómicas do 21-O moitos pensaron que GxG desaparecía, pero aí está, e con máis forza, semella. Cal é a súa situación actual?

Para sermos sinceros, non tiven nunca a impresión de que houbera quen tivera a idea de que Compromiso desaparecería despois dos malos resultados as eleccións autonómicas. Máis ben recibín mostras de apoio e ánimo, sinalando que as “municipais son as vosas”, e que a nosa é unha forza política necesaria. E teño que engadir que unha boa parte dos que isto afirman son xente que recoñeceu abertamente que desta non votaron por nós.

Ao mesmo tempo tivemos un proceso constituínte o pasado 16 de decembro, que resultou impecable, no que nos configuramos como organización unitaria, e que na actualidade estamos a crear as Agrupacións locais e as comarcais, cun resultado ben satisfactorio.

Os ofrecementos de Beiras

Hai unhas semanas Beiras facía un chamamento a unha parte de Compromiso a integrarse en AGE. A que pensas que responde este convite?

Supoño que esta pregunta quen a pode responder é Beiras. El saberá por que o fai; probablemente teña moito que ver co pasado con anterioridade ás eleccións autonómicas e a búsqueda de autoxustificación. A estas alturas da película xa non é críbel un ofrecemento a unha parte, cando o que existe é un todo. Se quere falar, Compromiso por Galicia, ao completo e no seu conxunto, é unha forza política que acredita no diálogo con todo o mundo.

E logo de catro meses das eleccións, como ves o tensionamento da vida parlamentaria?

Nada que non se vira ao longo da década dos noventa. Mesmo creo que calquera analista un pouco avezado e cun mínimo de memoria darase de conta de que isto é a retroalimentación entre os polos opostos. Sabemos que agora hai unha pugna por liderar a oposición, na que Beiras leva vantaxe, ..., pero, con todo o respecto, non hai quen se visualice como alternativa de Goberno ao PP.

Unidade do nacionalismo

Tamén se abriron novos debates sobre a reunificación do nacionalismo. Cres que hai posibilidades nun futuro cercano ou haberá que agardar unha "longa noite de pedra"?

Nin unha cousa nin a outra. Primeiramente non creo que a unidade de todo o nacionalismo sexa algo positivo en todo momento e a calquera costa. A unidade implica a práctica duns valores democráticos, de fraternidade, de consenso, de amplitude ideolóxica. E hai ben tempo que non vexo, xa non digo esa práctica, senón nin tan sequera a mínima vontade. Con todo, aínda sendo moi cedo para falar de unidade, si vexo, na miña modesta impresión que AGE e o BNG se asemellan cada vez máis nas demandas, nas posicións políticas e nas formas de expresar a acción política. Porén, a alianza de Anova con IU dificulta esa posible unidade. Supoño que tamén haberá que ver como se encaran os sucesivos procesos electorais e se a alianza de AGE permanece no tempo.

Semella que o BNG vai cara o independentismo, que AGE aposta pola loita de clases. Ambas as dúas pugnan polos espazos de esquerda xunto co PSdeG. E cal é o espazo de CxG?

Compromiso por Galicia acaba de definirse como unha forza política galeguista, socialdemócrata e progresista. Xa que logo somos unha forza política que se manexa nos parámetros da esquerda moderada e do galeguismo posible. É Compromiso por Galicia quen se define a si propia e os nosos actos os que nos identificaran. Nós non imos ser o que outras forzas políticas queren que sexamos. Nós imos ser o que nós queiramos ser.

O centro, "un non espazo"

E pode ser a grande forza de centro nacionalista que moitos piden?

Eu non sei quen o pide e se son moitos ou poucos. Insisto en que vimos de definirnos nos parámetros que acabo de indicar. O centro en política é un non espazo, non existe como tal.

E hai espazo nesta forza para esa parte de Máis Galiza que quedou no BNG e que agora recelan da viraxe soberanista da UPG?

A resposta a esa pregunta é demasiado obvia: Compromiso por Galicia é unha forza política de portas abertas, que non lle pregunta a xente de onde ven, senón a onde quere ir. As afinidades entre Abrente e Compromiso son moitas. Con todo, cada quen ten os seus ritmos e os seus tempos, e decidan o que decidan sempre terán o respecto de Compromiso por Galicia.

Semella que o voso obxectivo son as municipais. Que agardades acadar neses comicios?

Poder consolidar a nosa proposta política. Estamos a asentarnos organizativamente no territorio e fica moito traballo por facer até chegar ás eleccións locais. En función de cómo vaiamos asentando Compromiso no País e desenvolvendo o noso traballo municipal, teremos máis claras uns obxectivos máis aproximados á realidade. Para empezar no noso Congreso fundacional decidimos dotar de máis capacidade de decisión ás Agrupacións locais e darlles máis protagonismo político e organizativo. Se somos quen de chantarnos a nivel local, poderemos dar máis pasos na construción da nosa proposta nacional.

jueves, 21 de febrero de 2013

Iniciativa Lexislativa Popular contra a corrupción



A formación galeguista Compromiso por Galicia, ven de presentar no rexistro do Parlamento de Galicia un escrito para a promoción dunha Iniciativa Lexislativa Popular de medidas de prevención da corrupción política, conforme o disposto no artigo 4 da Lei 1/1988, do 19 de xaneiro.

Ao acto acudiu o Secretario Xeral de CxG, Xoán Bascuas, xunto co resto de membros da Executiva Nacional, e tamén dos Coordinadores provinciais de CxG para que, en palabras de Bascuas “cumprindo os trámites legais, se admita a trámite esta iniciativa, para comezar logo a recoller cando menos as 15.000 sinaturas precisas para a toma en consideración no Pleno e subseguinte tramitación parlamentar”.

O dirixente galeguista cre que a corrupción en xeral, e nomeadamente a política, “é unha das cuestións que máis preocupan á cidadanía, e que contribúe á desafección e merma a calidade da nosa democracia”. Neste sentido, a presentación desta proposición de lei de medidas de prevención da corrupción política, “quere recoller esa preocupación, e non pretende resolver, castigar ou sancionar, senón prever”, aclara Bascuas. A iniciativa toma como referencia outras experiencias existentes noutras latitudes, e a propia proposta do Fiscal Superior de Xustiza de Galicia sobre a creación dun Consello de Prevención da Corrupción, figura esta xa existente noutros estados europeos.

Para finalizar, Xoán Bascuas cre que estas medidas deben vir acompañadas da “exemplaridade na conduta nos representantes políticos, e unha actuación pedagóxica orientada ao cambio dunha cultura política instalada no imaxinario colectivo”, así como do endurecemento do castigo a aqueles que non cumpren.




.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Cunqueiro articulista en galego


A Editorial Galaxia anuncia a publicación, no próximo mes de marzo, de 'O mundo que teño de meu', primeiro volume no que se reúne a obra de Álvaro Cunqueiro como articulista en galego. Neste libro recompílanse, por primeira vez, os artigos publicados antes da Guerra Civil en revistas como Vallibria e Nós e no xornal El Pueblo Gallego, amais dos publicados durante a posguerra en Nordés ou Grial, entre outras cabeceiras nas que tamén se inclúe A Nosa Terra. A carón deste, e tamén con edición a cargo de Henrique Costas e Iago Castro Buerger, anúnciase un segundo e derradeiro volume no que proximamente se han recoller os artigos publicados por Cunqueiro no Faro de Vigo. Os artigos reunidos en 'O mundo que teño de meu' abranguen cincuenta anos do século XX. As publicacións luguesas de vangarda acollen as primeiras letras de Álvaro Cunqueiro: as mindonienses Vallibria e Galiza —cabeceira dirixida polo propio Cunqueiro que se distinguiu doutras revistas vangardistas do seu tempo polo seu monolingüismo— e Yunque, dirixida por Ánxel Fole. Cabo destas publicacións aparecen as colaboracións de Cunqueiro en dúas cabeceiras que marcaron a nosa historia no primeiro terzo do século XX: A Nosa Terra e Nós. Mais o groso dos artigos desta etapa de preguerra publícaos en El Pueblo Gallego. Nos artigos publicados neste xornal entre 1934 e 1936, Cunqueiro non só se consolida como escritor nos medios de comunicación da época senón que se proxecta como o extraordinario narrador que vai ser, ben en artigos de creación cunha prosa poética sublime, ben con pasaxes narrativas e tamén coa aparición inicial dun xénero que logo fará moi de seu, o dos retratos. O maior número de artigos desta andaina, coa excepción dos publicados no Faro de Vigo, que por constituíren un corpus autónomo han ser obxecto dunha futura publicación en libro á parte, atópase noutro dos fitos que marcaron a lenta recuperación cultural en Galicia: a revista Grial. Na que se recollen páxinas cunqueirianas sobre Ossian e o Padre Sarmiento, Valle-Inclán e Esopo, Rosalía de Castro e Kafka, Otero Pedrayo e Shakespeare, a xénese da novela occidental e a necesidade de traducir para o galego, a nosa literatura medieval e o levantamento de 1846...  En 'O mundo que teño de meu' reúnese unha galería de autores, obras e historias que foron obxecto de estudo e reflexión por parte do escritor mindoniense e que axudan a comprender mellor o seu senlleiro mundo literario.

martes, 19 de febrero de 2013

Como curar a un fanático

Fragmento dun libro imprescindíbel. Hai pouco lin que o goberno sueco decidiu distribuilo masivamente nos centros de ensino de Suecia. Oxalá outros gobernos de aquí e de acolá seguiran o exemplo sueco. "Contra o fanatismo" é un libriño pequeno. Unha pequena grande xoia. Achega sentidiño e claves para afrontar un dos retos máis perigosos cos que temos que (mal)vivir. O fanatismo. Sexa este político, relixioso ou deportivo. Tanto ten. O dito. Aconsello ler e agasallar este libriño do mestre Amos Oz

 

Me temo que no sé exactamente cómo perseguir fanáticos por las montañas, pero puede que consagre una o dos reflexiones a la naturaleza del fanatismo y a las formas, si no de curarlo, al menos de controlarlo. Se trata de una lucha entre los que piensan que la justicia, se entienda lo que se entienda por dicha palabra, es más importante que la vida y aquellos que, como nosotros, pensamos que la vida tiene prioridad sobre muchos otros valores, convicciones o credos. La actual crisis del mundo, en Oriente Próximo, o en Israel/Palestina, no es consecuencia de los valores del islam. No se debe a la mentalidad de los árabes como claman algunos racistas. En absoluto. Se debe a la vieja lucha entre fanatismo y pragmatismo. Entre fanatismo y pluralismo. Entre fanatismo y tolerancia. El 11 de septiembre no es consecuencia de la bondad o la maldad de Estados Unidos, ni tiene que ver con que el capitalismo sea peligroso o flagrante. Ni siquiera si es oportuno o no frenar la globalización. Tiene que ver con la típica reivindicación fanática: si pienso que algo es malo, lo aniquilo junto a todo lo que lo rodea.

El fanatismo es más viejo que el islam, que el cristianismo, que el judaísmo. Más viejo que cualquier Estado, gobierno o sistema político. Más viejo que cualquier ideología o credo del mundo. El fanatismo es un componente siempre presente en la naturaleza humana, un gen del mal. La gente que ha volado clínicas donde se practicaba el aborto en Estados Unidos, los que queman sinagogas y mezquitas en Alemania, sólo se diferencian de Bin Laden en la magnitud pero no en la naturaleza de sus crímenes. Desde luego, el 11 de septiembre produjo tristeza, ira, incredulidad, sorpresa, melancolía, desorientación y, sí, respuestas racistas –antiárabes y antimusulmanas– por doquier. ¿Quién habría pensado que al siglo XX le seguiría de inmediato el siglo XI?

Mi propia infancia en Jerusalén me ha hecho experto en fanatismo comparado. El Jerusalén de mi niñez, allá por los años cuarenta, estaba lleno de profetas espontáneos, redentores y mesías. Todavía hoy todo jerosolimitano tiene su fórmula personal para la salvación instantánea. Todos dicen que llegaron a Jerusalén –y cito una frase famosa de una vieja canción– para construirla y ser construidos por ella. De hecho, algunos (judíos, cristianos, musulmanes, socialistas, anarquistas y reformadores del mundo) han acudido a Jerusalén no tanto para construirla ni ser construidos por ella como para ser crucificados o crucificar a los demás, o para ambas cosas al mismo tiempo. Hay un trastorno mental muy arraigado, una reconocida enfermedad mental llamada “síndrome de Jerusalén”: la gente llega, inhala el aire de la montaña y, de pronto, se inflama y prende fuego a una mezquita, a una iglesia o a una sinagoga. O si no, se quita la ropa, trepa a una roca y comienza a profetizar. Nadie escucha jamás. Incluso hoy, incluso en la Jerusalén actual, en cada cola del autobús es probable que estalle un exaltado seminario callejero entre gente que no se conoce de nada pero que discute de política, moral, estrategia, historia, identidad, religión y de las verdaderas intenciones de Dios. Los participantes en dichos seminarios, mientras discuten de política y teología, del bien y del mal, intentan no obstante abrirse paso a codazos hasta los primeros puestos de la fila. Todo el mundo grita, nadie escucha. Excepto yo. Yo escucho a veces y así me gano la vida.

Confieso que de niño, en Jerusalén, yo también era un pequeño fanático con el cerebro lavado. Con ínfulas de superioridad moral, chovinista, sordo y ciego a todo discurso que fuera diferente del poderoso discurso judío sionista de la época. Yo era un chico que lanzaba piedras, un chico de la “Intifada” judía. De hecho, las primeras palabras que aprendí a decir en inglés, aparte de yes o no, fueron British go home!, que era lo que los chicos judíos solíamos gritar a las patrullas británicas de Jerusalén mientras las apedreábamos. Tal vez sea hora de que toda escuela, toda universidad, organice al menos un par de cursos de fanatismo comparado, ya que surge por doquier. No me refiero sólo a las manifestaciones obvias de fundamentalismo y fervor ciego. No me refiero sólo a los fanáticos declarados, ésos que vemos al otro lado de la pantalla del televisor entre multitudes histéricas que agitan sus puños contra las cámaras mientras gritan eslóganes en lenguas que no entendemos. No, el fanatismo surge por doquier. Con modales más silenciosos, más civilizados. Está presente en nuestro entorno y tal vez también dentro de nosotros mismos.

¡Conozco a bastantes no fumadores que te quemarían vivo por encender un cigarro cerca de ellos! ¡Conozco a muchos vegetarianos que te comerían vivo por comer carne! Conozco a pacifistas (algunos de mis colegas del Movimiento de Paz israelí, por ejemplo) deseosos de dispararme a la cabeza sólo por defender una estrategia ligeramente diferente de la suya para lograr la paz con los palestinos. No estoy diciendo que cualquiera que alce su voz contra cualquier cosa sea un fanático. No estoy sugiriendo que cualquiera que manifieste sus opiniones vehementes sea un fanático. Digo que la semilla del fanatismo siempre brota al adoptar una actitud de superioridad moral que impide llegar a un acuerdo. Es una plaga muy común que, por supuesto, se manifiesta con diferentes grados. Un o una militante ecologista puede adoptar una actitud de superioridad moral que le impida llegar a un acuerdo pero causará muy poco daño si lo comparamos, digamos, con un depurador étnico o un terrorista. Aun más, todos los fanáticos sienten una atracción, un gusto especial por lo kitsch. Al mismo tiempo, descubriremos que, a menudo, los fanáticos son sentimentales sin remedio.

Un querido amigo y colega mío, el novelista israelí Sammy Michael, tuvo una vez la experiencia, que de vez en cuando tenemos todos, de ir en un taxi durante largo rato por la ciudad con un conductor que le iba dando la típica conferencia sobre lo importante que es para nosotros, los judíos, matar a todos los árabes. Sammy Michael lo escuchaba y, en lugar de gritarle: “¡Qué hombre tan terrible es usted! ¿Es usted nazi o fascista?”, decidió tomárselo de otra forma y le preguntó: “¿Y quién cree usted que debería matar a todos los árabes?” El taxista dijo: “¿Qué quiere decir? ¡Nosotros! ¡Los judíos israelíes! ¡Debemos hacerlo! No hay otra elección. ¡Y si no, mire lo que nos están haciendo todos los días!” “Pero ¿quién piensa usted exactamente que debería llevar a cabo el trabajo? ¿La policía? ¿O tal vez el ejército? ¿El cuerpo de bomberos o equipos médicos? ¿Quién debería hacer el trabajo?” El taxista se rascó la cabeza y dijo: “Pienso que deberíamos dividirlo entre cada uno de nosotros, cada uno de nosotros debería matar a algunos”. Y Sammy Michael, todavía con el mismo juego, dijo: “De acuerdo. Suponga que a usted le toca cierto barrio residencial de su ciudad natal en Haifa y llama usted a cada puerta o toca el timbre y dice: ‘Disculpe, señor, o disculpe, señora. ¿No será usted árabe por casualidad?’ Y si la respuesta es afirmativa le dispara. Luego termina con su barrio y se dispone a irse a casa, pero al hacerlo, oye en alguna parte del cuarto piso del bloque llorar a un recién nacido. ¿Volvería para dispararle al recién nacido? ¿Sí o no?” Se produjo un momento de silencio y el taxista le dijo: “Sabe, es usted un hombre muy cruel”. . 

jueves, 14 de febrero de 2013

Slowly. You Know...












Un ano exacto máis un día despois da saída de Esquerda Nacionalista do BNG e na que fora a primeira escisión do Bloque dunha serie posterior e que deu lugar a varias formacións. Aquel día hai un ano (máis un día) Esquerda Nacionalista decidiu disolverse e integrarse en +G (agora xa Compromiso por Galicia).

Pois xusto un ano despois deixanos por sorpresa Mavera. Xoán Manoel Rama Trillo. Coma pequeno homenaxe colgo aquí as únicas imaxes inéditas ate hoxe que teño daquela derradeira Mesa Nacional na que EN tomou a decisión de deixar por fin o Bloque e colgo tamén un artigo (grazas unha vez máis Mavera) publicado no ano 2007 no xornal El Correo Gallego e asinado por el. 

E non sei que dicir. Porque ela, a Morte, sabe que nunca será benvida, e sempre castígame deixándome sen palabras, só cun rebumbio de imaxes e lembranzas. De Memoria. 

Foron moitos anos de compartir moitas batallas perdidas, de compartir acertos e tamén erros.  Deica sempre Mavera. Slowly, You Know...

CARTA ABERTA A CARLOS AYMERICH

XOÁN MANOEL RAMA TRILLO* 

Prezado Carlos: Hai uns días lin no xornal semanario A Nosa Terra un artigo teu encamiñado ao compañeiro Pedro Gómez-Valadés e a súa ( mais tamén doutros compañeir@s do BNG, entre outros) Asociación de Amizade Galiza-Israel. Non querendo igual que ti entrar no conflicto palestino-israelí, aínda que si tendo unha posición persoal de apoio á resolución do conflicto, o antes posí bel, por acordo de ambas partes; xa que, desgraciamente, se converteu nun conflicto con demasiadas variábeis para dicer todo é negro ou branco; eles teñen que buscar o acordo, e nós apoialo, afastándonos de sermos máis papistas que o Papa (moi español, por outro lado). Semella que en algo andan e agardo que cheguen ao entendemento axiña e non devagariño, moitos sofren tal dilación. 

Carlos, noutros lugares do mundo hai multitude de conflictos, e con todo a nosa posición como BNG é e foi sempre apoiar e respectar o acordo entre as partes como mellor solución a ditos conflictos ( Ex. Euskadi- España, Irlanda- Gran Bretaña, Córsega-Francia ...). 

Mais vaiamos ao que quixera compartir contigo no tocante ao conflito Pedro Valadés. Como ben sabes, que che vou explicar... Es administrativista da Escola do Meilán Gil (Opus Dei), polo que non se che escapa a diferencia entre a forma e o fondo dos asuntos. Nas formas, até o de agora, "cero patatero", para aqueles e aquelas compañeiras da Asemblea de Vigo que tiveron o atrevemento de insultalo ( a Pedro ), vilipendialo, linchalo verbalmente... Claro, até aí chegaramos: asasino, impresentábel, "sionista" e un longo rosario de amábeis epítetos que prefiro non enumerar por pudor organizativo, chegando algún ao delirio pedindo que a bomba atómica do Irán se botase sobre o Israel para excelso balbordo e aplauso dos que estaban producindo semellante acto deleznábel, inxustificábel; agardo a dirección tome nota sobre semellantes feitos e aperciba seriamente a estes animados hooligans. O Guillerme axudou ao ambiente dun xeito irresponsábel, todos sabemos dos seus gostos, especialmente, no Berbés vigués, non sei como se atreve. Aos vellos do lugar recórdanos épocas pretéritas ás que xa tiñamos xurado non voltar. 

Incomprensibelmente os compañeir@s responsábeis da organización do BNG en Vigo deixaron facer ao seu antollo a estes compañeiros e compañeiras en pleno aquelarre, logo de ser aprobado un acordo entre as partes en conflicto, ratificado tanto polo Consello Comarcal como pola Executiva Nacional do BNG 

Dentro das formas, se a apertura de expediente fose adiante, agardo así non sexa, polo ben de tod@s e do BNG no seu conxunto...; se fose adiante, digo, espero e coincidirás comigo se nomee un xuíz instructor do caso, un secretario... ( independentes, quero dicer limpos con criterio e coa mans brancas) e se lle dean (a Pedro) todas as medidas garantistas que todos os demócratas queremos para nós. Abundo nisto porque aínda hai pouco o Consello Nacional expulsou a un compañeiro -do Ferrol , lembro- sen a máis mínima, só tivo a contestación da man erguida; non sei como se pode alzar a man tan alegremente, e sen remorsos de conciencia. Vaia papel para a Comisión de Garantías. Bon, xa veremos. 

Dentro do fondo direiche e tamén concordarás comigo que o BNG está composto por unha policromía de ideoloxías, a grande maioría no mundo da esquerda, desde a socialdemocracia até o comunismo -con diferentes matices-. Así tamén os liberais. Mais tamén dentro das organizacións sociais nos topamos cun simpar de compañeiros e compañeiras próximas a elas ou os seus pensamentos que terían cabida ou non na nosa organización segundo quen observe as súas actitudes, temos policías nacionais, temos policía local, membros e parentes do Opus Dei, temos proiraquís, temos proiranís, temos proisraelitas, temos propalestinos, temos procubanos, temos profranceses, temos proportugueses, temos curas, temos cristiáns, temos membros de CCOO, temos heterosexuais, temos homosexuais, temos do Madrid, temos do Barcelona, temos, temos , temos... case de todo. 

Entendo queremos, entre tod@s construír o noso pobo como persoas libres, que poidan discutir e formarse e informarse libremente, meu amigo Carlos, niso cremos.
Carlos, non dubido de que se este sen sentido camiña cara a diante como xa camiñaron moitos outros antes do nacemento do BNG e despois do nacemento do mesmo ( hai pouco, defenestrar ao Manolo Portas con razón ou sen ela mais con moitos... alzando a man e outros acochándose nas silveiras ), mais sempre dentro do noso amado nacionalismo galego, sexamos garantes dun proceso impío e cristalino, mellor non for, mais se for, Xustiza, que menos pedir, verdade amigo Carlos.
(*) Membro do consello nacional do BNG

jueves, 7 de febrero de 2013

La escritura o la vida


"Jorge Semprún conoció al diablo de verdad. Y sobrevivió al olor nauseabundo del infierno. Allá, en Buchenwald. Antes de despedirnos le doy las gracias por haber escrito La escritura o la vida, ese conjuro contra el olvido. Dios le bendiga". Manuel Rivas

viernes, 1 de febrero de 2013

Mellor video científico 2012

O mellor vídeo científico do ano 2012 no mundo, está producido en Barcelona e amosa cómo funciona o corazón humano. Foi realizado no Barcelona Supercomputing Center