"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 21 de septiembre de 2008

Adeus Richard Wright...


Wish You Were Here

Así que cres que podes distinguir
o paraíso do inferno,
ceos azuis da dor?
Podes diferenciar un campo verde
dun frío riel de aceiro?
Un sorriso dun veo?
Cres que podes distinguilos?
E fixéronche cambiar os teus heroes por pantasmas?
Cinzas quentes por árbores?
Aire quente por unha brisa fresca?
Un triste consolo por algo de diñeiro solto?
E cambiaches
un papel de figurante na guerra
por un papel de protagonista nunha gaiola?
Como me gustaría que estiveses aquí.
Non somos máis que dúas almas perdidas nadando nun acuario,
ano tras ano,
correndo sobre o mesmo vello chan.
E que atopamos?
Os mesmos vellos medos.
Gustaríame que estiveses aquí.

Si, os mesmos vellos medos de sempre. Adeus Richard Wright.

No hay comentarios: