"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 10 de septiembre de 2008

"Querido diario español..."


Durante a rodaxe de Vicky Cristina Barcelona, Woody Allen escribiu un diario para The New York Times. Titulouno Dear Spanish diary... Love, Woody Allen (Querido diario español... Con agarimo, Woody). Éstas son algunhas das súas anotacións.


-2 de xaneiro. Recibín unha oferta para escribir e dirixir unha película en Barcelona. Teño que ser precavido. En España fai moito sol e eu son pecoso. O diñeiro non é moito.


-5 de marzo. Reuninme con Penélope Cruz e Javier Bardem. ela é arrebatadora e máis sexual do que imaxinaba. Durante a entrevista, os meus pantalóns botaban lume. Bardem é un deses actores de xenialidade desbordante que claramente necesitan a miña man dura.


-2 de abril. Ofrecinlle un papel a Scarlett Johansson. Antes de aceptar, dime que o guión debe ser aprobado polo seu axente e pola súa nai. Logo terá que aprobalo o axente da súa nai. En plena negociación, cambia de axentes. Ten talento, pero dá moito traballiño.


-15 de xuño. Rodei unha tórrida escea de amor entre Scarlett e Javier. Hai uns anos interpretaría eu o seu papel. Cando llo dixen a Scarlett, soltou un enigmático "uh-huh". Scarlett chegou tarde ao set e rifeina..., explicándolle que non tolero atrasos dos meus actores. Escoitou con respecto, aínda que me pareceu que mentres eu falaba, ela acendeu o seu iPod.


-3 de xuño. Scarlett veu hoxe cunha desas preguntas que fan os actores. "Cal é a miña motivación?". Dei un respingo: "O teu salario".


-15 de xullo. Outra vez tiven que axudar a Javier coas esceas de sexo. A secuencia require que el agarre a Penélope Cruz, lle arrínque a roupa e a arrastre á cama. Gañou un Óscar e aínda necesita que lle aprenda a interpretar unha paixón. Agarrei a Penélope e arrinqueille a roupa sen saber que aínda non se modara e que era o seu caro vestido o que mutilara.


-10 de agosto. Escea emocional de Javier. Tiven que darlle unhas pautas. Mentres me imita, todo vai ben, pero no momento en que tenta a súa propia actuación, pérdese. Entón solloza e pregúntase como sobrevivirá cando xa non lle dirixa eu. Tento explicarlle con educación e firmeza que debe facelo o mellor que poida sen min e que debe tentar recordar os meus consellos. Sei que o animei, porque ao deixarlo no seu camerino escoitei as súas risas e as dos seus amigos.

No hay comentarios: