"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 2 de septiembre de 2008

Philippe Halsman e Salvador Dalí...

Philippe Halsman (1906-1979) foi un fotógrafo xudeu, nacido en Letonia que fuxiu aos Estados Unidos tras a invasión de Francia polas tropas nazis. Coñeceu a Salvador Dali en 1941 e principiaron unha grande amizade e colaboración artística que durou máis de 30 anos, a cal produciu unha grande cantidade de retratos fotográficos extravagantes ou surrealistas do xenio catalán. Na súa autobiografía "La vida secreta de Salvador Dalí", escrita en 1941 e publicada en 1942, apareceu o primeiro retrato realizado por Halsman. Eis algúns dos retratos tirados por Philippe Halsman.







No hay comentarios: