"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 8 de septiembre de 2008

A Casa da Cascada...


A casa da cascada é unha preciosa animación en 3-D de Cristóbal Vila. Esta famosa Casa da Cascada ou Casa Kauffman, considérase a obra cumbre do arquitecto estadounidense Frank Lloyd Wright. En palabras do propio Cristóbal:

"Con este proxecto de animación en 3-D tratei de comprender, e a súa vez explicar, como foi construída esta casa, mostrando a súa estrutura interna e ofrecendo uns puntos de vista non tan coñecidos ou divulgados (…) Se a casa tivera 13 ou 14 años pareceríame unha construcción moi moderna, case que futurista; despois sorprendeume averiguar que data dos anos trinta do século XX".

A Casa da Cascada (en inglés: Fallingwater) é un dos fitos principais da arquitectura do século XX. Está situada en Bear Run, Pensilvania (USA) e foi rematada no ano 1939. Frank Lloyd Wright (1876-1959) está considerado por moitos autores como o mellor arquitecto estadounidense, e a súa "casa da cascada" a súa obra mestra. Chamada "a residencia máis famosa que se teña construido", a AIA (American Institute of Architects) xulgouna coma "o mellor traballo dun arquitecto estadounidense". Deseñada entre 1934-1935 e construída durante os anos 1936-1937 foi a casa de campo para Edgar Kaufmann. Hoxe en día Fallingwater é un monumento nacional en Estados Unidos que funciona coma museo e pertence ao Western Pennsylvania Conservancy. Fallingwater segue os principios da chamada "Arquitectura orgánica" . Básicamente consiste en integrar nunha unidade (edificación) os factores ambientais do entorno. Existen varias anécdotas sobre a construcción de Fallingwater; a localización preferida dos Kaufmann na súa finca de veran estaba situada fronte á fervenza formada polo riachuelo "Bear Run". Despois dun par de visitas ao lugar, propoñer e ser aceptada a construcción enriba da fervenza, e nove meses "sen tocar un lápis", Frank Lloyd Wright "xerminou" o proxeto na súa cabeza. Cando Edgar Kaufmann anunciou a súa visita, Wright sentouse e debuxou o primeiro boceto da casa e os planos en moi poucas horas. Wright comentoulle a Kaufmann "...foi deseñada para a música da cascada... para quen guste de escoitala". O son do auga percibese desde calquera lugar da casa.

No hay comentarios: