"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 28 de abril de 2013

O minarete xa non está



Hai uns días soubemos da destrución en Siria dun minarete do século XI. Cando a diario están a morrer decenas e mesmo centenares de persoas na guerra civil siria, pode parecer unha frivolidade reparar na destrucción dun minarete. Mais se serve para redirixir un pouco a mirada cara a unha guerra silenciada onde a tendencia ao fatalismo, a resignación, o cansazo e a indiferenza é cada vez maior pode que a destrucción do minarete teña cando menos a utilidade da denuncia dunha sanguenta guerra (in)civil na que en só dous anos morreron moitas máis persoas que en todas as guerras árabes-israelies desde o ano 1948. A diferenza de atención mediática é tan abismal que non é nin preciso buscarlle explicación… O minarete da Gran Mesquita de Aleppo construído no século XI era patrimonio da Humanidade e agora é só un monte de cascallos, O Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos indicou que o derrube foi provocado polos continuos enfrontamentos nos arredores da mesquita. As dúas partes cúlpanse mutuamente do derrube. A oposición afirma que un tanque do exército sirio disparou un proxectil que destruíu totalmente o minarete. Mentres que a axencia oficial de noticias, responsabilizou pola súa banda á oposición. O único realmente certo é que o minarete xa non está.

domingo, 21 de abril de 2013

Están seguros os nosos cartos?



Mañá martes día 23 de abril ás 20:00 horas en Vigo unha moi interesante Conferencia-coloquio: "Están a salvo os nosos cartos?: Crise Bancaria, Aforro e Produtos Financeiros​" Na mesma participarán Manuel González López. Profesor doutor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e Xoán Antón Pérez-Lema. Avogado e representante de AGAPROFI (Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros). A conferencia será no Auditorio da antiga Reitoría (rúa Areal, 46)

Lembrar que Xoán Antón Pérez Lema ven de gañar o primeiro xuizo de anulación de preferentes na provincia da Coruña. A sentenza declara a nulidade do contrato de adquisición de participacións preferentes Novacaixagalicia na contía de 28.000 euros, e na sentenza o Xulgado decretou a nulidade do contrato e, xa que logo, condenou á citada entidade bancaria a devolver á demandante os citados 28.000 euros, máis os xuros legais que correspondan, incrementados en dous puntos. 

Tal é como están os tempos é indibid´ñabel que a conferencia e posterior coloquio pode ser de grande interese práctico para coñecer un pouco máis da situación actual do sector financeiro

domingo, 14 de abril de 2013

Manuel Fraga e os xudeus

 
Manuel Fraga pronunciou en 1971 o pregón de Semana Santa en Zamora, que foi publicado polo diario local El Correo de Zamora e polo xornal Informaciones (Madrid, 4 de abril de 1971), no que dixo literalmente:
"La lección terrible de la Semana Santa debe ser nuevamente revalorizada y asimilada: los judíos prefirieron la injusticia al desorden, el inmovilismo a la esperanza y al milagro, el egoísmo a la caridad y aún no han terminado de expiar la sangre caída sobre ellos y sobre sus hijos".

viernes, 12 de abril de 2013

Actúa Beiras na casa común...



Non falarei por evidente, de que se un xefe de goberno, en calquera parte do mundo democrático aparece fotografíado na compaña dun delincuente, este gobernante debe dar moitas, clariñas e rotundas explicacións. E chegado o caso, depurar responsabilidades (se houber). Acho que nisto todos estaremos dacordo, estou certo de que incluso os propios compañeiros de partido do gobernante fotografiado, aínda que loxicamente non o poden así manifestar en voz alta.

Repararei só, nada máis e nada menos, no patético, triste papelón da oposición no noso (tamén noso) Parlamento de Galicia. Que Xosé Manuel Beiras non é un político, no bo sentido da palabra, é algo que todos os que o coñecimos no BNG temos claro. Beiras é un actor, en exceso histriónico, repetitivo, e cun ego máis grande que a casa grande do galegos. Ver, escoitar a súa intervención hai uns días no pleno das “fotos douradas” é, ademais dun exercicio desde logo pouco woodysta, a demostración definitiva do que veño de dicir. 

Por moito que berre, chore ou ladre, as súas palabras soan ocas. A posta en escea, a teatro. Creolle si, por suposto, cando di estar doído polas mortes que a droga provoca e provocou, Sería desde logo unha mala besta de non estar doido.

Mais pregúntome por que non lle doeron entón hai só uns días, os millóns de europeos gaseados, cremados nos campos de experminio nazi? Como é que a morte brutal de centos e centos de galegos republicanos e galeguistas nos campos de Mauthausen, de Gusen ou Buchenwald...deixan a súa señoría indiferente? 

Estamos lamentablemente nunha lexislatura perdida. Carísima, pagada por todos e todas nós, pero perdida. O goberno seguirá no seu papel, onde a grande maioría dos galegos o colocaron, faga ben ou faga mal, e a oposición (con perdón) seguirá perdendo o tempo e gañando os cartos sen achegar case nada. Nin propostas, nin iniciativas útiles, nin intelixencia, nin tan sequera sentido común. 

Como dicía o inesquecíbel poeta verinés Xaime Noguerol...”que tristeza o cerebro”...

domingo, 7 de abril de 2013

Novo libro de Jaime Vandor



Jaime Vándor*, naceu en Viena un 26 de febreiro de 1933, un día antes da queima do Reichstag alemán. Como consecuencia da anexión de Austria polo Terceiro Reich, toda a súa familia, tivo que fuxir a Hungría. En 1940, o seu pai emigrou a España coa esperanza de poder reunirse alí máis adiante coa súa muller e os seus dous fillos; con todo, o peche das fronteiras impediuno e eles tres tiveron que ficar en Hungría, amoreados no chamado gueto de Budapest. En 1944 os alemáns ocuparon Hungría e miles de persoas foron deportadas aos campos de exterminio, entre elas grande parte da famila dos Vándor. 

Jaime, a súa nai e o seu irmán esquivaron este destino grazas á actuación do embaixador español en Hungria, Angel Sanz Briz, quen ignorando as autoridades filonazis franquistas e a súa complicidade co goberno alemán, arriscou a súa carreira e conseguiu salvar da deportación a máis de 5.200 xudeus refuxiados nas dependencias da  Embaixada de España. Despois de moitas vicisitudes, no ano 1947, xa en plena posguerra española, o tres conseguiron chegar finalmente a Barcelona onde desde aquela traballou e viviu ate hoxe. Jaume Castro mantén neste libro unha intensa e reveladora entrevista con Jaime Vándor. O lector de hoxe sentirase inevitabelmente conmovido pola traxectoria vital do protagonista. O libro escrito orixinalmente en catalán, está tamén xa publicado en español. Pódes ler  un texto do libro AQUI:

EDITA             VIENA EDITORIAL 
AUTOR Jaime Vándor
PÁXINAS   128
PVP   16,00  €
ISBN   978-84-8330-724-3

* Jaime Vandor é socio de Honra de AGAI e autor do texto da Declaración Institucional en Memoria do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, aprobada polo Parlamento de Galicia nos anos 2010, 2011 e 2012 e vetado de xeito inxustificábel no ano 2013 polos grupos do BNG e AGE (Anova+IU).

lunes, 1 de abril de 2013

Per als meus amics catalans. Para os meus amigos cataláns



ALS SEUS SENYORIES NO ELS MOLESTA EL FUM
Pedro Gómez-Valadés

Després de tres anys consecutius en els que el Parlament de Galícia va commemorar amb una declaració institucional el Dia Internacional del Record de les Víctimes de l’Holocaust, aquest any la cambra gallega ha dit no. No a l’aprovació d’una modesta i senzilla declaració institucional amb la que el nostre parlament afegiria la seva veu a la memòria dels que tan sols tenen això. La nostra memòria.

Milions d’assassinats en la barbàrie nazi potser no són suficients per a que algunes senyories diputats i diputades facin un exercici de record i homenatge. Ni intenten justificar allò injustificable, curulls com estan de la supèrbia de la desraó.

Incomprensible en especial l’actitud del BNG que a un text idèntic, paraula per paraula del que sí que es va aprovar amb el seu vot favorable els anys 2010, 2011 i 2012 ara, en la seva carrera sabran ells cap a on, veten, juntament amb AGE la possibilitat d’aconseguir la unanimitat reglamentaria necessària per a que el Parlament pogués emetre una declaració.

Veuran els seus senyories d’AGE i del BNG en el seu veto una victòria? De què? Per què? Per fer què? Perquè el que jo veig és només una desfeta sense pal•liatius de la dignitat d’una institució. Perquè la responsabilitat directa d’aquesta disbauxa recau damunt dels que veten, però la seva actitud embruta a tota una institució que ens representa a tots els gallecs i gallegues. I amb actituds que, m’atreveixo a qualificar de miserables, no es pot aspirar a construir res de positiu.

I miserable és ignorar i menysprear a milions de víctimes de la negra marea que va assolar Europa als anys quaranta del segle passat. Miserable i indecent (així ho sento i així ho escric) és el trepitjar la memòria de centenars de gallegues i gallecs, republicans i galleguistes, morts als camps de l’horror nazi.

Als seus senyories no els molesta el fum. El fum gris de les xemeneies d’Auschwitz o de Treblinka, de Mauthaussen o de Buchenwald. Esperem que el proper any el sentit comú i la dignitat tornin al nostre Parlament i situï el seu nom una altra vegada al mapa de les institucions europees que recorden cada 27 de gener, per mandat de les Nacions Unides, que una vegada no fa pas tant, unes negres xemeneies negres van ser protagonistes de la nostra història com a europeus i com a éssers humans. Esperem que el proper any, el far del fum gris d’aquestes xemeneies no ens confongui de nou.

Euskal herriko lagunentzat. Para os meus amigos bascos


JAUN-ANDRE HORIEI KEAK EZ DIE KALTERIK EGITEN.
Pedro Gómez-Valadés

Azkenengo hiru urte hauetan Galiziako Parlamentuak Holokaustoaren Oroipeneko Nazioarteko Eguna ospatu du deklarazio instituzional bat onartuz. Baina aurten, Parlamentuan deklarazio hau ez egitea erabaki da. Aurten deklarazio apal eta sinpleari uko egin zaio. Hau memoriaren aurkako kolpe bat izan da. Gure memoriaren aurkako erabakia izan da.

Parlamentari batzuek erabaki dute omenaldirik gabe uztea naziek erahildako miloika pertsonek. Parlamentari horiek justifikaezina dena ez dira ezta justifikatzen saiatu. Hauxe, beraien bidegabekeria eta urguiluaren ondorioa izan da, dudarik gabe

Batez ere ulertezina da BNGren jarrera, 2010, 2011 eta 2012 urteetan testu berbera onartu baitzuen eta orain, aldiz, ez. Beraiek jakingo dute nora doazen. Orain AGErekin batera betoa erabili dute, Parlamentuko erreglamenduak ezartzen duen baldintza deklarazioa ahobatez ez onartzeko.

AGE eta BNGeko diputatuek uste izango dute beraien betoa garaipen bat izan dela? zerena? zergatik? zertarako? Nire ustez erakunde baten duintasunaren porrota izan da.

Zentzugabekeri honen erantzukizun zuzena eta bakarra betoa jarri dutenena da, baina jarrera horrek kalte egin dio galiziar guztiak ordezkatzen dituen erakundeari. Gainera, halako jarrera miserableekin, ezin da ezer positiboa eraiki.

Miserablea da ere, arbuiatzea eta ez kontuan edukitzea, Europan 40ko hamarkadan uholde beltza horretan egondako biktimak. Miserablea eta lotsagarria ( horrela sentitzen dut eta horrela idazten dut). Ehunkada galiziar , errepublikarrak eta abertzaleak hil zituzten naziek kontzentrazio-esparruetan eta aurten haien memoria zapaldu da.

Parlamentari hauei kea ez zaie axola. Auschwitz. Treblinka, Mauthausen edota Buchenwaldeko ke grisak ez die kalterik egiten. Hurrengo urtean, duintasuna eta sen ona Galiziako Parlamentura itzuliko direla espero dugu eta Europako beste erakundeetan gertatzen den bezala, NBEren mandatua jarriatuz deklarazioa onartuko dela. Datorren urtean, tximinietako ke grisak parlamentari hauek ez duela itsutuko espero dezagun.