"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 25 de enero de 2015

Samil, Samil...


A propósito de Tsipras e a ortodoxia


Alexis Tsipras, líder do partido grego Syriza e gañardor hoxe das Eleccións parlamentarias. libera unha pomba xunto ao Arcebispo Ieronymos durante a cerimonia litúrxica para celebrar a Epifanía ortodoxa que tivo lugar a primeiros do ano que andamos.

sábado, 24 de enero de 2015

O cú de Mahoma, según Robert Crumb

"Entón pensei: Ben, son un debuxante covarde... E como debuxante covarde non podo facer algún comentario simplista, teño que facelo como burlándome de min mesmo. Así que en lugar de debuxar a faciana de Mahoma debuxei o seu cu. Pero entón díxenme: "En realidade, este é o cu do meu amigo Mohamid Bakhsh, que é director de cinema nos Angeles". Robert Crumb, en homenaxe aos seus colegas de Charlie Hebdo



viernes, 23 de enero de 2015

Conferencia de Ramón Villares (Consello da Cultura Galega) - Día Internacional de Recorda das Vítimas do Holocausto


Foi no ano 2005 cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas estableceu o 27 de xaneiro como Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Porque foi nun días coma ese de 1945 cando as tropas do exército soviético liberaban o campo de exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Este campo a día de hoxe é o Memorial e Museo máis visitado de Polonia (perto de 2 millóns de visitantes no ano 2014), e este mes o Museo, para conmemorar o 70 aniversario da súa liberación, creou o mapa virtual do recordo, onde figuran eventos que terán lugar por todo o planeta para manter a memoria das vítimas que non teñen tumba nun período escuro da historia da humanidade. 

O Concello de Moaña a iniciativa de AGAI sumouse con entusiasmo a esta fermosa iniciativa, cunha conferencia do profesor Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e a participación ao seu carón de Annia Herszowski, sobrevivente do Holocausto e Francis Papiernik-Woalanowsky, filla de sobreviventes que residen aquí en Galicia. O acto principal será o venres 30 ás 20:00 horas no Salón de Plenos, mais durante toda a semana proxectaranse dous testemuños realizados por Oscar Galansky en horario continuado dende as 17:00 ás 19:30. 

A asistencia ao acto é libre


70 ANIVERSARIO DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ from on Vimeo.

lunes, 19 de enero de 2015

A fronteira dun selfie


A propósito da polémica orixinada polo selfie no que aparecen xuntas entre outras miss Líbano e miss Israel, dicir que non é a primeira vez que dúas representantes de Israel e Líbano pousan xuntas como podemos ver nas fotos que corresponden aos anos 1955 e 1993 respectivamente. Por outra banda salientar a resposta (valente) de miss Exipto, quen decidiu pousar coa rapaza israelí. Unha imaxe que xenerou un grande impacto en Israel, onde a instantánea foi cualificada coma “un exemplo”. Tamén reaccionou por exemplo miss Francia. Insisto que non critico a rapaza libanesa, só reflexiono en voz alta sobre como pode chegarse a estes extremos de fanatismo tan ridículos. Ainda que tamén é certo que os fanatismos non teñen nin sentido do ridículo nin límite extremo.



miércoles, 7 de enero de 2015

Comunicado de Condena de CxG do atentado islamista


Eu son Charlie Hebdo

 
Cando hoxe á tarde prendín o móbil tiña unha escueta mensaxe de whatsapp na que un amigo dicíame: “Terrível Pedro. Triste dia hoje”. E no que primeiro pensei non foi nun problema de saúde, familiar ou laboral seu, non. No que ao momento pensei foi precisamente nun atentado terrorista.
 
Este é o drama, que xa non nos sorprende, que o esperamos, que sabemos que é cuestión de tempo, lugar e oportunidade para que volva a suceder, que sabemos que temos diante nosa, un gravísimo problema non só de seguridade senón de liberdades públicas e democracia.
 
Quen queira ver nas miñas palabras o máis mínimo contido islamófobo ten un moi grave problema. Porque sei distinguir e distingo entre o cidadán que cre nunha fe e o asasino terrorista que non cre que eu, nin ti, teñamos o máis mínimo dereito á vida por non aceptar a súa ideoloxía totalitaria, fanática, expansionista e xenocida. 
 
Resolver un problema implica como condición sine qua non que debemos antes recoñecer que o padecemos. Logo virán as accións de todo tipo para tentar resolvelo. 
 
Que a democracia e o integrismo islámico son absoluta e radicalmente incompatibles é algo que non é unha afirmación tremendista miña, é algo que eles mesmos a diario insisten en demostrar coa maior brutalidade e salvaxismo posíbel.
 
Evidentemente non só o islamismo é incompatible coa vida en democracia e liberdade, outras ideoloxías como o nazismo ou o estalinismo son frontalmente contrarias aos valores que como demócratas e cidadáns libres debemos defender para nós e para todo o planeta. Mais a gravísima ameaza actual que sufrimos, que un día actuou en Atocha, coma hoxe en París e podería actuar calquera día de novo en calquera lugar ten un nome moi concreto: islamismo.
 
O meu máis sentido pésame aos 12 mortos hoxe na redacción de Charlie Hebdo. Culpables de exercer e defender sen medo a nosa/súa/vosa liberdade de expresión e de opinión. Alicerce de todas as liberdades.

lunes, 5 de enero de 2015

O meu forte




Hoxe día de Reis, quero dedicar unha lembranza moi especial ao que fora o meu agasallo favorito de infancia, e que finalmente perdido no implacábel combate co tempo desaparceu non sei cando e sen deixar rastro. Agardo si, que estea onde estea o meu benquerido forte de mil e unha historias e batallas, siga a cumprir fielmente a súa noble misión de protexer as damas que viaxan nas caravanas por terras abertas, inhóspitas e salvaxes.