"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 29 de febrero de 2016

Koop

Koop é unha banda (duo) sueca que mestura o jazz coa música electrónica. Deixovos aquí un tema ideal para quecer unha fría noite de venres.
.

sábado, 27 de febrero de 2016

Rita e Iñaki



Se tivera que cualificar a intervención de onte no xuizo de Iñaki Urdangarín sen dúbida diría que "patético".
E se tivera que facer o propio para coas palabras de Rita Barberá na rolda de prensa do pasado mércores diría que "incríble". Incrible porque é imposible que alguén no seu posto non tivera nin coñecemento nin sequera sospeita de ningunha irregularidade. Absolutamente imposible.
Desde logo non me extraña que a propia Andrea Levy pedira elegantemente a súa dimisión.

martes, 23 de febrero de 2016

O meu outro 23 de febreiro

Cousas da vida, pero para min os 23 de febreiro de cada ano desde un xa lonxano 1983 serán por sempre o día no que moi antes de tempo marchou Sofía.
E tamén cada ano que da volta ao calendario sinto a tristura de pensar cantos aniños de vida perdiches mamá. Un bico





sábado, 13 de febrero de 2016

Jessica Jones

Desde os tempos de "Frasier", "Seinfeld" ou "Friends" non volvera eu a prestar moita atención ás series de televisión, "Homeland" foi a responsábel do meu reenganche. Seguiron logo a fantástica "The Honourable Woman", a impresionante "The Americans", a maquiavélica "House of Cards" e a nostálxica "Deutschland 83". 

E así seriando cheguei -confeso que por eliminación- a "Jessica Jones". Unha sorpresa maiúscula. "Jessica Jones" está baseada nunha historia de comic da factoría Marvel, e son trece episodios que enganchan. De personaxes con forte personalidade, con guión e con atmósfera. 

"Birch Street,
Higgins Drive, 
Cobalt Lane".

viernes, 12 de febrero de 2016

Galanos dende Viena

Noite e neve branca, ceo azul pálido de inverno sobre o Prater. Dous fermosos galanos chegados nunha aperta dende Viena



jueves, 11 de febrero de 2016

Dúas recomendacións literarias

Dúas recomendacións literarias:
“Ejercicios de supervivencia” de Jorge Semprún en Tusquets (2016) e “Alá en París” de Gabriel Albiac en Confluencias (2016). 
Dous orfebres da palabra e dúas mentes privilegiadas, imprescindibles. Que sería de nós sen eles


jueves, 4 de febrero de 2016

Hadar Cohen Z"L


Mentres as autoridades e a sociedade palestina non condene, non rexeite nidia e radicalmente o terrorismo -sinto ter que dicilo- mais non hai nada que facer. Nada. Mentres esa postura clara da AP non se produza, a sociedade israelí vivirá obrigatoriamente á defensiva. E será un estéril engano pensar no posíbel reinicio das conversas de paz entre israelís e palestinos.

Porque o prioritario para calquera Estado que teña que render contas aos seus cidadáns, é tentar garantir o seu lexítimo dereito á vida. E a actual onda terrorista palestina que leva provocado perto xa de medio cento de vítimas a súa inmensa maioría civís, anula calquera posibilidade realista de achegamento e de avance cara a imperiosa necesidade de atopar pontes que conduzan, máis cedo que tarde, a resolución do conflito coa fórmula que todos xa ben sabemos: Dous Estados nacionais para Dous Pobos. Un Estado xudeu para Israel e un Estado árabe para Palestina. Este é o resultado que resolverá o nó do conflito, mais as fórmulas para poder aplicalo fican cegadas mentres unha mínima confianza vital non impere entre as partes.

Quen pense que o problema pode resolverse por exemplo chantaxeando a Hierro para que non vaia adestrar a Israel, ou boicoteando cultural, económica, deportiva, politicamente aos cidadáns israelís, e que pense que así vaise conseguir algún avance na procura dunha paz xusta entre as partes, ou ben vive na irrealidade, ou ben realmente non ten interese en colaborar e contribuir na pacificación, só ten interese na revolta e nos neopogrom antixudeus.
Onte unha rapaza israelí, Hadar Cohen, de 19 anos, xunto con outra compañeira que está ingresada en estado moi grave, conseguiron evitar na entrada da Cidade Vella de Xerusalén unha brutal masacre planificada por tres terroristas palestinos que armados con fusiles, chalecos explosivos e machetes, pretendían perpetrar un novo acto de yihad contra os centos de civís que a esas horas entran e saen pola fermosísima Porta de Damasco da Cidade Vella de Xerusalén.

Hadar Cohen faleceu vítima das múltiples feridas que sufriu ao interpor literalmente o seu corpo entre os terroristas e os peóns que fuxían aterrorizados do lugar.

Hai persoas que merecen da nosa gratitude aínda que por vivir e morrer a milleiros de kilómetros de distancia poida parecer que o noso xesto é superfluo ou innecesario.
Hadar Cohen é sen dúbida unha delas. Imposíbel saber cantas persoas hoxe viven grazas a súa valentía, intelixencia e xenerosidade. Hai unha sentenza xudía que di que quen salva unha vida salva un mundo enteiro. Hadar Cohen é unha desas boas e xenerosas que engrandecen a malpocada condición humana.

E dende Galicia, a unha grande distancia física, pero tamén a unha grande cercanía humana, quero enviarlle aos familiares e amigos e a propia Hadar o meu recoñecemento.

Un bico Hadar

lunes, 1 de febrero de 2016

Heroes Animados en Vigo

Interesante exposición en Vigo no Garcia Barbón. Por certo, habería que reivindicar a volta ao seu nome orixinal: Garcia Barbón. Porque o de "Teatro Afundación de Abanca" é absolutamente indixerible