"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 12 de septiembre de 2008

Fernando Botero en Vigo...








Será sen dúbida unha das citas culturais do ano en Vigo e durante tres meses. A exposición de Caixa Galicia será unha das grandes citas culturais do ano, xa que "Fernando Botero. Abu Ghraib-El circo" no só presenta dúas das mellores e máis recentes series plásticas do creador colombiano, senon que supón un importante volume de obra de grandes dimensións, que ocupará os dous andares da Casa das Artes durante tres meses. Serán un centenar de obras -debuxos e pinturas- do artista Fernando Botero (Medellín, Colombia, 1932) a partir do 5 de novembro e até o 1 de febreiro. O propio artista confirmou a súa presenza na inauguración desta mostra. "Fernando Botero. Abu Ghraib-El circo" presenta dúas series recentes do pintor e escultor colombiano- "Abu Ghraib" e "Circus"-, que chegarán a Vigo directamente desde o Institut Valencia de Art Modern IVAM, onde esta exposición permaneceu aberta do 20 de maio ao 6 de xullo. Comisariada polo crítico de arte e profesor de Estética da Universidade Autónoma de Madrid, Fernando Castro Flórez, "Fernando Botero. Abu Ghraib-El circo" será practicamente idéntica á mostra que se exhibiu en Valencia, aínda que o espazo da Casa dás Artes poida marcar algún cambio sobre a montaxe orixinal. Vigo será a única cidade galega que acolla esta exposición, coa que Caixa Galicia espera repetir o éxito alcanzado coa dedicada a Tamara de Lempika. Da tortura ao circo, coa particular fisionomía monumental característica do estilo de Botero, que fai inconfundible a súa obra, a serie "Abu Ghraib", mostra as torturas ás que foron sometidos os prisioneiros de guerra neste cárcere iraquí por parte dalgúns soldados estadounidenses. Durante un ano, a partir da lectura dun artigo crítico publicado no diario "New Yorker", o creador traballou sobre o lenzo para plasmar e á vez denunciar o drama da tortura que sufriron os presos. Trátase dunha serie desgarradora, composta por preto de medio cento de pinturas e debuxos, onde torturadores e torturados recordan a situación de Iraq tras a invasión de Estados Unidos "Circus" pola súa banda, nace do interese de Botero polo mundo circense, que xa inspirou a outros artistas como Picasso, Léger e Chagall, e nela plasma aos personaxes tradicionalmente vinculados a este espectáculo. Esta serie engloba outro medio cento de pezas. Botero está considerado como un dos artistas vivos máis importantes e un dos máis cotizado. As formas redondeadas das súas figuras están nos museos máis importantes do mundo.

No hay comentarios: