"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 29 de agosto de 2008

Onde queremos ser tocados...


Un mapa das zonas onde máis desexamos ser tocados homes e mulleres. Está feito por uns investigadores de IBM que tomaron datos de máis de 30.000 puntos do corpo da muller e do home. Exciting Por unha banda está o mapa de onde desexamos ser tocados (desire to be touched) e pola outra donde cremos que o oposto desexa ser tocado (lovers desire to touch), os dous mapas son moi semellantes...

jueves, 28 de agosto de 2008

New York, I Love You...


Tras a división de opinións que provocara Paris, je t’aime, eis un novo capítulo, o anunciado film. New York, I Love You, que reúne a un grupo tan numeroso de celebridades coma a versión francesa do 2006. Para esta ollada á cidade dos rañaceos, xúntanse directores como: Mira Nair; Chan-Wook Park; os irmáns Albert e Allen Hughes; Fatih Akin; Brett Ratner, xunto intérpretes como Kevin Bacon, Justin Bartha, Maggie Q, Orlando Bloom, James Caan, Hayden Christensen, Julie Christie, Chris Cooper, Drea de Matteo, Carla Gugino, Ethan Hawke, John Hurt, Shia LaBeouf, Cloris Leachman, Christina Ricci, Eli Wallach, ou Robin Wright Penn. Mais sen dúbida o punto de maior atención será as presenzas de Natalie Portman e Scarlett Johansson como directores de dous dos episodios que conforman New York, I Love You. Haberá algún eco de Manhattan ou New York Stories? Teremos que agardar xa que a estrea fica prevista para Febreiro de 2009 en USA. Aquí... vai ti a saber... De momento déixoche aquí o tráiler da película:

sábado, 23 de agosto de 2008

Un selo polaco...

Este selo foi emitido en Polonia o 29 de abril de 1945 conmemorando a data oficial da rendición do exército alemán. Nese dia, Hitler nomea ao Almirante Donitz o seu sucesor e cásase con Eva Braum. Ao dia seguinte, a mata e suicídase. (Por que non o fixo dez anos antes?)
No selo "conmemorativo" sobre o Campo de Exterminio de Majdanek, vese o campo; a data de seu funcionamento - 1941-1944; un soldado alemán representado coma o esquelete da morte esparcindo sobre Majdanek o gas "Cyclon-B" (en polaco), que é o gas Zyklon-B que os revisionistas din que non existiu e na liña inferior "KOMORY GAZOWE" que non precisa traducirse do polaco para se saber que é "Cámaras de Gas".

A traducción exacta é:
Majdanek Oboz Smierce = Campo de Morte de Majdanek
Laznie i Komory Gazowe = Compartimentos da Camara de Gas

A cidade branca...


Detalles Bauhaus na cidade branca, en Tel Aviv

viernes, 22 de agosto de 2008

24 anos non son nada...


Los Angeles 84. Final USA Vs España. Pat Ewing versus Fernando Martín

Los Angeles 84. Semifinal Iugoslavia Vs España. Epi versus Petrovic

miércoles, 20 de agosto de 2008

Kula Shaker...


Govinda

Ashes and Snow...

Impresionante presentación on line de "Ashes and Snow" (cinzas e neve), a exposición itinerante do fotografo canadiense Gregory Colbert no Museo Nómada. Unha experiencia visual fascinante que non debes perderte. Un espectáculo conmovedor e grandioso.

domingo, 17 de agosto de 2008

sábado, 16 de agosto de 2008

A sabedoría de Homer...

A sabedoría de Homer
Unha escolma dalgunhas das frases máis memorables de Homer Simpson:
- Eu non podo vivir esta vida de merda que levas ti. Quéroo todo: as terroríficas partes baixas, as cimas mareantes, as partes cremosas do medio....
- Brindo polo alcol: que é a causa e a solución dos problemas da vida.
- Tentar algo é o primeiro paso cara ao fracaso.
- Normalmente non rezo, pero se estás aí, por favor sálvame, Superman.
- A Billy Corgan, de The Smashing Pumpkins: Sabes, Os meus fillos pensan que és fantástico. E grazas á túa música depresiva deixaron de soñar cun futuro que non podo darlles.
- Cando aprenderei? As respostas da vida non están no fondo dunha botella. Están no televisor!?
- Só porque non me importe non significa que non o entenda.
- Se costa traballo facelo, é que non merece a pena?
- Quero dicirche as tres frases que che acompañarán na vida. Un, cúbreme; dous, xefe, que gran idea; tres, así estaba cando cheguei.
- Fillo, unha muller é coma unha cervexa. Cheiran ben, ven ben, e matarías á túa nai por unha! E non podes ter só unha. Quererás beber a outra muller.

jueves, 14 de agosto de 2008

O can reporteiro...


StarWars friki
Todo un clasico. No ano 2005 durante a concentración de fans na preestrea de StarWars viuse un dos mellores reportaxes da TV nos últimos tempos. Foi a cargo do can Triumph e as súas preguntas directas...

miércoles, 13 de agosto de 2008

O pacifista no chiringuito...





Unha atinadísima reflexión de Ignacio Camacho sobre as duplas varas de medir, a hipocresía e outras flores.

Ao pacifista de garda pilloulle de vacacións o bliztkrieg ruso. Estaba a ver os Xogos na tele do chiringuito cando entre brazada e brazada de Michael Phelps decatouse da guerra lóstrego sobre Xeorxia. Así, de súpeto, o pacifista de garda tivo un ataque de zozobra, esa confusa cosquilla de incerteza de non identificar de inmediato aos bos e os malos da historia. Ese Putin, sempre tan ambiguo; por unha banda fillo do kremlinismo de última fornada, e polo tanto inclinado ao contrapeso do liderado norteamericano; por outro adaíl dun neocapitalismo turbulento de mafias, plutócratas e autoritarismo de Estado. Arrogante, pouco de fiar, frío e viscoso como un peixe, ao momento de que estaba o tipo tan campante na cerimonia de apertura olímpica cando xa ordenara o ataque militar.
O pacifista de garda non sabía a que aterse, a cal dos perfís putinescos reaccionar, cara onde orientar a súa sesteante conciencia de activista no verán.
Se fora Israel o atacante, algún bombardeo de represalia sobre Líbano ou Siria, as cousas estarían claras. Ou se se tratase dalgunha agresión de Estados Unidos a través dalgunha nación monicreque. Carne sen ósos: o imperialismo sionista ou ianqui violando a sacra tregua olímpica. Pero o asunto pintaba espeso e afastado; o Cáucaso, esa polvoreira no que sempre resulta tan difícil dilucidar quen ten razón.
O pacifista de garda buscou na prensa un mapa para orientarse sobre Osetia do Sur, e atopouse cun conflito enrevesado de independentistas prol-rusos e un fondo escuro de limpeza étnica. As imaxes non resultaban tranquilizadoras; feridos en destartalados hospitais, tanques sobre un chan de cascallos e metralla. E as noticias falaban de miles de mortos.
O pacifista de garda mirou inquieto o seu teléfono móbil a ver se chegaba algunha consigna, algún sms de protesta, algún indicio de mobilización. Pero o aparello ficaba tan quedo coma o mar; só entraban alertas con resultados de Pequín e o positivo dunha ciclista española. Ninguén reaccionaba, mecachis.
Así que o pacifista de garda decidiu agardar. Ao día seguinte, de novo no chiringuito da praia, os xornais xa traían algo de doutrina intelixible. Falaban dun presidente de Xeorxia proestadounidense que trataba de ingresar na OTAN, de oleodutos de petróleo que fornecen á Unión Europea, de posibles vetos de Rusia ou de China no Consello de Seguridade da ONU. As instancias internacionais redactaran comunicados intimidatorios e facían xestións diplomáticas para o cesamento do fogo. E algúns artigos de fondo suxerían que Bush dera o visto e prace á incursión xeorxiana que ocasionou a resposta de Putin. A cousa íase aclarando, pero ao pacifista de garda incomodábanlle as cifras de mortes e non acababa de atoparse a gusto consigo mesmo, nin de topar en Putin a un tipo de confianza. O móbil seguía silente e a España custáballe traballo gañarlle en baloncesto a China. Entón entrou un sms: Rusia suspendía o ataque e daba por pechada a operación de castigo.
O pacifista de garda suspirou cun alivio profundo e sincero, mirou a escuma suave das ondas e pediu unhas gambas e outro tinto de verán.

sábado, 9 de agosto de 2008

Lembrando o vello Kazimierz...


Kazimerz. O corazón da Cracovia xudía. Na Galitzia. 65.000 almas moraban entre as súas rúas no estourido da II Guerra Mundial. Hoxe pouco máis de 200 xudeus viven en Cracovia. Pasear polas súas fermosas e evocadoras rúas é un exercicio de Memoria Histórica para o que non teño palabras. No meu nome, no de Abel, Mamen e Maribel, recito un kaddish por todos eles. E un bico.

Sinagogas no Kazimierz...


Sinagoga Alta

Sinagoga Isaac

Sinagoga Kupa

Sinagoga Remu

Sinagoga Temple. Todo hai que dicilo, a miña favorita. Preciosa.

Os dez mandamentos e os críticos modernos...


Por Isaac Bashevis Singer

Que ocorrería se Moisés estivese vivo e publicase Os Dez Mandamentos non no Monte Sinaí, entre lóstregos e tronos, senón en forma de libelo ou folletín? Como sería recibido polos críticos? As seguintes son algunhas posibilidades.

O primeiro crítico, a quen denominarei o esteta

O libreto do señor Moisés, que é en realidade unha proclama (ou libelo), é difícil de clasificar. Non se trata de ficción, no sentido usual do termo; tampouco é un traballo científico. Quizais sería mellor tomalo coma unha especie de opúsculo relixioso, pois existe algo de relixión nel. O señor Moisés fala de Deus, pero faino dunha maneira tan vaga que resulta difícil determinar as súas ideas. Talvez isto poderíase describir como certo programa ou proposición ética feita por alguén que non ten idea da historia da ética nin do desenvolvimiento da súa filosofía. Concluíndo, o señor Moisés é un moralista inxenuo. O seu estilo é seco, primitivo e lacónico. Él fala, pretenciosamente, no nome dalgún Deus; pero xamais nos ofrece proba algunha da identidade ou existencia dese Deus. Sería unha absoluta perda de tempo revisar este primitivo opúsculo se non fora porque se converteu de maneira instantánea nun best-seller. Será isto un indicador de que o público está farto de libros grandes e aínda de artigos extensos e anhela ler só proclamas dunha páxina? Ou é que está fascinado pola suposta obxectividade é esta proclama? O feito de que semellante folla rudimentaria poida impresionar a tantos millóns de lectores é un claro indicio do baixo que descendeu o gusto do público lector no noso tempo. O sorprendente éxito dos Dez Mandamentos é unha reprobación e unha protesta contra toda a literatura moderna. é coma se a chusma fose gritar de súpeto: "Non queremos fantasía, nin coñecemento, nin filosofía: só as palabras máis elementais que un neno de dez anos poida entender ou aínda escribir". Simplemente, quen se está escondendo detrás do pseudónimo de Moisés? E se se trata en realidade dun neno? Ou todo isto non é máis que un engano literario? Sexa o que sexa, Os Dez Mandamentos convertéronse da noite para a mañá no tema literario máis candente do mundo. A pregunta permanece: que pode un ler despois diso? Só quedan as obras mestras impresas na parte posterior dos paquetes de cereais...

O crítico comunista

A sorprendente popularidade dos Dez Mandamentos non é, ao meu entender, un mero accidente. Fíltrase de maneira directa da desintegración do sistema capitalista e da caída das tan renombradas democracias. O señor Moisés faríanos crer que non está consciente de cousas semellantes como a loita de clases, o conflito racial, os partidos e as ideoloxías políticas. Como todo ético capitalista, ignora no absoluto a historia da clase traballadora, a súa pugna por un lugar baixo a luz do sol, o seu combate contra o imperialismo. Simplemente afirma: "Non matarás". Pero, a quen se refire con ese mandamento? Quere dicirnos que as masas oprimidas do Congo non deben levantarse contra os seus opresores belgas? é que se opón a todo tipo de revolución? é que o señor Moisés non sabe, ou só pretende ignorar a sanguenta loita do mundo proletario pola existencia? E os demais mandamentos caen dentro da mesma categoría. Por exemplo: "Non roubarás". Un non pode roubar, pero tampouco un non pode explotar ao obreiro. Non foron Rockefeller, Ford e Morgan uns ladróns? E francamente reaccionario aquel mandamento que reza: "Non cobizarás... a muller do teu próximo, os seus asnos, os seus bois..." Este mandamento lexitimiza o curso da propiedade privada e é moi probable que sexa a razón pola cal Os Dez Mandamentos foron recibidos tan calorosamente polos imperialistas. Detrás de todos estes "mandamentos" descansa unha ben enmascarada glorificación do capitalismo e de todos os seus erros. Os Dez Mandamentos son o estertor final dun sistema desgarrado. De acordo cos pensamentos de Marx e Lenin, Os Dez Mandamentos e o seu triunfo non son máis que unha especie de exotismo e un síntoma de que o capitalismo rompeu a súa máscara de respetabilidade e amosa á máis primitiva forma de propaganda e de burla literaria. Os Dez Mandamentos son reaccionarios, imperialistas e neofascistas...

O crítico psicólogo

O feito de que o señor Moisés sexa un escritor inepto, é incontrovertible. Os seus "mandamentos" vaporizan dunha mente que demostra unha ausencia absoluta de autocriterio e de penetración nas concavidades da alma humana. O seu "Non cometerás adulterio", por exemplo, é, desde o punto de vista psicolóxico, absurdo e sen sentido. Pódeselle pedir ao corazón humano non sentir cobiza? é que seica o señor Moisés nunca leu Anna Karenina ou Madame Bovary, sen mencionar outros traballos como O amante de Lady Chatterley e algúns máis? Con todo, o mandamento que máis impacta ao lector é aquel: "Honrarás ao teu pai e nai..." Calquera crianza no seu berce sabe, nos nosos días, que os seus pais son responsables da maioría dos seus complexos infantís. Toda a ciencia da psicanálise descansa nos complexos de Edipo e Electra. O odio reprimido dos pais é a fonte de innumerables neuroses. Pero, segundo parece, o señor Moisés xamais ouviu nada de Sigmund Freud: propón un absoluto respecto aos pais. O porqué semellante masa de ignorancia psicolóxica poida adquirir tanta popularidade nesta época é en verdade un enigma. é unha manifestación da nosa era neurótica en contra da psicanálise e de toda a psicoloxía en xeral. Os Dez Mandamentos son unha labazada ao rostro da psicoloxía moderna, un rexeitamento a todo esforzo por iluminar e conducir a psique do home. O enorme éxito dos Dez Mandamentos explica a resistencia da presente xeración a todo esforzo intelectual. Eu diría que o señor Moisés é un antiintelectual ou talvez só un beatnik, con todo o que iso representa. Os Dez Mandamentos son os mandamentos dun beatnik para os beatniks. Serán esquecidos xunto cos beatniks...

O crítico tiquismiquis

Debo salientar que o señor Moisés non é a metade de simple do que pretende ser nos seus Dez Mandamentos. Vexo estes como un golpe de sutil sarcasmo que debe ser analizado e entendido partindo desas bases. Os Dez Mandamentos tentan dicir: "Así é como debería ser o mundo se todos considerasen en serio as diversas relixións e aos seus interlocutores". O señor Moisés é, cando moito, un ateo, e cando menos, un agnóstico. O feito de que a xente tome tan en serio estes "mandamentos" non é culpa do señor Moisés. Non é a primeira vez que a masa toma con entusiasmo palabras escritas de xeito tendencioso. O señor Moisés, sen dúbida, alimenta un gusto pobre na lectura media dos nosos días, e temos que admitir que non se topa demasiado trabucado na súa apreciación. Os Dez Mandamentos penetran de forma profunda no mundo literario como a máis intelixente das sátiras e parodias do século XX.

O crítico antisemita

Se é que algún dos nosos lectores aínda esconde dúbidas respecto dos Protocolos de Sión e do complot xudeu para conquistar o mundo, Os Dez Mandamentos convencerano dunha vez por todas. O señor Moisés é un xudeu e o Deus de que el fala é un Deus xudeu. Mándanos: "...o día sabático... é santo". Rememora que os xudeus foron desterrados da terra de Exipto... Os "mandamentos" en si mesmos son a máis poderosa indicación posible da dexeneración e perversión xudías. Se o matar é un pecado, entón todos os heroes nacionais de todas as razas da historia foron criminais. Se o matar e o adulterio son crimes, entón toda a historia do mundo é unha historia de crimes; e toda a literatura do mundo, desde Homero até Genet, unha literatura do submundo. "Non amarás outro Deus que non sexa Eu. Non crearás imaxes que me representen..." é un rexeitamento evidente da historia da arte a través de todas as idades, desde os ídolos primitivos até a máis nova manifestación. Yavé, así como toda a súa xente, desexa monopolizarlo todo e non deixar nada aos arios. Ningunha propaganda antisemita podería espir tanto a alma do xudeu e a súa cobiza por dominar ao mundo, como estes dez "mandamentos", que son máis ben un plan perfectamente concibido para apoderarse da Terra, escravizar os seus pobos, as súas culturas e toda a civilización contemporánea. O éxito dos Dez Mandamentos demostra como de lonxe avanzaron os xudeus no seu plan demoniaco. Non esaxeramos ao sinalar que existen dúas obras entre as cales o mundo debe atopar o seu futuro: A miña loita, de Hitler, e Os Dez Mandamentos, de Moisés. Se o mundo escolle o suicidio, Moisés o xudeu proporcionaría unha perfecta heligrafía...

O crítico dunha revista xudía

A pesar de que o nome de Moisés é xudeu, nós cremos que o autor destes "mandamentos" non é en realidade xudeu. Podería mesmo ser o pseudónimo dun antisemita. Os comentarios sinalan que Moisés foi traído por unha princesa exipcia. é posíbel que o tan nomeado Moisés sexa realmente un árabe da terra de Nasser? As nosas sospeitas fundaméntanse nos seguintes factores: 1. Todo o estilo dos Dez Mandamentos non é xudeu. Adoece por completo da calor xudía, diso que os nosos inimigos chaman "cursilería". O estilo literario dos Dez Mandamentos é moito máis seco e ten o corte militar da orde dun xeneral ou das frases da diatribas de Goldwater. 2. Por que particulariza o señor Moisés en que os xudeus debemos observar os mandamentos de non roubar, non matar ou cometer adulterio? Trátase dunha implicación soslaiada de que, en particular nós, estamos faltos de virtudes morais, mentres que os demais son un rabaño de santos cordeiros? 3. Non se menciona nin a un só xudeu ou organización nestes "mandamentos". De feito, o señor Moisés exclue a cuestión xudía e o problema do antisemitismo. Esta e outras situacións aumentan a nosa sospeita de que o señor Moisés está na lista dos inimigos do xudaísmo mundial. E como un factor estatístico, desde que os "mandamentos" foron publicados o antisemitismo no mundo aumentou entre o 3 e o 3.4 por cento. Estes "mandamentos" son un don divino para Toynbee e compañía. Cremos que a liga de Anti-Difamación debería iniciar de inmediato unha investigación dentro desta mancha antixudía que se establece entre a moralidade de clase media e o chauvinismo xudeu.

O crítico historiador

Deixando de lado os demais defectos, Os Dez Mandamentos emanan do prego. O señor Moisés copiou, palabra por palabra, o Código de Hamurabi, quen viviu hai catro mil anos. Algúns dos "mandamentos" de Moisés foron atopados nos papiros exipcios. O folleto enteiro non contén unha soa idea fresca, nin un só argumento que inspire o pensamento dun. Os "mandamentos" son ambiguos por completo e, de feito, non teñen ningún valor á luz da experiencia do home nos últimos milleiros de anos. Non é de dubidar que o señor Moisés descubra eses "mandamentos" nalgunha roca ou taboa antigas e que os copiou letra por letra. O éxito destes "mandamentos" é, para o que escribe, a indicación de que estamos a atravesar por unha regresión á idade do xeo e, quizais, á de pedra. E desde este punto de vista, o triunfo dos Dez Mandamentos é un triste fenómeno.

O crítico dun xornal obreiro

Mentres que grupos organizados se desgarran na loita contra os grandes negocios capitalistas por semanas de catro días hábiles, o señor Moisés violenta ás clases traballadoras para que traballen seis días e descansen só no día sabático. Recomendamos de maneira vigorosa que os nosos irmáns dos grupos organizados rexeiten este canto do cisne da reacción.

O columnista chismógrafo

Rumorease nos arredores de Broadway que o sagrado Moisés, do best seller Os Dez Mandamentos, abandonou á súa esposa, Zipporah, no seu pavillón, para coquetear coa súa coqueta etíope durante estas noites. A irmá do playboy, Miriam, está tan enoxada que lle saíu roña en todo o corpo... E este o seu informante tamén ouviu que Moisés está a acicalar ao seu irmán Aarón, para o sacerdocio...

A crítica dunha revista feminina

A ecuación do señor Moisés entre unha muller, un boi e un asno, é un insulto para todo o sexo feminino. Segundo parece, el considera á muller como propiedade do home. Esperamos que as nosas lectoras saberán oporse de forma unánime contra este anacronismo...

O crítico dun periódico provinciano

Tan lonxe como chega a miña comprensión dos Dez Mandamentos, estes están feitos para ser asimilados, non só para servir simplemente como un ensaio literario e, debo dicilo, desde ese punto de vista, son máis que perfectos. Se a humanidade se propuxese firmemente seguilos, o mundo converteríase nun paraíso. Pero o señor Moisés resulta inxenuo se agarda que o mundo tome os seus mandamentos de xeito serio. Serán lidos e esquecidos, a menos que Hollywood decida convertelos nunha superproducción cinematográfica.

Isaac Bashevis Singer (Radzymin, Polonia, 1904- Nova York, 1991) foi fillo e neto de rabinos. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1978. A totalidade da súa obra literaria escribiuna en yiddish, a súa lingua materna. Da súa ampla bibliografía salientar "Satán en Goray", "A familia Moskat", "No tribunal do meu pai", "Inimigos, una historia de amor", "O mago de Lublín", "Un amigo de Kafka" "Un día de placer" e "Sombras no Hudson", novela póstuma.

lunes, 4 de agosto de 2008

sábado, 2 de agosto de 2008

Recibín onte un paquete de Viena...


Había ben tempo que non lía eu poesía. Moito e sempre demasiado tempo. Fun outrora grande lector e modesto escritor neste xénero case invisíbel pero imprecindíbel. E revisitei o mundo dos versos grazas ao galano de Carlos. Porque onte recibín un paquete de Viena. Traía o máis sagrado que pode ter un Ser Humano. A súa alma en tinta, letras e espazos respirados.
Grazas de corazón Carlos polo agasallo, grazas pola fermosa dedicatoria, grazas tamén por lembrarte de min en Budapest. Todáh.
Na contracapa deste libro di: "Neste libro compartirás certo exilio, mais un exilio necesario: o que nace da perda, da estranxeiría, da desposesión. Non pertence as xigantescas burbullas de alienación e esquezo que propicia o capital. É irmán daquelas outras voces que foron expulsas as marxes do sistema, de calquera sistema. Aquelas outras voces que por coñecer a perda coñecen o dereito á identidade. Carlos Pénela non se comprace aquí no tempo pasado: constata a súa sombra e abre os ollos á inquedante inminencia dun suceso: un suceso que se chama nada".
"Sombras, rosas, sombras" foi gañador no ano que andamos do VI Premio de poesía Caixanova. E gañar non é estraño a Carlos. Cóntovos...
No ano 1998 publica "As linhagens do frío" (Premio Espiral Maior de Poesía). No ano 1999 obtén o XIII premio "Rosalía de Castro" da Asociación Galega de Cornellá, e no 2001 aparece "Acaso o inverno", co que gaña o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón". No 2004 publica "O que ardeu nos espellos" co que obtén o accésit do XXIV Premio Esquío de Poesía.
Chegoume onte un paquete de Viena.