"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 17 de octubre de 2008

Unha pausa para o padal...


Este doce xudeu resultou gañador do 1er Concurso de Repostaría Sefardí, organizado pola Rede de Xudarías de España-Camiños de Sefarad. O obxectivo do concurso e o premio é a comercialización do produto en toda Sefarad, abrindo así unha nova liña de produtos gastronómicos de alta calidade e especialización que, tendo en conta os recetarios tradicionais e as normas dietéticas xudías, aposta por un produto novo e tentador para o padal e para deleite de todos. A receita gañadora está inspirada nunha receita do s. XIV, adaptada ao padal do s. XXI. é, pois, un doce no que as especias teñen un papel protagonista e no que non se utilizan conservantes nin outra materia prima que non se puidese atopar nos reinos da vella Sefarad no s. XIV, que son: Noces, figos, laranxa, limón, mel, cabelo de anxo, canela, cravo e noz moscada.
Podes conseguilo aquí:

No hay comentarios: