"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 24 de octubre de 2008

Fotos dos Ghettos de Roma e Venezia...

Na praziña, varios xudeus ortodoxos ofrécense a explicar ós turistas a historia do Gheto.
O acceso ao Gheto Vechio. Nun estado de abandono bastante considerable en comparación con Gheto Novo.

Unha parte da praza do Gheto conserva a lembranza do holocausto na antiga muralla que dividía a poboación. Ainda se pode ver os aramios de espiño. Varias placas lembrar o acontecido.

Abaixo a antiga sinagoga do Gheto Novo.

Paso por riba dunha ponte para acceder ó Gheto Novo.

Escola Hebraica no barrio xudeu de Roma, na que unha placa lembra a 112 nenos estudantes desa escola e desaparecidos nun campo de concentración.

A placa

Imaxe do Ghetto de Roma

Na parte interna do Arco os vencedores expolian as reliquias do templo. A menorá e ben visible. A direita unha enigmática forma. Seica…, din…. que non é outra cousa que a arca da alianza. Neste Arco do Trunfo estaría a única representación que dela hai no mundo.

Namentres se estaba a edificar o Coliseo romano (ano 70 d.c.), a escasos 100 metros, o emperador romano Tito quixo dar cobertura mediática a unha importante vitoria militar. Decidiu elevar a máis de quince metros un Arco do Trunfo no que se describían as fazañas da campaña militar contra outra revolta protagonizada polos xudeus. Os Romanos foron implacables: A milenaria Xerusalem foi transformada en refugallos e tamén o seu Templo. En canto aos seus habitantes, foron vendidos coma escravos lonxe do seu país. Era o comezo da segunda diáspora xudea. Dende que o Arco do Trunfo foi erguido ningún xudeu romano quixo pasar por baixo. Era o símbolo da vitoria sobre os seus antergos.

Grazas a Xavier polas fermosas fotos da túa recente viaxe por Italia e polos comentarios das mesmas. Eis os guettos de Roma e Venezia.

No hay comentarios: