"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 25 de octubre de 2008

A carestía da vida...











A hiperinflación en Zimbaube. As restricións do banco central xunto coa inflación galopante que provocou o goberno, levou ao pais a situacións grotescas. Un bo exemplo é a serie de fotos que acompaña este texto, e nas que podes ver feixes de billetes que suman billóns, facturas de restaurantes (botella de auga 95 millóns) que ascenden a 1.250 millóns de dólares zimbabuenses ou pantalóns de rebaixas ao módico prezo de 2 billóns. Para entender mellor a hiperinflación de Zimbabue, remítome á entrada wikipédica: Cando foi iniciado o seu uso, o Dólar Zimbabuense tiña un valor aínda maior ao do dólar estadounidense (0.68 ZWD = 1.00 USD), pero a inflación e os problemas económicos devaluárono. Nos últimos dous anos, a hiperinflación elevouse a un mínimo mensual dun 800% o que levou ao goberno e entidades financeiras e económicas a substituír os billetes e moedas como medios de pago habituais por cheques de reserva, canxeables no banco. O 1 de Xaneiro de 2008 foron emitidos cheques por valor de 250.000, 500.000 e 750.000 Dólares de Zimbabue, para días máis tarde anunciar a posta en circulación de novos cheques de 100.000.000, $ $250.000.000, $500.000.000, etc. En maio do 2008 o Banco de Reserva de Zimbabue puxo en circulación billetes especiais agricultores de 5.000.000.000, $ $25.000.000.000, $50.000.000.000, e $100.000.000.000.

No hay comentarios: