"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 22 de octubre de 2008

O papa que non dixo nin "pío"...

Resúltame humamente incomprensíbel, a pretensión do Vaticano de beatificar ao papa que non dixo nin pío... agora que o seu silencio miserábel xa non ten remedio, o mellor, o máis digno na miña opinión, sería por parte da igrexa católica gardar un discreto e respectuoso silencio (outra vez). Pretender forzar a historia, obrigar e chantaxear ao Yad Vashem, non din grande cousa da dirección actual da igrexa de Roma. Sobre o tema achego un interesante artigo asinado por Hilari Raguer, monxe no mosteiro de Montserrat e historiador.


As razóns do silencio
Por Hilari Raguer

Os apoloxistas de Pío XII absólveno de toda responsabilidade polo seu silencio ante o Holocausto alegando que foi un mal menor, polas represalias terribles que a denuncia provocaría. Pero, cabe imaxinar un mal maior que o exterminio que xa se estaba dando? Consecuencias peores podían darse, en todo caso, non para os xudeus, senón para o Papa, talvez coa ocupación militar do Vaticano. Pío XI fora moi valente ao denunciar as leis raciais fascistas de 1938. Paulo VI, para defender a Pío XII, saltándose os prazos habituais, mandou publicar a documentación vaticana daqueles anos (Actes et documents du Saint-Siège relatifs à a seconde guerra mondiale, Libereria Editrice Vaticana, 1965-1981), pero dos mesmos documentos e das notas do editor despréndese que importantes documentos foron ocultados. Dicía o P. Anselm Albareda, director da Biblioteca de Montserrat e logo da Vaticana, que cando se recortan documentos sempre quedan filagarses (hilachas). A obra ao meu entender máis ponderada sobre esta cuestión é a do historiador Renato Mouro, sobriño de Aldo Moro, "A Igrexa e o exterminio dos xudeus. Catolicismo, antisemitismo, nazismo" (Desclée de Brouwer, Bilbao, 2004). Creo que no ánimo de Pío XII pesaron dúas importantes razóns. A primeira é a súa coñecida simpatía por Alemaña, aínda que certamente non polo nazismo. As informacións sobre o exterminio eran tan espantosas que ao principio parecían incribles. Cando Pío XII recibiu testemuños múltiples e irrefutables a guerra estaba xa inclinada francamente ao lado dos aliados, e é probable que o Papa se resistise a sumarse á propaganda que estes estaban a facer contra o nazismo, coma se temese ser cualificado de oportunista ao sumarse ao bando vencedor. A cada vez máis inevitable derrota alemá motivaba aínda outra razón do silencio do Papa. A política de Pío XII (a italiana e a internacional) estivo sempre presidida por unha obsesión anticomunista. O seu gran proxecto, aínda que non o podía promover abertamente, era evitar a derrota de Alemaña para que pactase a paz con Gran Bretaña e se lanzasen ambas contra a Unión Soviética. Non era fácil, pero unha condena do nazismo faríao metafísicamente imposible.
El País - 19.10.08

No hay comentarios: