"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 13 de octubre de 2008

O Papa de Hitler...


Nos Estados Unidos ven de aparecer "O Papa de Hitler: a historia secreta de Pio XII", un libro onde o investigador John Cornwell fala do antisemitismo e do silencio ante o Holocausto dun Papa ao que o Vaticano está a piques de canonizar.

Por John Cornwell

Sempre estiven convencido de que a evidente santidade de Eugenio Pacelli era unha proba da súa boa fe. Como prodría traizoar aos xudeus un Papa tan Santo?. Pedín acceso a documentos cruciais, asegurándolles aos seus custodios que estaba ao lado do meu investigado: nun libro titulado "Un ladrón na Noite", eu defendera ao Vaticano contra cargos do asasinato do Papa Juan Pablo I polos seus pares. Dous oficiais permitíronme acceder ao material secreto: declaracións baixo xuramento que se xuntaron hai trinta anos para avalar o proceso de canonización de Pacelli e o arquivo da Secretaría de Estado do Vaticano. Tamén recorrín a fontes alemás en relación coas actividades de Pacelli en Alemaña durante as décadas dos 20 e dos 30, incluídos os seus contactos con Adolf Hitler. A mediados de 1997 atopeime nun estado de shock moral. O material que xuntara non apuntaba a unha exoneración senón a unha acusación aínda máis escandalosa. As evidencias eran explosivas. Mostraban por primeira vez que Pacelli era abertamente, e segundo as súas propias palabras, antisemita. Pacelli chegou ao Vaticano en 1901, á idade de 24 anos, recrutado para especializarse en cuestións internacionais e dereito canónico. Colaborou co seu superior, Pietro Gasparri, na reformulación do Código de Dereito Canónico que se distribuíu en 1917 aos bispos católicos de todo o mundo. Á idade de 41 anos, xa arcebispo, Pacelli partiu cara Munich como nuncio papal para comezar o proceso de eliminar os desafíos legais á nova autocracia papal e procurar un tratado entre o papado e Alemaña como un todo, que substituirá todos os arranxos locais e se convertese nun modelo das relacións entre a Igrexa católica e os Estados. En maio de 1917 percorreu Alemaña, destruída pola guerra, ofreciéndo a súa caridade a xente de todas as relixións. Con todo, nunha carta ao Vaticano, revelou ter menos amor polos xudeus. O 4 de setembro informoulle a Gasparri, que era cardeal secretario de estado no Vaticano, que un doutor Werner, o rabino xefe de Munich, achegouse á nunciatura para rogar un favor. Co fin de celebrar Succoth, os xudeus necesitaban follas de palmeiras, que normalmente chegaban de Italia. Pero o goberno italiano prohibira a exportación, vía Suíza, dunhas palmeiras que os xudeus compraran e que estaban retidas en Como. "A comunidade israelita" continuaba Pacelli "busca a intervención do Papa coa esperanza de que avogue a favor dos miles de xudeus alemáns". Pacelli díxolle a Gasparri que non lle parecía apropiado que o Vaticano "os axudase na práctica do seu culto xudeu". Gasparri respondeu que confiaba completamente na "astucia" de Pacelli, coincidindo con que non sería apropiado axudar ao rabino Werner. Dezaoito meses mais tarde revelou a súa antipatía polos xudeus dunha maneira máis abertamente antisemita, cando estivo no centro dunha revolta bolxevique en Munich. Nunha carta a Gasparri, Pacelli describiu aos revolucionarios e ao seu líder, Eugenio Levien: "Un exército de traballadores corría dun lado a outro, dándo ordes, e no medio, unha cuadrilla de mulleres novas, de dubidosa aparencia, xudías como todos os demais, daba voltas polas salas con sorrisos provocativas, degradantes e suxestivas. A xefa desa cuadrilla de mulleres era a amante de Levien, unha xóven muller rusa, xudía e divorciada. (?..) Este Levien é un home xóven, duns 30 ou 35 anos, tamén ruso e xudeu. Pálido sucio, con ollos baleiros, voz rouca, vulgar repulsivo, cunha cara á vez intelixente e taimada". Hitler que lograra o seu primeiro gran triunfo nas eleccións de 1930, quería un trato co Vaticano porque estaba convencido de que o seu movemento só podía ter éxito se eliminaba ao catolicismo político e as súas redes democráticas. Logo do seu ascenso ao poder en xaneiro de 1933, Hitler fixo unha prioridade da súa negociación con Pacelli. O Concordato do Reich garantiulle a Pacelli o dereito a impor un novo Código de Leis Canónicas sobre os católicos de Alemaña. A cambio, Pacelli colaborou no retiro dos católicos da actividade política e social. Logo Hitler insistiu na disolución "voluntaria" do Partido Central Católico Alemán. Os xudeus foron as primeiras vítimas do Concordato: logo da súa firma , o 14 de xullo de 1933, Hitler dixo ao seu gabinete que o tratado creara unha atmosfera de confianza "especialmente significativa na loita urxente contra o xudaísmo internacional". Aseguraba que a Igrexa católica lle dera a súa bendición pública, no país e fóra, ao nacional - socialismo, incluída a súa posición antisemita. Durante os anos 30, a medida que o antisemitismo nazi crecía en Alemaña, Pacelli non se queixou nin sequera en nome dos xudeus convertidos ao catolicismo: para el, era cuestión de política interna. En xaneiro de 1937, tres cardeais e dous bispos alemáns viaxaron ao Vaticano para pedir unha vigorosa protesta contra a persecución nazi da Igrexa católica, á que se lle suprimiron todas as formas de actividade con excepción dos servizos relixiosos. Finalmente, Pío XII decidiu lanzar unha encíclica, escrita baixo a dirección de Pacelli, onde non había ningunha condena explícita ao antisemitismo. No verán de 1938, mentres agonizaba, Pio XII preocupouse polo antisemitismo en Europa e encargou a redacción doutra encíclica dedicada ao tema. O texto que nunca vió a luz do día, descubriuse hai pouco. Escribírono tres xesuítas, pero presumiblemente Pacelli estivo a cargo do proxecto. íase a chamar Humani Generis Unitas (A unión da raza humana) e, a pesar das súas boas intencións, está cheo dun antisemitismo que Pacelli mostrara na súa primeiro estadía en Alemaña. Os Xudeus, di o texto, eran responsables do seu destino, Deus elixíraos, pero eles negaron e mataron a Cristo. E "cegados polo seu soño de triunfo mundial e éxito materialista" merecíanse "a ruína material e espiritual" que se botaron sobre si mesmos. O documento advirte que defender aos xudeus como exíxen "os principios de humanidade cristiáns" podería levar o risco inaceptable de caer na trampa da política secular. A encíclica chegou aos xesuítas de Roma a fins de 1938; até o día de hoxe, non se sabe por que non foi elevada a Pío XII, Pacelli, convertido en Papa o 12 de marzo de 1939, sepultou o documento nos arquivos secretos e díxolles aos cardeais alemáns que ía manter relacións diplomáticas normais con Hitler. Pacelli coñeceu os plans nazis para exterminar aos xudeus de Europa en xaneiro de 1942. As deportaciones a campos de exterminio comezaran en decembro de 1941. Ao longo de 1942, Pacelli recibiu información confiable sobre os detalles da solución final provista polos británicos, franceses e norteamericanos no Vaticano. O 17 de marzo de 1942, representantes das organizacións xudías reunidos en Suíza enviáronlle un memorándum a través do nuncio papal en Berna, onde detallaban as violentas medidas antisemitas en Alemaña, nos seus territorios aliados e en zonas conquistadas. O memo foi excluído dos documentos da época da guerra que o Vaticano publicou entre 1965 e 1981. En setembro de 1942, o presidente norteamericano Franklin D.Roosevelt enviou ao seu representante persoal, Mylon Taylor, a que lle pediera a Pacelli unha declaración contra o exterminio dos xudeus. Pacelli negouse a falar porque debía elevarse sobre as partes belixerantes. O 24 de decembro de 1942, finalmente, Pacelli falou de "aqueles centos de miles que, sen culpa propia, ás veces só pola súa nacionalidade ou raza, reciben a marca da morte ou a extinción gradual". Esa foi a súa denuncia pública mais forte da solución final. Pero hai algo peor. Logo da liberación de Roma, Pio XII pronunciou a súa superioridade moral retrospectiva por falar e actuado a favor dos xudeus. Ante un grupo de palestinos, dixo o 3 de agosto de 1946: "Desaprobamos todo uso de forza (?.) como no pasado condenamos en varias ocasións as persecucións que o fanatismo antisemita inflixiu ao pobo hebreo". A súa autoexculpación grandilocuente un ano despois do fin da guerra demostrou que non só foi Papa ideal para a solución final nazi, senón que tamén un hipócrita. As novas evidencias que recompilei mostran que: A asombrosa antipatía de Pacelli polos xudeus viña de 1917, o cal contradi que as súas omisións foron feitas de boa fe e que "amaba" aos xudeus e respectaba a súa relixión. Pacelli recoñeceulle ao Terceiro Reich que as súas políticas antisemítas eran asuntos internos de Alemaña. O Concordato entre Hitler e o Vaticano creou un clima ideal para a persecución dos xudeus. Pacelli non avalou a protesta dos bispos católicos alemáns contra o antisemitismo. Pacelli tentou mitigar o efecto das encíclicas de Pío XII ao darlle garantías diplomáticas privadas a Berlín, a pesar de coñecer a aberta persecución dos xudeus. Pacelli estaba convencido de que os xudeus se procuraron a súa sorte: intervir ao seu favor só podía levar á Igrexa cara alianzas con forzas hostís ao catolicismo.

No hay comentarios: