"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 17 de febrero de 2009

A proba da bañeira...


Durante unha visita a un Instituto Psiquiátrico, un dos visitantes preguntoulle ao Director qué criterio se empregaba para definir se un paciente debería ou non ser Internado.
- 'Ben', dixo o Director, 'facemos a proba seguinte: enchemos completamente unha bañeira, logo ofrecémoslle ao paciente unha culleriña, unha cunca e un balde e pedímoslle que baleire a bañeira. En función de cómo baleire a bañeira, sabemos se hai que internalo ou non'.
-Ah, entendo- dixo o visitante. - Unha persoa normal usaría o balde porque é máis grande que a culleriña e a cunca.
-Non -dixo o Director, 'unha persoa normal tiraría o tapón'. Vostede, qué prefire: un cuarto con ou sen vista ao xardín?
Adicado... a todos os que pensamos no balde...

No hay comentarios: