"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 13 de febrero de 2009

69 excusas...


Enviame unha amiga "anónima" unha pequena lista de frases feitas que ben podes utilizar para deixar unha relación co teu mozo e que pareza crible. Pódense utilizar de xeito aleatorio, exceptuando a primeira e última frase. Tamén podes combinalas entre elas, non esquezas que a túa creatividade sempre axudará a sentirche mellor contigo mesma:

00. Temos que falar (enviar preferentemente por SMS).
01. Teño a sensación de que nos estamos afastando.
02. Hoxe creo que nos teriamos que coñecer de aquí a dous anos.
03. Realmente gústasme moito, pero estou confundida.
04. Ti nunca tomas a iniciativa, sempre teño que ser eu.
05. Será mellor que nos deamos uns meses para respirar.
06. Es marabilloso, sensible, simpático, gracioso, tes conversación... pero necesito algo máis na miña vida.
07. Grazas a deus a culpa non é de ninguén, as cousas duran o que duran.
08. Unha cousa está clara, non é culpa túa, o problema son eu.
09. Lembra algo: xa che avisei de que son un espírito libre.
10. Agora é diferente, xa non hai chispa entre nós.
11. Necesito a alguén máis maduro ao meu carón.
12. Necesito vivir novas experiencias e coñecer a outras persoas.
13. Entramos nun circulo vicioso e necesito escapar.
14. Necesito un tempo para reflexionar.
15. Coñecémonos nun período moi complicado da miña vida...
16. Creo que a nosa relación caeu na monotonía, xa non é como ao principio.
17. Falei coas miñas amigas e cremos que o mellor é que o deixemos un tempo.
18. É que non temos a mesma escala de valores.
19. Notei que ultimamente che abandonaches un pouco...
20. Non estiven con ningún mozo mellor que ti, pero non é o que eu quero.
21. O mellor é deixalo para non facerche dano.
22. Non quero pechar ningunha porta, quizais no futuro...
23. Somos moi diferentes. Ti só pensas como un home.
24. O sexo non é o máis importante.
25. ... acábasmo de quitar da boca... eu penso igual ca ti.
26. Ti cres no destino? Eu si.
27. Seguro que dentro dun mes estarei a tirar dos pelos, pero creo que o mellor é deixalo.
28. Só me buscas cando che interesa ter sexo comigo.
29. Creo que non estou preparada para levar unha relación.
30. Sempre poderemos seguir compartindo as mesmas cousas, se queres, claro...
31. Ti necesitas a alguén que che queira de verdade.
32. Hoxe sei que me estou a equivocar, pero é algo que debo facer.
33. Realmente pensaba que eras diferente pero agora vexo que es como os demais.
34. Todo ten un principio e un final.
35. Seguro que che irá moito mellor sen min..
36. Estou cansa de dar sen recibir nada a cambio.
37. Gañaremos os dous. Non me vexo no futuro contigo.
38. Un bico teu xa non é como ao principio.
39. Respira tranquilo, isto dóeme máis a min que a ti.
40. Agora creo que é hora de que empece a pensar un pouco en min.
41. Non estou preparada para algo serio.
42. Eu non son a túa muller ideal nin ti o meu home ideal...
43. Es demasiado perfecto, non che atopo ningún fallo, e iso asústame.
44. Deime de conta, despois de 10 anos, de que non estamos feitos o un para o outro...
45. Eu necesito alguén que me entenda.
46. As persoas cambiamos...
47. Necesito un cambio de 180 graos na miña vida.
48. Estou a facernos un favor tomando esta decisión.
49. Eu quéroche, pero doutra maneira.
50. É mellor que o deixemos agora, antes de que nos fagamos dano.
51. As cousas están a ir demasiado rápido...
52. É que és demasiado bo comigo.
53. Non podemos seguir enganándonos desta maneira.
54. Sei que agora che doe, pero no futuro agradecerasmo.
55. É todo tan bonito que me asusta.
56. O noso está en punto morto.
57. Mellor que o deixemos agora que aínda estamos a tempo. Dentro dun ano sería peor.
58. Espero que sexas feliz e atopes unha moza mellor ca min.
59. Eu non sei querer por dúas persoas.
60. Non somos compatibles sexualmente.
61. Xa che dixen que era un pouco lagarta.
62. Sabes que o noso é imposible.
63. Ponte na miña pel e entenderalo.
64. De verdade, asegúroche que non hai outro.
65. Creo que che coñezo o suficiente como para saber que non son o que buscas, non pegamos.
66. Necesito estar soa ... para pensar.
67. Somos dous polos opostos, o noso non nos leva a ningunha parte.
68. Creo que é hora de que os nosos camiños se separen. ...
69.. E sobre todo, non te preocupes, sempre poderemos seguir sendo amigos.
(Grazas a anónima)

No hay comentarios: