Ven de publicar hai un par de días nas
páxinas do Faro de Vigo o escritor e colaborador habitual, Xosé Luís Méndez
Ferrín un artigo no que en conclusión traslada a Miguel-Anxo Murado a seguinte
cuestión: Por qué o Estado Islámico non ataca a Israel?
Vaia por diante que normalmente nin me
molestaría en respostar a quen plantexa este tipo de teorías conspiranoicas, e
moito menos cando semellan directamente tiradas do libelo zarista “Os protocolos dos Sabios de Sión”. Pero
desta volta en consideración de quen é o autor farei unha excepción. Aínda que
honestamente sorpréndeme que alguén que non sexa un antisemita declarado ou
vergoñento (e Ferrín desde logo non o é) poida plantexar unha cuestión así.
Desgraciadamente e moi ao seu pesar
Israel está claramente a vangarda mundial da loita contra o terrorismo.
Escoitámolo por exemplo estes días a raíz do brutal ataque no aeroporto de
Bruxelas e a comparación co que está considerado coma o aeroporto máis seguro
do mundo, o Ben Gurión de Tel Aviv. Que Israel é vangarda antiterrorista é algo
que recoñecen incluso os seus negadores e inimigos viscerais. Arcos de metais,
escáners, gardas de seguridade, son normais en todo tipo de centro sensible de
ser obxectivo do terrorismo. Sumando a estes sofisticados medios a intelixencia
e a experiencia de décadas de combate contra o terror.
Lembremos que entre os inimigos
declarados do estado de Israel están organizacións terroristas islamitas coma
Hamas (Movemento de resistencia islámica) Yihad islámica, Hezbollah (partido de
deus) que teñen “por antigüidade” ventaxa no terreo sobre outras organizacións
terroristas como Al Qaeda ou Estado islámico se estas pretenderan facerlle
competencia e disputarlles o “privilexio” de ser eles os “combatentes do islam
contra o inimigo sionista”. É coñecido como no territorio da Franxa de Gaza
Hamas persigue implacable e ferozmente calquera intento de penetración de
Estado islámico ou Al Qaeda
Pregunta Ferrín porque ISIS non ataca a
Israel nos Altos do Golán. Resulta evidente que se o Estado islámico loita por
consolidarse nos territorios conquistados en Iraq e Siria, non tería sentido
abrir outra perigosa fronte provocando a Israel. Entre outros motivos porque
así como cando Israel vese obrigado a respostar aos ataques e provocacións
terroristas de Hamás ou Hezbollah debe facelo co freo de man posto obrigado
pola crítica, falta de sensibilidade e solidariedade internacional, unha
ofensiva militar israelí contra Estado islámico con certeza atoparía o “apoio”
desta mesma comunidade internacional timorata a hora de enfrontarse cara a cara
aos islamitas.
No ano 2014 un xornalista alemán,
Jurgen Todenhofer, conseguiu infiltrarse e convivir durante dúas semanas entre
mandos de ISIS, e posteriormente contou –textualmente- que “o exército israelí
cáusalles pavor”. Porque os yihadistas saben que "o Exército israelí é
demasiado forte e experimentado".
En definitiva se ISIS non ataca dentro
de Israel o nas súas fronteiras é simplemente porque non pode. O ISIS é salvaxe,
sanguinario e xenocida, pero non imbécil.
Deixo de seguido o seu artigo que tamén
vai arriba en jpg
TEMA PARA MURADO. Xosé Luís Méndez
Ferrín
Faro de Vigo – 01.04.16
0 viaxeiro xentil e desprevenido
sorpréndese, ao chegar a Israel, de que alí haxa xudeus que non parecen xudeus. Pódense ver
cidadáns israelitas de todos os tipos raciais, e axiña o viaxeiro chega á
conclusión que o "aspecto xudeu", esmaciado, fedorento, hepático e
narizón, no que mesmo Vicente Risco acreditaba, só se encoritra nos antigos chistes
gráficos. Sería ben doado que un djihadista con pinta de árabe e acento árabe
nun escaso hebreu en nun inglés de supermercado se coase sen chamar a atención
nunha cidade do país para cometer un crime de masas. Non chamaría a atención,
pois, en Israel, hai numerosos xudeus árabes e con pinta de árabe
caricaturesco. Uns son os que chegaron desde países árabes, nos que se inclúen
os famosos yemenitas que viaxaron a Israel a pé e cruzando desertos en plan
bíblico. Outros son os árabes (cristiáns, musulmáns ou ateos) que gozan da
plena cidadanía israelita, votan libremente nas eleccións e teñen os seus
partidos ben representados nun parlamento pluralista.
En principio, Al Qaeda
ou EI (ou como
se chame) debería odiar máis os israelitas que os belgas. Por qué esas organización
non atentan contra o corazón do que, en termos maoístas, consideraríamos o
inimigo principal a fin de facer evidente a contradicción principal e o aspecto
principal desta contradicción?
Pregunta, a anterior, que ligaría
con esta outra; por qué os djiyahistas ou almorábides contemporáneos non
disparan os seus bazookas nin as súas metralladoras de fita interminable contra
os Altos de Golan que son territorio sirio ocupado por Israel? Por qué o
ensañamento deste exército sombrío se acumula contra o goberno laico,
progresista e nacionalista panárabe de Siria? Preguntas que nos levarían a
aquela que estamos desexando que algún responsa sobre quén arma, alimenta, paga
e marca obxectivos a tan despiedada e numerosa horda.
Morreu, supoño que dominado polo
noxo, o meirande intelectual árabe da miña xeración: Georges Tarabichi. Del
trataremos eiquí, tamén decepcionados polo desastre escuro que arruinou aquela
nación árabe que nós coriecimos formando repúblicas laicas e desafiando o
futuro con optimismo. Un magnífico escritor galego que entende destes asuntos,
Miguel Anxo Murado, ben podería explicarnos por que Israel está protexido nesta
guerra fea
No hay comentarios:
Publicar un comentario