“Foi terrible, o medo cubría o país
enteiro. As rúas estaban cheas de homes que vestían de branco,
cunha barba moi longa, e sempre con paus e cordas dispostos a pegar
ás mulleres que non querían levar burka ou ensinaban a cara. Era
todo terrible, sentín que até os paxaros fuxiran do país. Era moi
difícil xogar así, en silencio, ao final decatábanse e saltaban
para entrar ao patio a insultarnos. Tirábannos pedras e collían o
noso calzado deportivo para queimalo. Outras veces collían as nosas
cousas, saían correndo, e logo chamábannos por teléfono ou nos
enviaban mensaxes con advertencias para que non xogaramos ao fútbol.
Chamábannos cadelas e putas”. Khalida Popal, xogadora de
fútbol retirada.
Na fotografía Khalida Popal leva posta
a camisola do equipo feminino de Afganistán que inclúe unha hijab
para cubrir a cabeza. Un equipamento sen o que ás mulleres non poden
facer deporte
No hay comentarios:
Publicar un comentario