Hoxe 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. E con certeza asistiremos ao longo da xornada a notas, comunicados de prensa e declaracións aos medios de todos os líderes e de todo o espectro político sobre o sentido reivindicativo do día.
Unha das que confeso agardo con máis curiosidade é a de Pablo Iglesias, secretario xeral de PODEMOS e quen durante anos e ate hai un par de meses, tivo a ben presentar e dirixir un programa na tv iraní en español (HispanTv) e no que nunca xamais tivo unha soa palabra de denuncia da aldraxante situación da muller sob o rexime dos Aiatolás.
Evidentemente que Pablo Iglesias cobrara e ben de Irán pode explicar o seu silencio, pero desde logo non o fai menos infame, nin as súas previsibles palabras de hoxe menos hipócritas. A non ser claro que hoxe faga unha condena da situación da muller en Irán e entón non terei reparo en rectificarei estas liñas.
Vaia dende aquí a miña lembranza neste 8 de marzo ás mulleres iranianas e por extensión a todas as mulleres no mundo islámico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario