Coma unha medida anticonsumista para épocas do Nadal, eis unha campaña que reza: "Este Nadal, regale sexo oral". Trátase dunha iniciativa que tenta loitar contra o consumismo desmedido destas datas e contra os seus estragos: degradación do medio ambiente, incongruencia coa crise, existencia desmedida de residuos non biodegradables. Deste xeito, a campaña inclínase polos agasallos sustentábeis e compatibles cos difíciles tempos económicos que se viven actualmente. Por suposto a pesar do cartaz que anuncia a campaña, Os Blues, recomendan a reciprocidade igualitaria no regalo. Ti ben me entendes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario