"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 26 de diciembre de 2016

Ribeira Sacra literaria. Por Manuel Bragado


Por Manuel Bragado
Faro de Vigo – 27.12.2016

Hai poucos días a Comisión de Cultura do Congreso aprobou por unanimidade un texto que solicitaba o apoio da cámara á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.Apoiada tamén de forma expresa polo ministro de Cultura, esta iniciativa parlamentaria é moi significativa, tanto polo feito de que fose consensuada entre a deputada ourensá do PP Ana Belén Vázquez e o lucense de En Marea Miguel Anxo FernánVello,un feito até hoxe inédito,como pola súa capacidade de achegar un novo pulo á cándidatura proposta en 2013 polas deputacións de Ourense e Lugo e polo ConsorcioTurístico da Ribeira Sacra.Unha vella iniciativa, incorporada hai dúas décadas ao listado de aspirantes a esta declaración da Unesco, mais atascada pola complexidade de atopar unha figura de protección axeitada para este territorio de vinte e un concellos, situado no sueste de Galicia, onde viven 75.000 persoas.

Un espazo patrimonial de exhuberante vexetación marcado pola grandiosidade dos seus canóns entre os que discorren os leitos dos ríos Sil e Miño,en cuxas beiras se desenvolve dende época romana unha vinicultura heroica (quen pode negar que os viños de Amandi, a parroquia do concello de Sober,xa eran do gusto dos emperadores?) e se asentan dende o século XII varios dos cenobios románicos mellor conservados do país como os mosteiros de Montederramo,San Pedro de Rocas,Santa Cristina de Ribas de Sil ou Santo Estevo de Ribas de Sil.Esta beira sagrada dos mosteiros e do virio, como a cualificou o escritor Manuel Garrido, froito de_pregamentós de millóns de anos, agocha espazos sorprendentes para o gozo do viaxeiro, sexa polo abraio cromático producido polas vides de mencía e godello amarradas á pendente da ribeira ou polo asombro provocado pola paisaxe dende miradoiros panorámicos como os do Cabo do Mundo,doTorrón, do Picotirio, do Cotano,dos Mouros ou dos Torgás (tamén chamado popularmente"Balcones de Madrid", xa que dende alí se despedían os afiadores camião da capital), onde os caprichos do Miño,do Sil e dos seus afluentes debuxan os canóns ondulantes.

Un espazo de beleza sobria transformado en topos literario por Xabier Quiroga,o escritor do Saviñao, en novelas como "Atuado na brafia" (2002),"0 Cabo do Mundo" (2009) e,sobre todolzan o da saca" (2015), a protagonizada por Reiniña, o taxista e investigador do Saviñao,que despois de seguir a rota das ratas por Galicia remata de forma apoteósica na parroquia da Cova. Novela que deu pé a un roteiro literario,"Izan na Ribeira Sacra", organizado polo Centro de Formación do Profesorado,seguido o pasado 5 de novembro por un cento de docentes participantes en clubs de lectura que visitaron algúns dos escenarios da novela como o castro de Marce, a fervenza de Augacaída,as igrexas de San Martiño da Cova e San Paio de Diomondi, o embarcadoiro e vila de Belesar, o Ecomuseo de Arxeriz ou as instalacións de Abadía da Cova deAdegas Mou re,situadas ao pé do meandro do Cabo do Mundo, un dos lugares máis emblemáticos da comarca.

Protagonismo literario da Ribeira Sacra consolidado coa publicación de "Todo esto te daré"(na edición en galego:Todo isto che darei"), a novela coa que Dolores Redondo obtivo o Premio Planeta.Unha longa narración de case setecentas páxinas sobre escuros segredos familiares coa que a autora da Triloxía do Val do Baztán (case un millón de exemplares vendidos en todo o mundo en máis de trinta linguas) rende unha homenaxe as súas raíces galegas. Como xa fixera coas localizacións das súas novelas anteriores,Redondo escolleu a sobriedade e dureza das paisaxes da Ribeira Sacra como o marco máis axeitado para ofrecer unha intriga sobre a dor da incertidume e contra a impunidade onde son constantes as sorpresas dun xogo de enigmas dispostos en espiral. Homenaxes que a autora nalgúns casos fai explícitas, como ao traballo heroico dos vinicultores das adegas Vía Romana de Belesar, e noutras tece con sutileza na composición de personaxes memorables como o garda civil Nogueira ou Herminia a caseira das Grileiras, o pazo onde se desenvolve a cerna da investigación.

Polo sucedido durante os dous últimos anos no Val de Baztán, é moi probable que esta novela de Dolores Redondo motive a milleiros de lectores e lectoras de toda España a visitar as paisaxes da Ribeira Sacra e vivir con plenitude a súa atmosfera.A Ribeira Sacra transformada en reclamo literario ofrece unha oportunidade que non pode ser desaproveitada.

http://www.farodevigo.es/opinion/

No hay comentarios: