"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 17 de enero de 2009

Gaza e Perejil...


Corría o mes de xullo de 2002 cando unha ducia de xendarmes marroquís invadían sen previa advertencia o illote de Perejil. Sondaxes e inquéritos feitos por eses días reflectían un sentir (esmagador) no que a opinión pública española esixía unha resposta contundente, incluíndo unha intervención militar. ¿Imaxina o lector cal sería a demanda cidadá, se no canto dunha campestre invasión marroquí de Perejil, estiveramos a falar dun constante e indiscriminado ataque con mísiles desde territorio alauíta sobre Alxeciras ou Cádiz? ¿Soportaría estoicamente o estado español e a opinión pública española anos de ataques con centos de feridos e ducias de mortos sen unha resposta?
.
Asistimos estes días a manifestacións, lemos artigos de opinión, novas de prensa, que protestan contra as accións que Israel ven desenvolvendo desde hai unas semanas para deter o constante e indiscriminado ataque que desde a Faixa de Gaza, o grupo terrorista Hamás mantén contra a poboación civil do sur de Israel. Preto dun millón de israelís que desde hai anos sofren o impacto de milleiros de Qassam e morteiros, disparados desde a veciña faixa.
E pregúntome eu, ¿É críbel este rasgar de vestiduras en quen agora se alporiza -con epítetos que en moitos casos superan o racional- e pola contra mantiveron un sepulcral silencio cando, por exemplo, a Rusia de Putin arrasou a sangue e fogo Grozni con milleiros de mortos e desaparecidos? ¿Ou cando hai pouco a mesma Rusia reincide atacando a veciña Xeorxia? Cando no esquecido Darfur centos de miles de refuxiados son asasinados coa complicidade, por pasiva, da comunidade internacional. Ou cando no verán de 2007 o exército libanés sitia o campo de refuxiados palestinos de Nahr al Bared, e o bombardea con artilleria pesada durante semanas. Pregúntome, ¿Lembra vostede algunha mobilización cidadá nas nosas rúas reclamando a fin do bombardeo? ¿Lembra vostede algún artigo de opinión, comunicado atacando a “resposta desproporcionada” do “xenocida” exército libanés ou ruso? ¿Lembra vostede algunha mobilización solidaria cando Hamás deu hai menos dun ano, o seu golpe de estado na Faixa contra a ANP pasando a coitelo –literal- a centos de simpatizantes de Al Fatáh?
.
¿Que lectura podemos tirar deste selectivo exercicio da solidariedade? ¿Por que algúns só exercen o seu espirito solidario cando o demonizado é Israel? Isto, ao meu ver, réstalle credibilidade ás súas protestas.
Artigo meu publicado no xornal La Voz de Galicia - 19.01.09

1 comentario:

javier Atienza dijo...

totalmente de acordo;eu penso que os medios de comunicación son dun poder enorme de cara aos citadans.
Os medios de comunicacion dirixidos por seguramente xente moi poderosa na sombra, deciden, que accions dos paises da comunidade internacional son censurables e cales non, deciden o ben e o mal o politicamente correcto e o que no , a etica que debemos seguir, os valores, todo,e nos o pobo, como borregos os creemos e facemos o que queren.
Xavier ATienza