Ven de saír do prelo editado pola editorial Gélnat o libro "Star, la contracultura de los 70" de Juán José Fernández. Aínda lembro o significado cuase relixioxo de achegarme ao kiosko a mercar o número mensual. Sei que abuso quizais do cualificativo "de culto" mais se alguén o merece esa era sen dúbida STAR. Deixovos co que o autor, Juán José Fernández di do seu libro e do que STAR significou.
A REVISTA STAR, 28 anos despois.
Este ano cúmprese 28 anos da desaparición da revista Star, algúns de vós coñecéstela, outros oiriades falar dela e moitos non saberedes do que estou falando. Ben, pois para estes últimos, para que saiban un pouco máis do seu pasado e para comprender un pouco máis o presente, vai esta pequena introdución. A principios dos 70 España, era un deserto cultural, con algúns pequenos oasis diseminados pola península (Sevilla e Barcelona). A diferenza co resto de Europa e Estados Unidos era abismal, a información que chegaba de máis alá das nosas fronteiras era nula, deformada e censurada. O único xeito de saber o que pasaba culturalmente no mundo era viaxando. Eu fun un deses afortunados, que seguín o camiño marcado e apoiado polo meu pai. Desde moi novo viaxei a Centroamérica e Sudamérica e a varios países de Europa, o cal deume (e continua dándome) unha visión moi diferente da que existía aquí (que desgrazadamente aínda hai en diferentes grupos sociais e políticos), que era rancia, provinciana, discriminatoria e pechada a todas as novas ideas que se respiraban e se abrían paso no mundo. Nunha destas viaxes por Alemaña e Francia naceu a idea da revista Star. A revista Star nace en xuño do 74 e xunto coa revista Oz (Inglaterra) e Actuel (Francia) foron o núcleo da contracultura, que máis tarde se chamaría modernidade, en Europa, e que ultimamente, por desgraza, convertéronse case todas elas nas chamadas revistas de tendencias (moda-consumismo). Star aglutinou a unha serie de escritores, fotógrafos, xornalistas, deseñadores, ilustradores, artistas... que abriron o camiño, para o cambio cultural deste país. Star difundiu por todo o territorio español toda a contracultura que se estaba xestando aquí, así como a americana e a europea. Star foi a orixe e principio de todo o que representou a cultura alternativa ata os nosos días. Da súa influencia saíron novas revistas, a movida madrileña, festivais de cine e vídeo, música, ecoloxía, exposicións, moda...
Grazas a todos eses movementos, agora case toda a xente nova ten a posibilidade de ser de vangarda, alternativa e de gozar dunha cantidade de medios e posibilidades para desenvolver os seus proxectos. A vida da revista Star non foi moi longa, seis anos, cunha difusión moi ampla, cunha tiraxe dunha media de 25.000 exemplares, (calculamos que cada número da revista era lido por mais de 100.0000 persoas) pero súper intensa (secuestros, multas, xuízos, suspensións, ameazas), pero sempre firmes, coa filosofía de "contra todo e contra todos" o que nos deixaba total liberdade e independencia para publicar o que queriamos. Hoxe, a principios do século XXI, tan lixeiro e con tan pouco espírito crítico, en que o conformismo cultural é a norma, gustaríame que a revista Star fose un referente para a xente de agora e lles impulsase a rachar a omnipresencia forza do "consumo, logo existo". Nun principio a revista apostou por unha nova xeración de artistas que se expresaban a través dun novo xornalismo que rompía moldes co anterior (os críticos e estudiosos da historieta, non entenderon nada, metidos no seu mundo pechado e académico, ata moitísimos anos despois), pero pouco despois foi incorporando a toda unha xeración de escritores, ilustradores e fotógrafos que fixeron que a revista fose evolucionando para converterse nunha referencia imprescindíbel, un reflexo do momento que viviamos. Neste libro quixen mostrar a parte máis visual de todo o que foi Star e as súas ramificacións, a colección de libros Star Books, os álbums,... así como unha selección dos artigos máis representativos daquela época, mesturados con algúns novos dos que colaboraron en Star e doutros que foron lectores e seguidores da revista e a influencia nas súas vidas. Creo sinceramente que no visual e nos textos reflíctese perfectamente a ironía, acidez e sinceridade, que nos embargaba, acompañado do noso espírito e a nosa filosofía independente e transgresora. Juan José Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario