"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 15 de marzo de 2008

O secuestro extravagante...

Por Woody Allen

Medio morto de inanición, Kermit Kroll entrou tamabaleándose no salón da casa dos seus pais, quen lle agardaban ansiosos en compañía do inspector Ford. -Grazas por pagar o rescate, familia -exclamou Kermit-. Nunca crin saír vivo de alí.


-Cónteme o que pasou -dixo o inspector Ford.


-Ía cara ao centro para que me aformasen o chapeu, cando se parou un Sedán e dous homes me preguntaron se quería ver un cabalo que sabía recitar a declaración de Gettysburg de corrido. Contestei que si e subín. Logo xa non sei máis agás que me deron cloroformo e que acordei atado a unha cadeira e cos ollos vendados.


O inspector Ford examinou a nota de rescate: "Queridos mamá e papá: Deixar 50.000 dólares nunha bolsa debaixo da ponte de Decatour Street. Se non hai ponte en Decatour Street, por favor construír un. Trátanme ben, teño aloxamento e boa comida, aínda que onte pola noite as ameixas de lata estaban demasiado cocidas. Enviar o diñeiro rapidamente porque se non se sabe nada de vostedes en varios días, o home que agora me fai a cama vaime estrangular. Quéreos, Kermit.


P.D.: Isto non é unha broma. Adxunto unha broma para que poidan apreciar a diferenza."


-Ocórreselle algunha idea de onde o podían manter encerrado?


-Non. Oía só un ruído estraño fóra da fiestra.


-Estraño?


-Si. Coñece o ruído que fai o arenque cando se lle conta unha mentira?


-Hummmmmm -murmurou o inspector Ford


-E como logrou fuxir por fin?


-Díxenlles que quería ir ao béisbol, pero que tiña só unha entrada. Dixéronme que ben, coa condición de que levara a venda posta e prometese volver á medianoite. Así o fixen, pero ao terceiro cuarto de hora os Xigantes levaban moita vantaxe, así que me aburrín, saín e vinme para acá.


-Moi interesante -exclamou o inspector Ford


-Agora sei que este secuestro foi finxido. Creo que preparouno vostede para sacarlle o diñeiro aos seus pais.


Como o descubriu o inspector Ford? Aínda que Kermit Kroll vivía aínda cos seus pais, estes contaban con oitenta anos e el sesenta. Uns secuestradores de verdade xamais raptarían a un neno de sesenta anos... xa que non ten sentido.

No hay comentarios: