"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 17 de octubre de 2011

Intres sublimes...


Unha experiencia singular de humanidade... Un encontro misterioso, fóa de lugar, cara a cara e sen sentido. Un momento así, un intre sublime de solidariedade tivo lugar durante a batalla por Stalingrado, durante a II Guerra Mundial cando, na Noite Vella do 31 de decembro de 1942, actores e músicos soviéticos visitaron a cidade asediada para tentar entreter as tropas; o violinista Mikhail Goldstein foi ás trincheiras para interpretar un atípico concerto solista para os soldados: "As melodías de súpeto flotaban fóra a través dos altofalantes cara as trincheiras alemás e o tiroteo cesou. Nun medorento e misterioso silencio, a música fluíu de Goldstein mergullándose docemente. Cando Goldstein rematou de tocar, un espectacular silencio frío continuou sobre os enmudecidos soldados rusos. Desde outro altofalante, no territorio alemán, unha voz rompeu o feitizo. Nun ruso vacilante suplicou: "Toque un pouco máis de Bach por favor. Nós non dispararemos". Goldstein recolleu de novo o seu violín e comezou a tocar unha suite de Bach. Salvoj Zizek, Repetir a Lenin,

A anecdota fica tirada de William Craig, Inimigo ás portas.

No hay comentarios: