De Ramiro Fonte
Un castelo imaxinario,
Tumba de pedras lunares,
Lugariño entre lugares
Cun tremor de campanarios.
Dédalo de canellóns
Enredados na memoria,
Cheos de sombras migratorias
E con selados portóns.
Ben preto da colosal
E solemne arquitectura
Que crea a sombra segura,
Fría, dunha catedral.
Os negocios rexentados
Por moralistas tendeiros,
De cristiáns novos herdeiros,
Segredos traen do pasado.
Pensó en Moisés de León,
Ou en Walter Benjamin,
Nos fechos que eu non abrín
Coas chaves do corazón.
E no carro dos defuntos
Dun gueto de Centroeuropa,
E nas desgraciadas roupas
De tantos mortiños xuntos.
E despértame o badal
Deste tempo provincial
Cando eu rezo pola paz
Desta antiga Sepharad,
E as andoriñas primeiras,
Heraldos da primavera.
Formas do Tempo . Antoloxía 1995-2008
Un castelo imaxinario,
Tumba de pedras lunares,
Lugariño entre lugares
Cun tremor de campanarios.
Dédalo de canellóns
Enredados na memoria,
Cheos de sombras migratorias
E con selados portóns.
Ben preto da colosal
E solemne arquitectura
Que crea a sombra segura,
Fría, dunha catedral.
Os negocios rexentados
Por moralistas tendeiros,
De cristiáns novos herdeiros,
Segredos traen do pasado.
Pensó en Moisés de León,
Ou en Walter Benjamin,
Nos fechos que eu non abrín
Coas chaves do corazón.
E no carro dos defuntos
Dun gueto de Centroeuropa,
E nas desgraciadas roupas
De tantos mortiños xuntos.
E despértame o badal
Deste tempo provincial
Cando eu rezo pola paz
Desta antiga Sepharad,
E as andoriñas primeiras,
Heraldos da primavera.
Formas do Tempo . Antoloxía 1995-2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario