ISRAEL; A PRIMEIRA TRINCHEIRA
Autor: Josep Carles Laínez
Edita: Asociación Galega de Amizade con Israel (2010)
ISBN: 978-84-613-6533-3
.
Na retagarda non sempre se ten plena consciencia do que sucede nas trincheiras. E malia a cercanía - virtual - que os medios de comunicación ofrecen neste terceiro milenio, na comodidade dos nosos salóns e dos nosos cafés o cidadán medio galego e europeo - e grazas en grande medida a distorsión da realidade que eses mesmos medios lle ofrecen -, este cidadán de a pé non pode ver nin sentir a realidade do que nas rúas e campos de Israel nos estamos a xogar. A xogar nós. Por suposto que Israel xoga e loita pola súa supervivencia mais tamén nós, xogámonos e moito nas bíblicas terras do Leite e do Mel. Permítaseme este símil tan guerreiro para ilustrar cal é a miña visión do que representa, do que se xoga Israel e con el as nosas democracias occidentais nas terras do confín leste do noso mar, do Mare Nostrum. Porque a distancia xeográfica, unida á desinformación enfermiza e planificada dos nosos mass media con respecto a Israel e o seu conflito polo dereito a vivir e a vivir en paz, sen dúbida todo o atenúa, e Europa, sobre todo a nosa benquerida e acomodada Europa, non entende na súa enteira dimensión o que o conflito de Medio Oriente representa no fronte aberta pola yihad internacional contra Occidente e contra todo o que Occidente representa.
.
Confeso a miña incomprensión e perplexidade cos meus concidadáns europeos que non queren ver - e non hai peor cego que o que escolle de propia vontade non querer ver - o que Israel representa como dique de contención e como primeira trincheira, e o que suporía para a nosa cultura, a nosa civilización a súa caída. Mais a pesar dos inmensos perigos aos que estamos sometidos, as gravísimas ameazas ás que debemos facer fronte, non direi máis nada ao respecto. E por qué non direi máis nada? Pois porque de seguido o amábel lector ten un libro único, unhas páxinas que pola súa claridade e lucidez deberan ser de lectura obrigada e que farían redundante que eu me estendera no que con moita mellor pluma explica e plantexa o meu amigo Josep Carles Laínez.
.
E para maior satisfacción este imprescindíbel libro está escrito na vella lingua de Rosalía. Non só publicado en galego, cousa evidente, senón escrito en galego. Excuso dicir o que para o noso ferido idioma, para o idioma galego supón a achega que o meu bo amigo e javer Josep Carles Laínez representa con este o seu Israel: a primeira trincheira. E ademais do galano que para as letras galegas Josep Carles nos ofrece, estas páxinas de Israel: a primeira trincheira abordan desde unha perspectiva pouco tratada a ligazón fulcral que o sionismo como movemento de liberación nacional ten cos nacionalismos europeos, a pesar da penosa teima que algúns nacionalistas das diferentes nacións sen Estado de Europa insisten en manter de distanciamento, incomprensión cando non de rexeitamento para co movemento nacional do Pobo xudeu. E Laínez fálanos dos vínculos, do que nós en tanto que cidadáns das Europas temos en xogo na primeira trincheira. En Israel.

No hay comentarios:
Publicar un comentario