"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 28 de junio de 2010

A tumba en Jerusalem...


Esta é unha historia real publicada no xornal The Jerusalem Post.

Jaym Shapiro pasou polo sete niveles do inferno. Sobreviviu a catro campos de concentración sen mencionar o ghetto e as marchas forzadas. Empezou a Guerra con oito fillos e unha esposa, e pouco despois dun ano, perdera á súa esposa e a sete dos seus fillos, sen nin sequera a posibilidade de sentar en duelo por eles. Foi finalmente liberado en Buchenwald co seu único fillo sobrevivente Baruj, vagaron polos campos de refuxiados durante case tres anos ate que finalmente, en 1948, atoparon un lugar nun barco de inmigrantes e chegaron a Israel unha semana despois.

Israel, no medio da Guerra de Independencia, estaba a loitar unha batalla desesperada pola súa supervivencia con obstáculos abafadores, entón Baruj Shapiro (fillo) ofreceuse como voluntario para loitar na Haganá. Sen adestramento previo, foi levado a un barranco, déronlle un rifle, aprendéronlle como disparar algunhas balas e enviárono a combate. Baruj Shapiro distinguiuse na batalla como parte da Brigada de Combate de Harel, baixo o mando de Yitzjak Rabin, na dura loita para romper o sitio árabe a Jerusalem. Baruj recibiu un ascenso temporal como oficial e foi premiado cunha medalla pola súa valentía no campo de batalla.

Pouco tempo despois infórmanlle a Jaym Shapiro da morte de Baruj no campo de batalla.

Jaym Shapiro só fixo unha petición: quería que o seu fillo que morrera pelexando por Jerusalem, fóra cando menos enterrado en Jerusalem, no Monte Herzl, o Cemiterio Militar Nacional. A tarde seguinte, centos de persoas reuníronse no Monte Herzl. A maioría deles nunca coñeceran a Baruj Shapiro en persoa ou ao seu pai Jaym, pero escoitaran sobre a terrible traxedia e querían dar as súas condolencias. Despois de todo, o que Hitler non terminou nos crematorios, terminou nas mans dunha bala árabe; este era o último fillo Shapiro; o fin dunha liña.

Igal Yadin en persoa, Xefe do Exército (heroe que despois descubriría Massada), parouse á beira de Jaym Shapiro. E mentres o cadaleito estaba a ser baixado á terra, Jaym Shapiro comezou a cantar. A xente pensou que volvera tolo, Yadin puxo o seu brazo ao redor dos ombreiros de Jaim e alguén correu a buscarlle auga. Pero el afastounos a todos e novamente, comezou a cantar. A xente non tiña idea de que facer, entón finalmente Jaym Shapiro mirounos e díxolles:

"Saben, eu pasei por un inferno que a maioría das persoas non poden imaxinar; perdín preto de setenta parentes en pouco máis dun ano, incluíndo 7 fillos, a miña esposa e os meus pais. Non teño un lugar onde facer duelo por eles, non hai tumbas; eles son cinzas nos ceos de Europa e eu non teño idea de por que tiñan que morrer. Pero este fillo, cando menos este fillo, sei porqué morreu. El morreu para que nós poidamos ter unha casa para o Pobo Xudeu na terra de Israel e el ten unha tumba, aquí no Monte Herzl en Jerusalem. E este non é un motivo para chorar, é un motivo para cantar".

Cando Jaym Shapiro terminou de falar, empezou a cantar unha vez máis, e tomou as mans da xente para bailar. E mentres o cadaleito de Baruj Shapiro, cuberto coa bandeira de Israel foi descendido á terra, máis de trescentas persoas empezaron a cantar e a bailar fronte á posta de sol no ceo de Jerusalem. A próxima vez que visites Israel, vai ao Monte Herzl, o Cemiterio Militar Nacional de Israel. E cando cruces as anchas portas de pedra, camiña primeiro cara arriba e logo cara abaixo á dereita onde están as tumbas de 1948, e alí toparás a tumba solitaria de Baruj Shapiro. Pecha os teus ollos aí, e talvez entenderás, porque o pobo Xudeu nunca será derrotado.
The Jerusalem Post - 14.09.2008

No hay comentarios: