"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 21 de agosto de 2009

Pero en Suecia...


Retomando a máis rancia tradición europea de acusar aos xudeus de sacrificar a nenos cristiáns para elaborar e amasar a matzá (pan ácimo) co seu sangue -libelo este ainda empregado na actualidade polo antisemitismo islámico- o moi civilizado (e seica de esquerdas!!) xornal sueco "Aftonbladet" publicou hai uns días unha nova na que afirmaba que soldados israelís secuestran a nenos e mozos palestinos en Gaza e Cisxordania para extraerlles os seus órganos... Podíase agardar un libelo de sangue como este dos grupos antisemitas que seguen operando en Rusia, en Ucraína ou Irán, paises onde os clérigos respectivos promoven cousas así. Pero en Suecia?...

Caros amigos... hai algo moi enfermo entre nós. Algo que ten nome, que ten un amplísimo historial de feitos e obras asasinas e que século tras século non se rende... a persistente xudeofobia de sempre agora recollida en bandeira "antisionista" por grande parte da esquerda europea... patética e desnortada esquerda que máis me doe... Ler máis

1 comentario:

Iago dijo...

Demoledor, si, máis non hai que esquencer que dende sempre a xudeofobia foi levada a cabo por xente que se presentaba a si mesma coma moi honorable, e que falaba moito de xustiza, patria e liberdade para agochar as súas miserias.