"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 16 de agosto de 2009

De Gaulle en Fefiñáns...

Agora que está de actualidade a exitosa campaña promovida por Iago Pillado a prol da peonalización da Praza de Fefiñáns en Cambados, recuparamos unha visita histórica. Na fotografía pódese ver a Charles De Gaulle en Fefiñáns no verán de 1970. O ilustre francés (con perdón) durmiu esa noite no Parador de Cambados.

1 comentario:

reis dijo...

recordo iste feito como se fora hoxe. Eu estudava interno en Cambados num colexio relixioso, era um cativo de doce anos, mas estava moi atento as noticias que daquela nos dabam os nossos mestres, e estava de excursiom antes en Bayona , na santa Tecra e o clásico homen tambem de ferias por alí, perguntounos de onde eramos, uns rapazinhos tão bem educados e o enterirase que eramos de Cabmados, deunos a primicia de que dalí a uns días chegaria o Charles Degaulle, que para min daquela devia ser coo um Deus, e pareciame imposivel que vinhera a Espanha, onde eu nom ouvia que vinhera daquela naide.
Os tempos cambiaram muito, eu tambem, a igrexa e os frades que me davam aula acho que tambem, e De Gaulle morreu.