"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 23 de agosto de 2009

Jules-Géraud Saliège, Xusto entre as Nacións...

Un 23 de Agosto de 1942 o Arcebispo da Toulouse ocupada, Monseñor Jules-Géraud Saliége edita e fai pública esta emocionada e valente pastoral. O seu decidido apoio durante a ocupación nazi á comunidade xudía fíxoo merecedor do recoñecemento no ano 1969 polo Yad Vashem como "Xusto entre as Nacións".

Hoxe 23 de Agosto de 2009, a lembranza, recoñecemento e homenaxe nos Blues...

Ler máis na web do Yad Vashem:

http://www1.yadvashem.org/es/righteous/stories_saliege.asp

***

Os meus benqueridos irmáns,

Hai unha moral cristiá e unha moral humana que recoñece dereitos e impón deberes. Estes dereitos e deberes incumben a natureza do home pero veñen de Deus. Poden ser violados pero non está ao alcance de ningún poder mortal o suprimilos. Que homes, mulleres e nenos, pais e nais, sexan tratados como un vil rabaño, que se lles separe os uns dos outros, que se lles embarque cara a un destino descoñecido...

Estaba reservado aos nosos días ver tan triste espectáculo. Por que xa non existe o dereito de asilo nas nosas igrexas? Porque fomos vencidos? Señor ten piedade de nós. A nosa Señora, reza por Francia. Na nosa propia diocese escenas de espanto se suceden nos campos de Noé e Récébédou. Os xudeus son homes, as xudías son mulleres. Todo non está permitido contra eles, contra eses homes e mulleres, contra eses pais e nais de familia. Forman parte do xénero humano. Son tan irmáns nosos como o resto. Un cristián non pode esquecelo. A Francia ben amada, a Francia na conciencia de cuxos fillos leva a tradición do respecto á persoa humana. A Francia honrada e xenerosa, non o dubido, non pode ser responsable destes horrores. (...)

Et clamor Jerusalem ascendit.

Jules Saliège, Toulouse 23/08/1942



www.Tu.tv

1 comentario:

Anónimo dijo...

Colle o diñeiro e corre, pareceriame unha mellor traduccion, do ingles claro.