(A propósito da petición de recoñecemento do estado palestino polas Nacións Unidas)
Nos vindeiros días o presidente da Autorida Nacional Palestina, Mahmud Abbás, ten previsto presentar en Nacións Unidas a petición formal de recoñecemento pleno do estado palestino como membro do organismo internacional. Esta nova ocupará sen dúbida – xa ocupa - grande parte dos titulares non só da area de internacional nos nosos medios de comunicación. Ante o que se dirá e non se dirá, acho precisa algunha puntualización a propósito da postura israelí perante a acción unilateral palestina.
Israel non se opón en absoluto á creación do estado palestino, a existencia dun estado palestino é algo xusto, asumido e aceptado por parte israelí, goberno e a inmensa maioría da sociedade israelí, que defende a solución de “dous estados para dous pobos” que convivan en paz e seguridade. Israel oponse si, a este paso unilateral xa que entende que o único camiño para alcanzar este obxectivo lexítimo de dous estados é a través de negociacións directas por moi duras e difíciles que estas poidan presentarse.
Que Israel, goberno e sociedade civil desexa a paz demostrouse xa asinando acordos de paz cos seus veciños, Exipto e Xordania, e cos propios palestinos (Acordos de Oslo). Estes acordos foron froito de negociacións e non de accións unilaterais das partes en conflito. A historia demostra teimuda que o único xeito de alcanzar unha paz xusta e duradeira é a das negociacións ou ben a eliminación do contrario, algo isto último que na zona só defenden grupos terroristas como Hamás, Hezbollah ou a Yihad islámica.
Que a ONU recoñeza o estado palestino non vai significar que os palestinos poidan evitar as negociacións. Mais desde logo a marxe de negociación dos seus dirixentes ficará moi limitado ademais de que un paso unilateral como este vai en contra de todos os acordos asinados até a data entre o Estado de Israel e os palestinos e poden levar a toda a rexión a unha situación incendiaria. E con certeza todos estaremos dacordo é que o que menos precisa esta rexión é gasolina para botar ao lume.
Recoñecer nestes intres ao estado palestino, cando de feito hai un goberno de unidade Fatah-Hamás, é tamén un xeito de lexitimar a Hamás, unha organización terrorista que reitera unha e outra vez que o seu obxectivo e a destrución do Estado de Israel e un único estado árabe en toda a rexión. No momento en que Hamas recoñeza o dereito de Israel a existir teremos dado un paso enorme no camiño da paz na zona, mais este recoñecemento é desbotado radicalmente unha e outra vez por Hamás.
Por último dicir -e lembrar- que Israel recoñeceu de feito xa en varias ocasións ao estado palestino. No ano 1947, ao aceptar a Resolución 181 de 29 de novembro, que plantexaba o plan de partición da ONU, Israel recoñecía de feito e de obra o dereito á creación dun estado árabe-palestino. Logo, nos anos 2000 e 2008, nas negociacións de Camp David e nas negociacións de Ehud Olmert-Mahmud Abbás, respectivamente, a creación do estado palestino era parte fulcral do acordo. Por tanto, a cuestión realmente non é que Israel ou a ONU recoñezan ao estado palestino, senón que os palestinos e os países árabes recoñezan ao estado de Israel como estado nacional do pobo xudeu. Estado palestino si, pero non así.

Pedro
No hay comentarios:
Publicar un comentario