"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







jueves, 11 de agosto de 2011

"El Mundo" contra a xudía Natalie Portman...



Insultos antisemitas contra a actriz israelí Natalie Portman no Magazine "Yo dona", suplemento do xornal español "El Mundo"

Tirado do blogue La Fusión

Tras as tentativas de relacionar o Sionismo e Israel coa masacre de Noruega, co criminal fascista Anders Behring Breivik e coa ultradereita xenófoba europea en artículos de María José Lera, Eugenio García Gascón o Rafael Poch, atopámonos agora cun novo caso de antisemitismo descarado nos medios españois, máis concretamente no Magazine "Yo Dona", un suplemento semanal de fin de semana do periódico conservador español El Mundo.


Resulta que á periodista e colaboradora de dita publicación, María Vela Zanetti, non lle gustou que a actriz israelí Natalie Portman se sentira asqueada polos comentarios antisemitas do deseñador de moda John Galliano e pasou ao ataque cunha retahila de comentarios despectivos sobre a categoría artística da actriz mesturando con tópicos antisemitas no seguinte artígo:

.

"¡Pobre muñeca mecánica! Es un taponcete crecido, gracias a la banalidad tóxica de la profesión en la que se desenvuelve y a la atmósfera de perfección moral de su pueblo, ahora cruel acosador de otro, y antes perseguido y exterminado. Sobre las judías hay un refrán que dice: Blandas en camisa y locas en misa, es decir, frías y fanáticas".
.

Para referirse á suposta pouca graza de Natalie Portman no escenario e ao feito de que non aguante dous planos seguidos entre moitas gilipolleces afirmou:
.

"Sigo. ¿Ha sido la Sinagoga? Tal vez; yo, como mi admirado humorista Bill Maher, creo que las religiones destruyen la vida de las personas. (Aunque parafraseando a Bill Maher María Vela Zanetti pretenda hablar en general sobre las religiones, de su comentario se sobreentiende que es el Judaísmo el credo que destruye la vida de las personas, en este caso de Natalie Portman y de sus escasas cualidades como actriz...)".
.

E a mordaz defensora do antisemita Galliano (ao que excusa polo seu estado de embriaguez e soedade...), non satisfeita con todos os tópicos antisemitas plasmados no seu artígo, o remata coa seguinte boutade característica da "progresía" que dase de intelectual en España:
.

"En fin, a mí esta chica me parece una cuentista de aúpa y, desde luego;-si se puede afirmar que en un grupo humano de 10 personas inteligentes, nueve son judíos, ella no forma parte de la ecuación".
.

En conclusión, entendo que a María Vela Zanetti non lle guste Natalie Portman, mais é inadmisíbel o feixe de tópicos antisemitas plasmados no seu artígo. De novo, con calquera tipo de excusa (neste caso sair en defensa de Galliano e criticar a Natalie Portman), tópicos descaradamente antisemitas son novamente difundidos nos nosos medios de comunicación. Pero quizáis iso non é o máis grave. O peor é que o goberno español prefire porse unha venda nos ollos para non ver a realidade e seguir negando que existe antisemitismo no Estado español. Se non se recoñece un problema, é imposíbel atoparlle unha solución.
.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Que esperan para hechar fuera esta PUTA MALDITA de maria vela zanetti ???