"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 13 de agosto de 2011

13 principios para mellorar a vida. 13...


Obras de Marc Chagall
.


O Rabbi Yisrael Salanter (1810-1883), quen foi recoñecido coma un grande sabio, deixou escritos 13 Midot (principios), para tentar facer máis fácil as nosas vidas sen dúbida válidos tanto para crentes coma para non crentes:
.

1. Verdade
Sexa sincero ao falar. Non diga nada a menos que vostede teña certeza de que é verdade.
2. Axilidade
Saiba aproveitar o tempo, o que teña que ser feito, debe ser feito o antes posíbel. O tempo é demasiado valioso para ser desprezado.
3. Entusiasmo
Tome decisións conscientemente. Decida o que debe facer e fágao logo, con entusiasmo. En caso de dúbida, pida consello. Non permaneza confuso por non ter a humildade de pedir consello.
4. Respecto
Teña sempre moito coidado cos sentimentos das outras persoas. Todo ser humano é precioso por ser creado a imaxe de Deus. Sexa atento con todos.
5. Tranquilidade
Teña serenidade. Non deixe que as pequenas cousas derramen a súa tranquilidade. Conserve a calma e a serenidade. Tente manter o sosego en todo o que vostede faga.
6. Serenidade
Lembre o consello do Rei Salomón, "as palabras dun sabio son ditas con calma". Fomenta ese hábito e seras comprendido e comprenderás aos outros moito mellor.
7. Hixiene
É importante manter a hixiene persoal, as roupas, a casa e os lugares públicos limpos. Respecta tanto o teu corpo como as túas vestimentas.
8. Paciencia
É necesario cultivar sempre a paciencia en calquera situación. Hai un momento para todo na vida, non queira adiantalo.
9. Orde
É importante concentrarse en todo o que se está a facer, sen se distraer. Gardar cada cousa no seu respectivo lugar evitará perda de tempo e de paciencia. Conduce o teu tempo e os teus obxectivos con orde. Planifica e organiza. Así concretarás os teus proxectos con máis éxito.
10. Humildade
Recoñeza as propias limitacións e procure ignorar os erros dos demais. Aprenda de todos. Cada persoa ten algún coñecemento ou virtude que nós non posuímos. Ninguén de nós é perfecto.
11. Integridade
Recorda o consello do Sabio Hilel, "non faga aos outros o que a vostede non lle gustaría que lle fixesen". Aquel que ama e practica a xustiza, é xusto e súa consciencia é limpa. Procura facer sempre o que é correcto, especialmente no que atinxe as túas obrigas.
12. Austeridade
Recorda o consello de Ben Zoma "quen é rico? Aquel que está satisfeito co que ten". O diñeiro é para seren usado, non amado. É un medio, e non un fin en si mesmo. Non busque nin gaste diñeiro sen necesidade. Para outras persoas sería de vital importancia.
13. Silencio
Xulga o valor das palabras antes de falar. Falar é unha das armas máis poderosas. É a única característica humana. O silencio é unha expresión de sabedoría. Pensa antes de falar e non fale a menos que teña algo importante para dicir.

No hay comentarios: